Cafés, coches, autopistas e mausoleos.

¿Lembran hai dous anos cando tódolos periódicos fixeron da súa portada que o presidente do goberno dixera nun programa o custo dun café nun bar?

¿Alguén non sabe cánto gastou Touriño no seu coche e nos despachos da residencia do presidente da Xunta?

A bo seguro non terán moitos problemas para responder a estas dúas preguntas, que no seu momento encheron páxinas de periódicos, enquisas a cidadáns na rúa, opinións por parte dos máis afamados expertos e comparativas diversas…

Agora que estamos en eleccións autonómicas vanme permitir que me centre na segunda, por ser mais recente e de ámbito galego. ¿De verdade que ese é o escándalo dun goberno en catro anos?
Moitos non o saberán, pero si precisamente agora esas cifras son de coñecemento público son gracias a lei de transparencia da Xunta aprobada trala chegada de Touriño á presidencia. Podo chegar a entender que sexa arma electoral –de baixo nivel por certo– por parte dos políticos, pero que ese discurso demagóxico cale na sociedade xa me parece máis preocupante. Vai a ser que Fraga ía en Monbus.

Agora tódolos movementos económicos son fiscalizados polos cidadáns, nada preocupa o que se fixera hai ben pouco, o que importa é o que se fai dende que hai crise. Da igual se as medidas anteriores foran moito máis graves e teñan un calado máis directo ou de moita maior cuantía nos petos dos cidadáns que a de renovar un parque móbil de presidencia que digo eu que fará por quilometraxe.

Precisamente falando de infrastructuras que empregan os coches, pero desta volta de medidas que non levantaron polvo entre os cidadáns pero que nos afectará moito máis. En 2003, a 20 anos vista do remate, o goberno do PP -creo que Feijoó xa andaba por ahi- tanto na Xunta coma na Moncloa, decidiron prolongar a concesión da AP-9 25 aniños máis a Sacyr (e agora en mans de Citigroup) iso é ata o 2048, moita xente xa non o verá desafortunadamente. Esa autopista de peaxe é a principal vía de comunicación da fachada atlántica e polo tanto das principais cidades de Galicia, penalizando a mobilidade tanto de persoas coma de mercadorías.

Iso sí, eles seguiranse colgando as medallas da seriedade e das cousas ben feitas –coma o mausoleo do Gaiás– cuias cifras marean ata o economista macroeconómico máis veterano, e onde a utilidade práctica dunha estructura que lle fai sombra ata á mesmísima Catedral de Santiago debe estar agochada na mente dalgún iluminado, iso sí, un tío serio.

E agora eu coma cidadán me pregunto, (en lugar do precio do café ou o custo do coche do presidente)

¿Cánto vai a ingresar Citigroup ata o 2048 a conta nosa coa explotación da AP-9?
Actualmente 75 millóns €/ano. En 39 anos = 2.925 millóns de € (sen incluir subas)


Cal foi o custo presupostado da cidade da cultura de Santiago no Gaiás?
Segundo a xerencia do Gaiás en 2007 non sabían exactamente o custo, pero aproximadamente sería duns 364 millóns de €


Logo o único que importa é que Touriño non cambie o coche.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

O votante de izquierdas tende a xuzgar o seu político nestes temas con moita máis claridade que o votante conservador. A verdade é que das na clave, perfecto.