Porriño paralizado





O Porriño vive intres de calma denantes toquen a rebato os partidos para iniciar a contenda electoral que viviremos en 2011. Mentres, un pode pensar, se lle bota un ollo a prensa diaria, que en Porriño non pasa absolutamente nada. Xeneran un 200% máis noticias o Concello de Mos e a Asociación de Empresarios de Mos que todo un concello como o noso.

Aquí, nin se fala de problemas, nin de solucións, nin de proxectos, nin de nada. Finiquitados, ou demostrado cando menos, que o goberno foi incapaz de facer uns orzamentos para o 2010, agora anuncian a bombo e platillo, uns orzamentos para o 2011, que xa veremos se van en prazo....

Seguimos sen noticias da Reforma do Centro de Saude, do trazado Vigo-Oporto, de obras nas parroquias, sen explicación oficial de qué esta a pasar coa Escola de Música, de canto se gastou nas festas-fastos orquesteros mentres se elimina o apoio ós grupos do Porriño, etc...

Temos, xa que logo, unha fonda paralise, pero máis que nada, unha preocupante resignación de que esto é o que hay, que non se pode gobernar Porriño doutro modo, ou que o goberno actual fai o que lle peta sen que a ninguén lle importe un comino.

Inda que sexa como fai algún concelleiro, para recalificar aliñacións para os amigos ou zonas industriais para outros máis amigos....