Ante a parálise... LSD para todos!

Non levamos nin un mes do novo goberno e xa nos rescatou da ‘parálise’ a golpe de, cando menos  achegamentos a ilegalidade, roturas de consenso e propostas sen o menor dos sentidiños, todo isto aderezado con un frenesí de notas de prensa que contan co mesmo tratamento que as do tamén goberno a golpe de moción de Mos. Quizais uns curiosos lazos entre os novos servizos de prensa de ambos consistorios con un coñecido periódico que presume de vigués (ubicado en Chapela) teñan algo que ver.

Polo de pronto comezando polo deterioro e trabas a vida democrática do concello que xa referenciei no anterior artigo, coa modificación dos horarios e frecuencias dos plenos e comisións informativas sen falalo con ninguén alleo o triunvirato diestro. Logo tamén afirmaron que non habería cargos de confianza, pero supostamente xa hai rumores de canto podería cobrar o cuñado do alcalde polos seus servicios dende un despacho no propio consistorio.

Por outra banda esa esaxerada vontade de querer facer cousas (supoñemos que para vender a galería coa flamante oficina de prensa), primeiro foi o derrubamento do tellado da famosa casa das Ferrovellas, núcleo de venta de droga no barrio de San Sebastián, sen a mais mínima garantía legal e sen a consulta previa os técnicos municipais, o cal pode ter consecuencias serias contra unha entidade que ocupan e representan a tódolos habitantes do Porriño. Por suposto que estamos de acordo en que hai que tomar medidas contra este problema, pero ademais de non ser a solución pois o que fai e únicamente desplazar o problema,a todas luces implicar unha actuación ao marxe da lei, un tema moi serio.

Tamén o tren é o obxectivo destas chapuzadas improvisadas e sen consenso, tras a perceptiva nota e foto na prensa con técnicos de ADIF, segundo o periódico que visitásemos, tíñamos ou ben que Nelson xa fixo o proxecto e mañá xa case comezaban as palas a obrar, ou ben que o goberno reuniuse con técnicos para comentarlles o que xa saben, é ademais rompendo o acordo adoptado no pleno de consensuar as peticións a ADIF, co cal ademais de non conseguir nada novo, implicitamente transladou unha imaxe de desunión da vida politica, representantes dos cidadáns que teñen moita maior unidade neste tema.
Ademais da proposta de pasos subterraneos na rúa Peña, de non mentar sequera o paso sen sinalización a altura do Xogo da Ola… propuxo termos a nosa peculiar versión do muro de Berlín, pechando completamente o paso a nivel, deixando así únicamente dúas vías de comunicación (unha delas sen sinalización horizontal, sen beiravias nin un asfaltado mínimamente axeitado) entre Porriño e Torneiros, onde residen máis da metade da poboación do Porriño. Unha burrada sen precedentes vaia.

Outra das actuacións en canto a infraestructuras e seguridade, foi respostar ante a saída de vía dun vehiculo esta semana contra o muro do Colexio Hnos. Quiroga con unhas bandas na subida cara a Risca e enlace da A-52, que non cumpren o mais mínimo dos requisitos legais e que penalizan ata o conductor que transita a 10km/h posto que o seu perfil e esaxeradamente agresivo. Tamén e curioso que estén ubicadas na subida onde as velocidades son inferiores e non teñan sentido onde están ubicadas. Compre mellorar a seguridade na entorna dos colexios nos horarios de entrada e saida, claro que si, pero non podemos ralentizar mais o tráfico e provocar un desgaste nos elementos de suspension e amortiguación de tódolos coches que por ali pasan. Hai un mecanismo bastante bo, chamado 'radar', e que soe empregalo a Policia Local do Porriño en tramos sen maior perigosidade para recadar uns cartiños, en troques de empregalo con toda a severidade naquelas zonas susceptibles de revestir un claro perigo para as vidas humanas. Que paguen e castiguen, os que incumplen, non os que nos desplazamos con sentidiño para facer a nosa vida diaria, e que non temos moitas alternativas para movernos nesta vila.

Vou ollar a prensa, a ver se a concelleria de seguridade ten algunha proposta xa en marcha contra o Xynthia.

De soldos, obras e imposicións

Moito se falou da volta ó goberno da dereita no Porriño tras máis de 6 anos na oposición, divididos e enfrontados as sucesivas escisións do PP. Os fíos provinciais fixeron que coma arte de maxia as marionetas que estaban agochadas na escuridade retomasen o protagonismo dunha función que xa non contaba con eles. 

Desafiuzaron o goberno do partido mais votado e illado e tomaron as rendas dunha obra da que non sabían o guión, pero sí coñecían a un bo director que lles deu un papel ben pasado o ecuador da actuación.
 

Tamén son típicos os tópicos sobre os partidos de dereitas, e aínda que os anos pasan, semella que nada muda, e aínda que algúns de nos pensabamos que sería unha transición moderada cara o final da lexislatura, as pezuñas do elefante xa están a esmagar a cacharrería democrática.

Comezando polas formas de chegar ó goberno, moi típicas e habituais do partido que a promoveu, e despois unha vez no despacho da alcaldía continuaron as decisións contradictorias, notas de prensa infantis e agora por se fose pouco as sombras e a opacidade dun goberno que pretende alonxar á cidadanía da vida municipal.

Primeiro austeridade, despois de tanto despilfarro e de tanta demagoxia sobre a débeda do concello, a primeira medida promulgada polo goberno é disparar o gasto en salarios dos novos concelleiros. Iso sí, como non todo vai a ser gasto, haberá que aforrar, fora a escola de teatro, e menos trangallada carnavalesca, a reducir os orzamentos, seriedade por favor tanto disfraz tanta gaita, corbata e traxe, que os serios somos nos!. Despois para seguir dando imaxe ó mais estilo Nidia Arévalo apareceu Manuel Carrera dicindo que tódolos días vai as 7 da mañán a pasar revista os traballadores de vías e obras, e que gracias a él xa se desatascou uns desagues e amañou unhas plaquetas), facendolle competencia o famoso lema de ‘Todas las obras son amores’ dunha coñecida fachada atiense.

Por último compre destacar o oscurantismo e trabas que pretenden impoñer a vida democrática local, establecendo uns horarios para os plenos sen falar cos grupos e onde moi boa parte da poboación non poderá asistir ós mesmos, xa que os luns as 12 moitos de nos temos obrigas inexcusables (incluindo os propios concelleiros da oposicion), ainda que ó mellor é para conmemorar o famoso 1 de febreiro do presente ano.


Parece que o ‘fair play’ non forma parte da folla de ruta do conglomerado dereitil, que reeditan actitudes que xa críamos desterradas e pretenden gobernar sen luz nin taquígrafos como faría calquer grupo que non teña nada que agochar… triste, non si?

O novo goberno reduce gastos, plenos e sube soldos


Comeza a andaina do novo goberno local cunha bateria de propostas entre as que conven reflexionar. O discurso que parece presidir o novo goberno de austeridade, parece quedar en entredito dende o momento en que se plantexa subir os soldos como afirmaba o concelleiro Marcelino Coto, as partidas destinadas a comparsas ou outros que veremos nos proximos meses.

Outro feito destacable e a proposta que parece querer aprobarse de reducir os plenos da Corporacion e colocalos en pleno horario laboral. Ben faria o goberno en consensuar estes temas de mero formalismo democratico coa oposicion en vez de tomar decisions sen consensuar.

Lembremos que o pleno nos representa a todos e todas, e limitar a sua actividade, necesariamente leva aparellada paralise politica e social. Non podemos menos que compartir a critica que hoxe realiza o partido socialista cando fala de retroceso democratico o intento de cambiar a hora dos plenos que agora son fora de horario laboral, e poñelos as 12 da maña, asi como pasar dun pleno o mes a un cada dous meses.

Nin a oposicion, nin os veciños o merecen.

Con 25 votos fronte a 19 a maioría dos participantes na enquisa do ano no Porriño mostran a súa postura en contra da moción de censura celebrada onte na Casa Consistorial.

Comeza a conta atrás.

Nunca serei partidario destas operacións fabricadas entre populares enfurruñados e novos aspirantes que van cambiando de listín político ata que conseguen agarrar o bastón de mando, deputación mediante.

O certo é que O Porriño sempre foi un concello que tradicionalmente votou dereitas, así que non me queda máis que desexarlle o novo alcalde sorte e que traballe polo mellor do concello.


A dereita retoma o poder no Porriño (se fose certo que algún día o perdeu) tras máis de seis anos de goberno nacionalista. Seis anos de claroscuros nos que o concello cambiou definitivamente en moitos aspectos.

Un ano e medio por diante e moitas cousas que facer por tódolos aspirantes. De cara a esa cita electoral, somentes apuntar a demostración de forza social experimentada polo BNG nas últimas semanas. Quen o diría no Porriño fai dez anos. Miraremos dentro de ano e medio.