O muro da vergoña

As veces semella que temos especial interese en emular os erros doutros lugares da terra, se en oriente próximo o muro de formigón é unha vergoña polos motivos que provocaron a súa construcción, na cidade olívica o problema non está na súa motivación senon no momento e o custo que terá.

O sindicato UGT denunciou hoxe que o ente ADIF ten previsto tirar un millón de euros polo retrete, é que ó mellor -acostumado a faraónicas obras- non lle parece moito ese desembolso para facer un muro que probablemente se teña que derrubar antes da súa finalización, pero os que pagamos os impostos fastídianos enormemente, sexa con crise ou sen ela por suposto.

A obra que pretende facer este ente non é outra que facer un muro dende Redondela ata Vigo e así protexer as vías do acceso dos peóns para evitar máis atropelos, unha noble causa que chega tarde, pois empregar 1 millón de euros en facer un muro que seguramente nin se completará xa que en 2010 non debería haber xa tráfico ferroviario por esas vías -desmanteladas para facer a chegada do novo trazado do eixo atlántico á Vigo- parece un despropósito e un absoluto descoñecemento dos membros do propio ente sobre as infraestructuras existentes e as proxectadas.

¿Ou será que teñen medo de que se lles escapen os AVEs do corral?

UGT tacha de ´despilfarro´ el vallado de las vías del tren al quedar inutilizadas en 2010

Unha vila de baldosas e farolas

Houbo un tempo no que os veciños do Porriño estaban acostumados a facer cola no castelo de Mosende para solicitar algún favorciño. Este pobo, sempre tan agradecido, nunca deixou de ter en conta a "humanidade" do señor alcalde.

Os que non creían nesa forma de gobernar non tiñan outra que contentarse cando chegadas as eleccións, Pepe de obras e compañía supervisaban algún cambio de farolas ou algún engadido nas beirarúas do centro urbán.

Os tempos mudaron e as carambolas políticas chegaron. Xa non se puxeron catro baldosas de Terrazos Riego, senón que se abriron novos espacios para o cidadán. Xa non se formaron máis colas de pedichóns. Fixeronse cousas de maior calado cos cartos do todos e todas.

Pero o tempo seguiu pasando. Namentres, eses novos señores da carambola política (en realidade non tan novos) non souberon progresar có citado tempo. Eu digo que xa son anos no silón para ter no teu libro de feitos algo máis que beirarúas..., por moi amplas e lindas que se vexan.

Preto de tres Euros e medio

Tres Euros e medio, ese é o custe por persoa que tivo o servizo regular entre Vigo e Moaña pola ría no ano 2008. Segundo os datos de pasaxeiros facilitados pola empresa e manexados pola Xunta, esa sería a referencia para cubrir coas suvbencións a diferencia entre o prezo de un Euro por viaxe no billete simple e o citado custe por usuario.

A primeira pregunta a facer é: ¿Interesa o transporte de ría tendo en conta as alternativas existentes por estrada, xa en autobús, xa en vehículo propio? De ser afirmativa a resposta, deberíamos ter claro que a demanda efectiva dun servizo vai en función do custe e da calidade do mesmo. Deste xeito se ofertas un servizo económicamente accesible e de calidade, é posible que o volumen de usuarios que consigas axude a rebaixar o custe unitario moi por debaixo deses tres Euros e medio.

Pola mesma banda se analizamos o progresivo desmantelamento do número de servizos entre Vigo e Moaña, mailo encarecemento dos billetes tanto na liña con Moaña coma na de Cangas; poderemos encontrar unha explicación ó baixo volume de usuarios dos últimos anos.

¿Porque as culpas son da Xunta? Pois polo xeito de facer as cousas. Sabemos que neste país os empresarios cando oen campás de cartos públicos enseguida se volven deficitarios. Deberíamos esixir que se aclaren se o modelo do transporte colectivo en Galicia vai a ser un modelo de explotación privada ou pública. Non a medias. Moito convenio de apoio ás empresas para que logo che metan un pau no cú.

A ver que pasa de aquí en diante no tema do autobús metropolitano e das cercanías ferroviarias. Veremos que nos mostra ese futuro goberno de austeridade do Sr. Feijoo. Na nosa comarca temos dúas estacións de ferrocaril de pasaxeiros, unha de mercadorías e nos atravesan dúas estradas nacionais...


Lo que no puede ser

Siempre sucede igual. Cada vez que toca cambio de partido en el gobierno, nos sobreviene una desbandada. Bien porque los entrantes ya tienen a los suyos frotándose las manos, bien porque los salientes no quieren compartir ni en pintura trabajo con los primeros.

Pero lo cierto es que el pueblo vota a sus representantes políticos, no al aparato administrativo y gestor que se haya por debajo de los primeros.

Es totalmente entendible que haya una serie de movimientos, sobre todo en cargos de máxima dirección, incluso más allá del nivel de un ministro o un director general. Pero que se mueva todo un cuerpo de profesionales me parece bastante inentendible, desde un punto de vista funcional, claro está. Porque desde un punto de vista partidista ya sabemos como funciona la cosa.

Aquí la cuestión no es explicar el porque de las cosas, sino darnos cuenta de como fallan estas. Lo que es inviolable es que si eres contable de profesión, el activo ha de ser igual al pasivo, ya tengas carnet rojo, verde o azul. Así que mientras no descuadres los balances de la administración de turno, pues no veo razones para que te sustituyan por otro.

Miren lo que sucede en Estados Unidos, donde el gobierno del demócrata Barack Obama cuenta en su gobierno con algún secretario del saliente Partido Republicano.

Todo esto viene a cuento de la posibilidad de que la entrada del PP en el próximo gobierno de Galicia, según informa La Voz de Galicia, podría acarrear la sustitución de medio centenar de puestos; entre ejecutivos, cargos de confianza, personal de gestión y determinados niveles de funcionariado no opositable. Y supongo que no irán a más porque no pueden, gracias a las oposiciones claro está.

O Porriño Industrial: Un barco á deriva

Na miña memoria conservo tres xestas recentes no tempo da xa dilatada historia do Porriño Industrial Club de Fútbol, ese equipo con aires de grandeza pero cuxa trascendencia veciñal sempre costou facer efectiva máis aló dós veciños das áreas urbanas do concello. Falo e por orde cronolóxica daquel ascenso a terceira división e aquelas tempadas douradas dos xuvenís na división de honra nacional nos anos noventa; tamén o non tan lonxano campeonato de terceira división e o hoxe doce batacazo na fase de ascenso a segunda b no campo da Ponferradina.

Durante moito tempo os equipos das categorías inferiores en tódalas edades estiveron competindo nas primeiras ligas galegas, gañando a canteira do clube unha merecida fama. Hoxe en día o equipo senior durme outra vez na zona templada da categoría rexional preferente. Namentres as categorías inferiores, có equipo xuvenil á cabeza, deixaron de ter ese nome que tan ben traballado se gañaron fai dez anos.

Conmemorar a traxectoria de vellos e ilustres xogadores resulta gratificante, incluso necesario sempre e cando teñas un plan de futuro. ¿Que é o que falla? Se falla algo, claro está.

Existen moitas teorías. Xeración espontánea din uns, mala xestión din outros; por riba a cercanía do Celta e por baixo a dos clubes das parroquias, din todos. Eu prefiro pensar que a verdade ten un pouco de cada explicación.

É evidente que na vida hai ciclos e xeracións de chavales que saen mellor que outras. ¿Pero de verdade credes que un clube que tivo absolutamente tódolos seus equipos en categorías de máximo nivel pode responder a unha casualidade xeneracional? ¿Incluída á xestión do primeiro equpo, onde tes que facer fichaxes? ¿É posible que un clube insertado nunha comarca económicamente tan puxante lle coste tanto manterse na máxima categoría galega? ¿Onde quedaron as sinerxias dos mellores tempos?


O Lourambal, ese vello campo..., que non cambia.

¿Ónde desembarcarán os vikingos?

Non se sabe ben se o continuo baile de ubicacións da multinacional IKEA responde os caprichos dos suecos ou os intereses políticos locais. Polo que teño entendido -en xeral- os suecos sonche bastante máis serios ca nos, así que polo visto ata que empecen a levantar cimentacións servidor non se fiará das noticias.

Hoxe aparece publicado na prensa que definitivamente os terreos escollidos para o futuro emplazamento da gran superficie será en Valladares, un lugar que segundo o artigo cubre as esixencias da multinacional de decoración e mobiliario.

Segundo esta enésima nova, será Vigo o lugar onde desembarquen os 'vikingos', polo tanto nin o Porriño, nin Nigrán terán que preocuparse por celebrar esta invasión pacífica.

Agora pregúntome eu, se no Porriño hai uns cantos meses aprobouse unha importantísima recalificación duns terreos en Cans co gallo de que se ía construir un gran centro comercial, e que IKEA estaba detrás de esta operación... e resulta se que finalmente van para Vigo... ¿qué pasa con esa recalificación? ¿cómo se pode facer semellante modificación sen facer un convenio de recalificación asociado á construcción dun proxecto?


> Ikea apuesta por el Parque Tecnológico de Valladares para instalar su complejo comercial

Menudo país de chorizos

Non sei se vos destes conta pero dende fai algún tempo RENFE ven poñendo tarifas desconto nos seus servizos de alta velocidade e longa distancia en rede normal. Agora que estas tarifas son ben vistas polos usuarios, sobre todo tendo en conta o listón dos billetes sinxelos, o Ministerio de Fomento acaba de recibir unha protesta dos empresarios de autobús. A razón, dende que estas tarifas son efectivas o tren estalles a gañar clientes en traxectos onde coinciden con determinadas liñas de autobús. Acúsan a operadora ferroviaria de competencia desleal.


¿Que é a competencia? Suponse que o libre exercicio das empresas en materia de producto e prezo para conseguires os seus clientes. Efectivamente a RENFE ten unha posición de privilexio dentro do sector ferroviario debido a que non ten unha competidora directa. Nembargantes si que tivo competidoras indirectas se consideramos o transporte público en xeral, estas son precisamente as empresas de autobús.

Durante moito tempo foronlle gañando pasaxeiros ó tren debido á hibernación da compañía publica na súa cómoda posición de monopolista. Polo tanto falar de competencia desleal non ten cabida. Agora que os de RENFE espabilan e comezan a explotar o maior potencial do que goza o tren para determinado tipo de traxectos, pois que se apañen os buseiros. O prioritario sempre será o interese do consumidor e iso deberían entendelo os empresarios antes que ninguén, os de RENFE e os buseiros.


O concello, as recalificacións e o financiamento.

Agora que o mosquito que contaxia a crise foi picando moi boa parte da poboación, é ben sabido que o primeiro síntoma que agroma son as cefealeas pola falla de liquidez, e como anticorpos desenrolamos o inxenio para tratar de atopar ese financiamento extra que nos permita seguir comendo máis aló do día 15.

O insecto ese debeu aproveitar para dar unha voltiña polo val da Louriña, e claro, a ver a quen lle amarga un doce, o caso e que foi a picar -casualmente- nun coñecido empresario da construcción porriñés, que aproveitando que o Pisuerga pasa por Valladolid -ou o AVE por Porriño, que che ven sendo parecido- pediu a recalificación duns terreos no polígono das Gándaras destinados a servicios ferroviarios, nuns máis sustanciais que permitan unha maior indemnización por expropiación.

É ben sabido que o concello tamén hai tempo que está infectado de esta enfermidade económica, e coma un parásito, aprovéitase dunha situación que sabe perfectamente como rematará -xa que coñecen o trazado do futuro tramo do eixo atlántico- para aliviar a sua doenza cos cartiños que ingresará tamén pola expropiación do porcentaxe de aproveitamento que terá o propio consistorio sobre eses terreos cando Fomento queira construir o AVE.

De outro xeito non se podería entender modificar a catalogación urbanística dun terreo sobre o que se sabe que pasará unha futura infrastructura. Como xa avanzamos noutras entradas en Portugal hai franxas de un quilómetro de bloqueo namentres non se decida o futuro trazado da liña de alta velocidade, e aqui unha vez aprobado ainda se permiten facer estas chambonadas.

Oes, dalle p'adiante que a esta invita Fomento!

Así nos pinta el pelaco

Mucho tiempo se le estuvo comiendo las orejas a los dirigentes portugueses por aquello de que no veían con buenos ojos la contrucción de la alta velocidad. La razón era financiera, motivada por los problemas de la hacienda lusa. Ahora que el interés del gobierno hermano lleva siendo firme un añito más o menos, parece que nos han hecho la goma y en ese tiempo ya tienen dos trazados alternativos, márgenes previos de afectación, estudios de rentabilidad financiera y social y el compromiso de poner las palas a chollar a comienzos del próximo año... Dicen que comparar es de odiosos, pero en el mundo de la gestión económica lo llaman "benchmarking", y lo harán por algo.


Los ingenieros rectifican a fomento: El AVE no llegará a Galicia hasta el 2016

Escueta pero clara, así se puede calificar la entrevista del diário gallego al presidente de la Xunta de Galicia en funciones. En ella podemos ver a un Touriño mucho más reflexivo, explicando desde su punto de vista los porqués del giro electoral y mostrando una vena que recuerda a aquel brillante candidato en la oposición de hace ocho años. Quizá las direcciones de los partidos pólíticos debieran replantearse el peso de la mercadotécnia, de los guiones de cine y de las pautas precocinadas en las campañas electorales. Así no tendríamos que esperar al día después para que nos cuenten cosas y no solamente para que nos las digan.

O Senador Ivama

O Tíovivo_por Martín Romaña


Esta semana remata cunha incógnita: ¿será Iván Vaqueiro senador?. A triste e luctuosa carambola pola que o concelleiro socialista porriñés podería ocupar un sillón na Cámara Alta está todavía sen resolver. Todo apunta a que Corina dimitirá -non perdería un posto-catapulta na Xunta por moito que se fume o seu apelido- e o PP deixará o posto vacante amarrándose interesadamente a un vacío legal incomprensible.




Durante toda a semana a nova circulou polos medios de comunicación repintada segundo os intereses de cada empresa. ¿Un exemplo? O Faro de Vigo, o diario con menos personalidade do país, nin sequera mencionaba o nome do posible sucesor sociata e apostaba pola vacante insustituible, ou o que é o mesmo: “Corina, ponte en la Xunta, hazte con la alcaldía y chúpame aquí”.
En fin, haberá que agardar... A Xunta Electoral Central, que debe ser algo así como as Autoridades Sanitarias, tardará preto dun mes en decidirse mentres Iván Vaqueiro, facendo o seu día a día, dubida si comprar ou non o gorrito para calzarse na piscina do Senado. ¿Terá Iván Vaqueiro algún día o seu propio reggaeton?.... "Cómo se dise, cómo se llama: Ivama, Ivama!..."

Los de Vigo y sus complejos

Es igual si se trata de un pueblo del entorno o de una de las principales ciudades gallegas, porque casi con cualquier ayuntamiento o administración surje ese complejo, ese sentimiento de hermano mayor celoso que constituye el principal escollo para que Vigo se convierta de una vez en la ciudad que pretende ser.


Hace pocos días comentábamos una noticia sobre la negativa del gobierno olívico de entrar en la suvbención del transporte de ría, dejando con los traseros al aire a sus vecinos de la supuesta zona norte metropolitana. Ahora resulta que el partido del propio gobierno, a través de su portavoz Carlos lópez Font, se opone vete tu a saber bajo que argumento político sostenible, a una propuesta elaborada por una consultora y por tanto fundamentada en argumentos de origen técnico.


El trabajo en cuestión ha sido dirigido por el ex gerente de la Fundación PROVIGO, Rubén López, y se basa en una idea muy lógica: la creación de un consorcio con la finalidad de gestionar las inversiones y el negocio de los tres aeropuertos gallegos al no disponer de un gran aeropuerto central. Esta gestión conjunta de tres pequeños aeropuertos interconectados hará ganar sinergias al sector y parece más adecuada a la estructura geográfica gallega, caracterizada por la dispersión de los núcleos, frente la idea de un gran aeropuerto central; cuestión que se viene mascullando desde algunas operadoras aéreas también estos días.

El documento incluye objetivos en materia de destinos y flujo de pasajeros, además de contar con la conexión de los tres aeródromos con un eficiente sistema de transporte público y autovías libres de peaje, basándose en el futuro eje atlántico de alta velocidad y la futura autovía paralela a la N-550. De esta forma se espera que el actual desequilibrio en movimiento de pasajeros y destinos existente entre Galicia y el Norte de Portugal se corrija antes de finalizar el 2012. Pero nada, en Vigo seguiran a su bola y así nos pintará el pelo.



Una consultora propone crear una red aeroportuaria gallega para competir con Oporto

El PSOE ve potencial para que Vigo compita con Oporto

Os coches, a crise e o I+D

A iniciativa do executivo comandada polo ministro de industria, Miguel Sebastián, de relanzar a o sector automobilístico mediante políticas de apoio no desenrolo de novos productos supón unha garantía para a competitividade das nosas fábricas a medio-longo prazo. Iso é bó, incluso necesario, pero non é o que necesitamos para saires da crise.

Unha crise ten que ver co curto prazo. Unha crise coma a que estamos a atravesar, onde non se vende coches, combátese estimulando precisamente iso, a demanda propiamente dita. As fórmulas son varias pero todas encamiñadas a que o consumidor obteña unha liquidez na súa conta corrente que lle permita facer o gasto corrente habitual, sen rascarse de máis os bolsillos.

Baixadas de impostos, transferencias monetarias ou créditos brandos, pero sempre dende a perspectiva do apoio ás familias, non ás empresas. Porque por muy modernizadas que se encontren estas no futuro, se non podemos consumir hoxe de nada servirán os programas de investigación e desenrolo, xa que morreremos no camiño e de fame. Polo tanto o que precisamos é menos Ministerio de Industria e máis Ministerio de Economía, e precisámolo para maiores tarefas que as futuroloxías.

Crisis, what crisis?

O caso e que estivemos a ver coma os alcaldes se botaban as mans á cabeza cando pola crise económica que estamos a atravesar veron reducidas as transferencias do estado. Existe un argumento bastante estendido e tamén sostido por algúns analistas de que a capacidade financeira dos concellos non se axusta ó que os cidadáns esperan recibir por parte desa administración en materia de infraestructuras e servizos. Estaría dacordo se esa insuficiencia de capacidade ten máis que ver coa mala xestión (e tamén as corruptelas) que coa inexistencia de recursos.

Unha quinta parte dos ingresos por cuestión urbanísticas percibidos polos concellos galegos no ano 2004 esfumáronse en cuestións de dudosa legalidade, segundo un informe do Consello de Contas. Triste realidade. Os concellos son un foco de irregularidades, mala xestión, tráfico de influencias e comisións á marxe da lei. A consecuencia é que viven tan ó límite das súas capacidades que cando lles cortan un pouquiño o grifo entón temos que poñerlles fondos locais extras para acometer capas de rodadura, saneamento ou beirarúas. Non é máis rico o que máis ten senón o que menos necesita. Que mágoa.

Feijóo : vía libre á construcción

O ourensán -afincado en Vigo- entrou na sede da Xunta coma un elefante nunha cacharrería, xa paralizaron os trámites en marcha de moitas iniciativas do anterior goberno e agora van a facer país ó seu modo, hai que recordar que xa empezaron con Pescanova na zona protexida de cabo Touriñán.

Resulta que o futuro presidente da Xunta, pouco perdeu o tempo en reunirse cos seus, e tranlsadarlle aquilo de 'mentres esté eu...todo vale'. Noutras palabras, comprometeuse coa patronal para "eliminar trabas" á construcción. Antonio Fontenla, presidente da patronal galega, transladoulle o dirixente do PP en Galicia "el malestar" que la paralización costera provoca en los sectores de la construcción e inmobiliario, que traducido a linguaxe de rúa, que a paralización de 1km da franxa litoral lle molesta, e a ver si lla pode quitar.

Feijóo xa falou disto, e deixou claro que quería voltar a poñer sobre a mesa o que propuxera hai 4 anos cando era conselleiro de política territorial e dixo que estaría listo antes de que remate 2009, cousa case imposible coñecendo os trámites administrativos que este tipo de leis supón. "Tomaremos nota del bloqueo de los planes generales de ordenación urbana en Galicia, y muy concretamente del bloqueo que está sufriendo el litoral gallego". Palabras que aplaudiu a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). "Su opinión coincide mucho con la nuestra", recoñeceu Antonio Fontenla.

Vamos, que se a executiva de Feijóo non toma ningunha decisión ó respecto, a partir do 17 de maio as grúas voltarán a expandirse polo litoral, xa que nesa data rematan os dous anos de prohibición cautelar previstos na lei de medidas urxentes que aprobou o Goberno saínte. Agardamos non ter que escribir articulos sobre 'urbanismo salvaxe'.

Los ecologistas piden al PP que mantenga la ley de los 500 metros

Sin ERE no horizonte da Citröen

O ministro de industria, Miguel Sebastian, estivo explicando no Congreso dos Deputados as características do chamado "plan vive" co cal se pretende dar un impulso a medio prazo á industria automobilística, hoxe moi afectada pola crise económica. Na sesión parlamentaria e preguntado polo BNG a través da súa deputada Olaia Fernández, o ministro asegurou que "non hai expedientes de regulación autorizados nin en previsión", despexando as dudas sobre a posibilidade de que a Citröen solicitase un ERE antes do verán.

O certo é que a producción da factoría viguesa recibiu nas últimas semanas un pequeno crecemento na demanda que evitou, polo momento e tras numerosos equilibrios organizativos, a supresión do turno de noite e axudou a consolidar a actividade nas outras duas quendas.

En vigo parece que maman pero non choran

Fai pouco tempo deixábamos caer neste blog unha noticia sobre a posta en marcha dun plan piloto en materia de transporte público. Tratábase de suvbencionar ás empresas que fan o servizo de transporte de ría, reducindo o custe do billete para o usuario e garantindo a explotación das liñas supostamente non rentables. Os concellos implicados son Cangas, Moaña e Vigo. Nesa noticia tamén anunciabamos o plante do rexedor Vigués na primeira convocatoria feita ás partes pola Xunta, plante que agora xa se confirmou coma unha clara intención de non participar na cofinanciación dos billetes. Así pois o plan plurianual final suporá un cargo de 1 millón de Euros para o concello de Cangas, de 600 mil Euros para o concello de Moaña e de seis millóns e medio para a propia Xunta.

Podese argumentar que o citado transporte a quen máis vai a beneficiar será ós usuarios do Morrazo e que polo tanto é lóxico que sexan os seus concellos os que financien as rebaixas do billete. Nese caso non sei que se pretende cando falamos da necesidade de crear unha administración para o área metropolitana. Se O Morrazo é capaz de darlle un impulso a un transporte público básico para moitos dos seus cidadáns e consegue que este vaia para adiante sen o apoio da cidade viguesa, ¿Para que queremos entón crear a citada área metropolitana? ¿Para que os de Vigo poidan dicir que xa son capital de algo? Non ten sentido. Se imos a crear o área metropolitana de Vigo suponse que debemos partir dun concepto de solidariedade entre tódolos concellos e de liderazgo por parte da administración viguesa. Pero se aquí cada cual vai barrer para a súa casa e a velar polo seu interese estricto, pois xa o deixamos estar e non facemos nada. Porque con ese millón e medio Cangas e Moaña poderían invertilos en potenciar os seus servizos sanitarios e xa teríamos unha necesidade menos para desprazarse con regularidade á cidade olívica. E de paso poderíamos poñer unha alambrada nos lindes de cada municipio e que te apañes se onde vives non tes onde mexar tranquilo.

Con Juan Pardo no cerebro

O Tíovivo_ por Martín Romaña
En realidade non importa se o Citroën de Feijóo pasará por Coia ou por Monmartre, o importante é que o PP dominará o volante do goberno da Xunta durante catro anos, co manguito do turbo óptimo e unhas llantas de aleación brillantes, como esas que locen os coches de paquete. Por se isto soa a pouco, a esquerda no país, a oposición a este novo goberno, está esnaquizada e, o que é peor, triste, desacougada e sen folgos.

Nestes momentos temos un PSdeG crebado. Touriño escapa sen mirarse o embigo botando a culpa da perda do goberno á suxa campaña dos populares sen decatarse de que non hai campañas electorais suxas ou limpas, tan só efectivas ou non. O PPdeG non ganou as eleccións enchendo As Travesas ou Palexco, senón levando a Rajoy a centros sociais de Escairón ou Becerreá.

Por outra banda, os nacionalistas, facendo mellor campaña, saen da batalla moralmente fustigados. Tendo consellerías máis vendibles e populares, non foron quen de sacarlle proveito electoral quizais porque, ao tempo que entraban en contacto co paisano, non disimulaban unha arrogancia novata e unha prepotencia pouco intelixente, recén creada, como de novos ricos con pisito en Baiona.

De todos os xeitos, o bipartito non perde o poder por unha mala xestión na Xunta, senón por unha pésima campaña electoral. Quince días dunha campaña ridícula botaron as esperanzas de milleiros de galegos por un barranco, xa veredes, profundo. Eles saben que perderon esta oportunidade por non estar ao carón da xente e iso doe o triple. Touriño e Quintana pasan á historia como os signos gráficos dunha paréntese positiva, si, pero incompleta. Os galegos nunca deixaron de tararear na intimidade aquela de "Xuntos máis fortes" e o pasado 1 de marzo foron votar con Juan Pardo no cerebro. A esquerda non soubo prevelo.

Un debate absurdo, un problema inexistente

Uno de los grandes avances de la Xunta de Galicia fue la "Lei de Normalización Lingüistica". Esta fué aprobada con el apoyo de PSOE, BNG y PP; ante una situación de discriminación histórica en el uso del idioma gallego, el propio de galicia y cooficial con el español. Los que en los años 80 y 90 anduvimos por la antigua E.G.B. recordamos asignaturas cuyo temario y libros venían en español y otras en gallego. Y no pasaba nada, aprendimos la dos lenguas, además de un poquito de inglés. El verdadero problema, sobre el que nadie hace manifestaciones o recogida de firmas, el hecho de que nuestros hijos todavía no puedan estudiar un tercer o cuarto idioma en condiciones de aprendizaje como el español o el gallego.

Aquí lo que pasó en estos últimos tiempos es que unos provocaron el debate con propuestas snobistas que desbordaron la gota del vaso de los reaccionarios. Esos mismos reaccionarios que ahora se hechan las manos a la cabeza cuando un profesor/a, de caracter digamos nacionalista, se niega utilizar el idioma castizo y, sin embargo, nunca hicieron uso de tal alarmismo cuando el típico "profe facha" que todos conocimos se saltaba a la torera el idioma oficial marcado por el programa de la asignatura de turno si este era el gallego.

Ahora resulta que el derecho debe ser el de los padres a elegir la lengua vehícular de los niños en el colegio. ¿Acaso el verdadero derecho a protejer no debería ser el de los alumnos para poder expresarse en cuantos más idiomas posibles? ¿No será más ecuánime dejar que los programas de las asignaturas marquen un determinado reparto de la lengua a usar? ¿Cual es el problema? ¿Es que no nos entendemos ahora en Galicia? ¿Acaso alguien no entiende este blog? Porque escribimos en gallego y en español ahí por donde nos de, suponiendo que no existen problemas de entendimiento. Ojalá pudieramos escribir en francés, en alemán o en chino; pero es que ni sabemos ni nos van a entender pero eso a Rosa Díez parece que no le preocupa...


O periodismo camaleónico.

Todos poidemos comprobar que nos pasados catro anos houbo certos periódicos cunha liña editorial algo máis difusa do que se lle presumía históricamente. Pero chegou a campaña e a Voz de Galicia colleu a escoba de barrer para casa, unha aposta decidida por un cambio de goberno autonómico. O 1 de marzo pola noite moitos nos despachos e nas súas oficinas deberon respirar de alivio vendo que voltaba o partido popular a gobernar a Xunta.

Invítolles a que ollen a portada de estes días do xornal, xa as noticias que non interesan non aparecen, pero as que falan do estado actual dos dous ex-partidos enchen titulares enormes e columnas de opinión. E todo isto ten un por qué, as contas da Voz non estaban moi saneadas, e os sectores que poden axudar a voltar a normalidade son os que agora se ven favorecidos pola chegada de Feijóo á Xunta.

¿Red Natura? ¿Iso qué é? Ti constrúe home!

Trala primeira medida adoptada por Feijóo, a seguinte que salta ós medios e a de retirar os plans de implantación de dúas piscifactorías en Merexo y Camelle. No seu lugar, os populares daranlle cancha a Pescanova para ocupar o cabo Touriñán, en Muxía. O problema está en que esa zona está protegida pola Red Natura, un espacio natural europeo.

Entre tanto, Carlos Negreira, presidente do PP na Coruña dí que a Red Natura non prohibe todos os usos, e a organización ecoloxista Adega alerta da agresividade do proxecto sobre este espacio natural.

Xa se ve como os populares están re-cargando Galicia.

E Xose Manuel Beiras saiu á palestra

Falou o profe guai. O mestre Beiras, quen liderou a transformación do BNG dende o recuncho parlamentario á gobernabilidade do país, aproveitou a debilidade do partido tralas eleccións para facerse escoitar fronte aqueles que o tiñan caladiño case que á forza. Aproveitando un acto público da plataforma Encontro Irmadiño pediu a dimisión en pleno da executiva nacional da coalición, na que el quedou reducido a un peón máis. Seguramente aqueles que participaron e protagonizaron o alonxamente na traxectoria do partido do seu mellor lider andarán agora coas ourellas gachas ante o bostezo do dinosaurio.


Beiras demanda la dimisión de toda la ejecutiva del BNG

Beiras pide que se vaia a executiva da que el forma parte

Rennes está en Galicia!

Esta mañá, o futuro presidente da Xunta de Galicia, concedeulle unha entrevista a unha emisora nacional. Nela pediu que se deixara de falar do coche oficial, de ese mesmo coche co que tanto romperon a cabeza na campaña electoral, como xa deu os seus froitos, agora temos que deixalo en paz.

Empregando as máximas cotas de demagoxia e populismo durante a campaña, chegou a Vigo a decir que el iria nun Citröen fabricado en Vigo e que vendería o Audi que encargara presidencia, pero na planta viguesa só se fabrican o C4 Picasso de 5 e 7 prazas e as furgonetas Berlingo e Partner, polo cal, non entendemos que favor lle ven facendo Feijoó subastando un coche para mercar outro fabricado fora de aqui, perder cartos probablemente na venta -xa que estará blindado-, para gastar outra vez cartos en equipar de elementos de seguridade o novo vehículo.

O modelo elexido polo humilde dirixente non é outro que o C6, máximo expoñente da firma francesa, que é fabricado na planta que a compañía ten en Rennes (Francia).

Non é do meu agrado publicar novas de este estilo, pero cando unha serie de afirmacións tan demagóxicas son a columna vertebral dunha campaña, temos a misión de fiscalizar todo o que se veña facendo a partir do día 1-M en torno a todos estes asuntos. Outra das conclusións que se poderían extraer de todo isto, é que probablemente o propio Feijóo nin sequera saiba qué modelos se producen na fábrica de Vigo, e iso sería moi preocupante vindo dun dirixente que pretende potenciar o sector da automoción -veremos cómo-.

"La hoja de ruta de Alberto Nuñez Feijoo"

Interesante artículo de La Voz de Galicia en donde se repasan las principales líneas de acción a corto y medio plazo del que será el nuevo presidente de la Xunta. Resulta muy clara la vocación de este periódico hacia la victoria del Partido Popular, no ya por este artículo, sinó por una línea editorial muy marcada y que tendremos tiempo de discutir. Aún así, que no nos guste esa imparcialidad en los medios no quita reconocer la credibilidad y la calidad de un periódico que se encuentra años luz del resto de los medios gallegos y que viene siendo la principal referencia de nuestro blog. Para ver el artículo talmente pinchad en el título entrecomillado.

Moción de censura electoral

Catro anos, ese foi o tempo que durou o cambio en Galicia. Catro anos nos que unha parte do electorado de esquerdas non percibiu con claridade os avances do bipartito, pero si as súas complicacións. Catro anos nos que o voto de castigo a Manuel Fraga do 2005 volveu dun xeito impepinable ó PP, máquina de facer votos en Galicia, desta volta cun Nuñez Feijoo moi seguro de si mesmo durante tódala campaña.

O PP avanzou dous puntos porcentuais sobre unha participación histórica, que pasou do 64% ó 71% do censo electoral en sufraxios totais emitidos, evidenciando ó feito de que a movilización electoral sempre favorece á esquerda. E digo evidenciando que non negando porque unha análise máis pormenorizada dos datos pode reflexar un efecto estatístico debido ó menor censo electoral agora que hai catro anos (nada menos que trescentas mil persoas). Xa haberá tempo de pararse noutro momento con este aspecto porque haberá que deixar ben claro que participación non ten porque significar movilización.

Á baixada do PSOE e do BNG vai máis aló deses dous puntos porcentuais que sube o PP. Iso débese a unha maior pegada dos partidos alternativos comandados por UPyD, IU e Terra Galega. Estes "outros partidos" sobrepasan ó 4.7% dos sufraxios válidos (os emitidos menos os nulos), namentres que hai catro anos non chegaron ó umbral do 2%. Un avance significativo encontrámolo tamén nos votos en branco e nos votos nulos, sumando estes un 2.5% dos sufraxios totais emitidos, fronte a un 1.6% no ano 2005. Polo tanto hai mais proporción de xente que participou pero que non votou a ningún dos tres grandes partidos, o cal pode ser un matiz ante a evidencia mencionada no anterior párrafo.

En suma, o que vexo é o seguinte. Manteñamos a hipótese de que o pobo galego ten unha dualidade case perfecta entre esquerda e dereita. Asi pois, tivemos por unha banda unha mobilización total do electorado conservador e por outra un desgaste por parte do electorado progresista. Ese desgaste puido irse ós partidos alternativos (UPyD, IU, TEGA) ou ben á abstención. Foron moitos problemas relacionados coa gobernabilidade do bipartito, perderon moita credibilidade e moi rápidamente. Ademáis os seus logros como goberno non parecen demasiado claros. O pobo falou e censurou a labor do bipartito.

Imaxe baixada de: La Voz de Galicia


Xa teremos tempo esta semana de ir analizando os datos tanto no conxunto de Galicia así coma coma nos concellos da Louriña. Polo momento preferimos que vaiamos asimilando as cifras ainda fresquiñas:

- Participación: 1.629.555 votos, o que supón un 70.45% do censo electoral todavía sen contar os votos da emigración.
- Sufraxios válidos ou non nulos: 1.615.042 votos. Os nulos supoñen o 0.89% da participación.


RESULTADOS EN VOTOS VÁLIDOS:

- PP: 47.09%
- PSOE: 29.93%
- BNG: 16.57%
- Outros: 4.69%
- Brancos: 1.71 %



Resultados eleccións na web da Xunta.

Resultados electorais no Porriño

Resultados electorais en Mos

Noraboa ó Partido Popular

O Progrelo quere felicitar ó Partido Popular polo seu exitoso triunfo acadado na xornada de onte. Vai no noso espírito, que non é outro que o da democracia. Sempre nos fixemos partidarios do noso punto de vista, independentemente de cores ou símbolos. O pobo falou, e polo tanto...


Boa sorte ós galegos e as galegas nos vindeiros catro anos!