Non sei se vos destes conta pero dende fai algún tempo RENFE ven poñendo tarifas desconto nos seus servizos de alta velocidade e longa distancia en rede normal. Agora que estas tarifas son ben vistas polos usuarios, sobre todo tendo en conta o listón dos billetes sinxelos, o Ministerio de Fomento acaba de recibir unha protesta dos empresarios de autobús. A razón, dende que estas tarifas son efectivas o tren estalles a gañar clientes en traxectos onde coinciden con determinadas liñas de autobús. Acúsan a operadora ferroviaria de competencia desleal.
¿Que é a competencia? Suponse que o libre exercicio das empresas en materia de producto e prezo para conseguires os seus clientes. Efectivamente a RENFE ten unha posición de privilexio dentro do sector ferroviario debido a que non ten unha competidora directa. Nembargantes si que tivo competidoras indirectas se consideramos o transporte público en xeral, estas son precisamente as empresas de autobús.
Durante moito tempo foronlle gañando pasaxeiros ó tren debido á hibernación da compañía publica na súa cómoda posición de monopolista. Polo tanto falar de competencia desleal non ten cabida. Agora que os de RENFE espabilan e comezan a explotar o maior potencial do que goza o tren para determinado tipo de traxectos, pois que se apañen os buseiros. O prioritario sempre será o interese do consumidor e iso deberían entendelo os empresarios antes que ninguén, os de RENFE e os buseiros.
0 comentarios:
Publicar un comentario