Todos poidemos comprobar que nos pasados catro anos houbo certos periódicos cunha liña editorial algo máis difusa do que se lle presumía históricamente. Pero chegou a campaña e a Voz de Galicia colleu a escoba de barrer para casa, unha aposta decidida por un cambio de goberno autonómico. O 1 de marzo pola noite moitos nos despachos e nas súas oficinas deberon respirar de alivio vendo que voltaba o partido popular a gobernar a Xunta.
Invítolles a que ollen a portada de estes días do xornal, xa as noticias que non interesan non aparecen, pero as que falan do estado actual dos dous ex-partidos enchen titulares enormes e columnas de opinión. E todo isto ten un por qué, as contas da Voz non estaban moi saneadas, e os sectores que poden axudar a voltar a normalidade son os que agora se ven favorecidos pola chegada de Feijóo á Xunta.

0 comentarios:
Publicar un comentario