Eleccións municipais 2011 no Concello de Redondela

Fronte as tradicionais estructuras de PP, PSOE, BNG e máis os múltiples tipos de partidos autoproclamados coma independentes; as eleccións municipais de 2011 no concello de Redondela deixarán na memoria colectiva o éxito obtido por un movemento veciñal de carácter asamblario. AER son as siglas de Agrupación de Electores de Redondela quenes se definen do seguinte xeito no seu blog:

- Somos unha agrupación de electores, non un partido político.
- A agrupación é aberta, flexible, participativa e democrática.
- As asambleas son abertas a toda a cidadanía.
- As propostas poden vir dende calquera identidade ou cidadá/n.
- Non se farán pactos partidistas. Apoiaranse as propostas puntuais que cumplan cos nosos principios sen ter en conta o partido.
- Os nosos representantes no concello serán elexidos por asamblea. 

Obtiveron nas recentes eleccións municipais deste ano 2011 nada menos que 832 votos, os cales lle otorgaron un concelleiro que será chave na vida democrática do concello de Redondela, deixando a configuración política do seguinte xeito:

Redondela 2011
(fai click na imaxe para ampliar)


Veremos como discorre a vida municipal tras esta novidade no concello de Redondela, pero presumimos que de non facerse ningún pacto estable, tódalas decisións terán que ser máis consensuadas do que estamos acostumados, unha boa nova para a democracia.

A democracia que queremos

Xa son 36 as horas que pasaron dende as celebracións electorais do 22M, as análises, crónicas e editoriais seguen a saír... E servidor ten a sensación de que non temos entendido nada. Por suposto acata a decisión das furnas como demócrata convencido que son, mais o meu corazón tamén alberga a demanda enérxica dunha remodelación dun sistema electoral e político que con máis de 30 anos ten demostrado que precisa dunha boa reforma.

O pasado domingo foron demasiados (máis de cero) os políticos con serios indicios de corrupción que accederon a cargos de responsabilidade municipal ou autonómica, mocións de censuras que foron aceptadas e refrendadas polos cidadáns, partidos que queren prohibir as coalicións pero que tras ver que precisan das mesmas para gobernar nalgúns lugares, non dubidan en mudar de opinión sen o mais lixeiro sonroxo nin vergoña.

Os cidadáns votaron en clave nacional a elección das persoas máis achegadas que rexerán o futuro do seu concello, hai motivos para o descontento e para mudar o voto quen queira, por suposto! O problema é votar de xeito partidista a política municipal, gostaríame saber cántos votaron  no Porriño pensando en Zapatero, Rajoy e Guillerme Vazquez e cantos en Iván, Nelson ou Raúl.

Unha vez rematado toda a parafernalia electoral, sí podo decir que palabras coma clientelismo, coaccións, acarrexas ou corrupción seguen de actualidade coma xeito de entender a politica para moitos.

Namentres, o movemento 15M segue o seu curso propoñendo unha reforma tan pacífica coma construtiva dun sistema político español, que, con 30 anos sen tocar quedou prehistórico, perpetuando o bipartidismo, eliminando a capacidade crítica interna e externa, esquecéndose de para quén gobernan, iso si, mantendo un status quo en canto os seus privilexios, que insultan directamente o cidadán de a pe aínda máis nunha situación coma a que estamos a vivir.

¿E os teus?

Lendo o comezo do artigo e o final semella que estou falando de dous lugares completamente diferentes, porén ambas son relatos da mesma España, dunha que mira cara o futuro e quere formar parte do sistema como parte activa e outra que opina que con botar un papel cada 4 anos cun paxaro azul ou unha rosa vermella é suficiente democracia e participación.

O PP volve obter nos concellos do Porriño e Mos senda maiorías absolutas. Así pois, tanto Nelson Santos coma Nidia Arévalo repetirán coma alcaldes tras refrendar nestas eleccións municipais de 2011, e cunha participación elevada, os seus mandatos nos concellos do Val da Louriña, os cales deron lugar tras respectivas mocións de censura.

Justificar a ambos ladosAnálise do resultado electoral no concello do Porriño.
A participación no Porriño foi case cinco puntos superior á de fai catro anos pero inferior a de 2003. Confírmase que esta maior participación favorece á dereita, aunque tamén se pode observar un certo cambio estructural a favor dos grupos da esquerda, esencialmente ó BNG, que impide que esta movilización electoral lle dea ó PP as maiorías aplastantes da época de Xosé Manuel Barros.

O PP de Nelson Santos acadou o 57,13% dos sufraxios, o que supón un avance de 4,68 puntos respecto ó resultado dos grupos de centro dereita nos comicios anteriores. Os concelleiros acadados ascenden a dez, tal e como especulábamos nunha das tres hipótesis exploradas nun artículo recente, aínda que moi preto de acadar a undécima acta.

Batacazo socialista. O PSOE cae 4,72 puntos, acadando o 10,91% dos votos válidos emitidos. O tirón do seu candidato queda moi en cuestión ó non saber ou non poder reter votos ante a evidente situación de desgaste das siglas do PSOE na situación actual da política estatal. Os números son escandalosos, catro anos despois a lista encabezada por Iván Vaqueiro pasa de 1.629 a 1.156 apoios.

No BNG poderán dicir que mantiveron o tipo, ainda que estiveron moi preto de perder o quinto concelleiro. O certo é que a candidatura encabezada polo ex alcalde Raúl Francés retrocede 1,68 puntos quedando no 26,31%. Polo tanto a perda de votos en termos absolutos tamén afectou, aínda que en moita menor cuantía, ó BNG.

En resumen, victoria aplastante do PP de Nelson Santos, quen convence ó seu electorado de base a pesares das noticias sobre presuntas irregularidades en contratos municipais aparecidas a semana pasada. O PP é unha máquina de facer votos no Porriño e somentes o BNG semella, en termos de eleccións municipais, ter capacidade para afrontar o reto de romper esa superioridade. No PSOE teñen moitas contas que facer, pois hai moito votiño de xerais e autonómicas que se lles está a escapar, e non somentes ó BNG.

Análise do resultado electoral no concello de Mos.
Elevada participación en Mos, aínda que lixeiramente inferior á de fai catro anos ó baixar pouco máis dun punto. Posiblemente o caso de Mos estea máis normalizado no tocante á quen beneficia os movementos na participación, xa que a tónica xeral nos leva case sempre a pensar que a movilización favorece ós partidos de esquerda e viceversa.

O certo é que a pesares do xeito tan poco ortodoxo no que Nidia Arévalo accedeu e se mantivo no poder, cunha moción de censura apoiada por un tránfuga do PSOE e tras deixar de pertencer "de facto" ó PP por renuncia de conveniencia, o pobo de Mos refrendou a súa xestión na alcaldía. O resultado acadado foi 11,08 puntos superior que nas útimas eleccións quedando no 55,49%, suficiente para obter 10 actas de concelleiros.

Compre dicir que nestes comicios a desaparición de calqueira tipo de grupo independente fortaleceu a concentración do voto no PP de Nidia Arévalo, pero isto non explica por si mesmo a maioría absoluta. O PSOE, encabezado pola ex alcaldesa María Jesús Escudero, caeu 2,96 puntos quedando no 27,41%; pola súa banda o renovado BNG baixou 4,52 puntos quedando no 15,02% dos votos válidos emitidos.

A eiva dos grupos de esquerda resulta moi similar tanto no concello de Mos coma no de Porriño, aínda que en Mos sempre moito máis preto de gobernar que no concello da parte baixa do Val da Louriña.

O Porriño 
(fai click na imaxe para ampliar)


Mos
(fai click na imaxe para ampliar)
Resultados Electorais Mos- 2011

Políticas de emprego e democracia

Cantas veces se oiu na rúa aquilo de "a min se o alcalde me enchufa...", explicando que ben o fai buscando emprego para os veciños. Eu pregúntome: Ben, a que prezo? Afiliación nalgún partido, promesa de voto, de estar a orde que se requira, etc. É triste que un goberno poida chegar a aproveitarse das necesidades da xente e desta forma, usando información coma o número telefónico da que non foi autorizada para tal. Pero moito máis triste resulta pensar que haxa traballadores que aproven tales conductas nuha democracia.

Do que non é consciente esta xente, aínda que o señor alcalde ou o señor concelleiro de turno andivesen a colocar traballadores sen pedir nada a cambio, que este tipo de conductas son as que verdadeiramente perxudican ós traballadores. A función dun alcalde é a de promover políticas de emprego, dialogar con empresarios, sindicatos e, por suposto, tamén traballadores; pero nun exercicio de liberdade para todos e todas, e non crear agravios comparativos simplemente porque no precisan de máis votos para manterse no poder.

Decidín facer unha pequena análise xogando cos resultados electorais das municipais anteriores no Porriño, establecendo tres hipótesis sobre o comportamento dos apoios que obtivera Nelson Santos e aplicando a Regra D´Hont a estes.


A tese da unificación entre PP, CxP e IdeP.

A primeira conxetura consiste en supoñer que o resultado electoral para o PP será a suma dos resultados electorais que tiveron as denominadas tres forzas conservadoras ou de centro-dereita por separado. Este é o sentir xeral. É certo que ó dividir o voto de dereitas, o reparto de escanos foi menor do que sería para un PP unido, pero tamén é certo que con máis alternativas para os votantes conservadores que nunca no Porriño, a porcentaxe de votos para os partidos de esquerdas nunca estivo tan preto da dereita coma nas municipais de 2007.

De feito, se aplicamos a Regra D´Hont neste escenario o reparto de concelleiros quedaría da seguinte forma: PP (10), BNG (5) e PSOE (2). Convén apuntar que o último concelleiro en asinar o levaría o PP por moi pouco en detrimento do PSOE. Son datos moi alonxados daquelas maiorías aplastantes de Xosé Manuel Barros, con 12 concelleiros en varias lexislaturas.


Posible descontento nos votantes de Nelson Santos.

A segunda hipótese basease nunha desmovilización do electorado de CxP. O PP unido somentes lle computei a metade dos votos que obtivo tal formación fai catro anos. Namentres, a terceira hipótese ven de supoñer que a metade deses apoios que lle quito a CxP vaian a parar en partes iguais entre BNG e PSOE.

Estas hipóteses son moi reduccionistas pero teñen dúas argumentacións. A primeira delas é un posible desgaste de Nelson Santos fronte o movemento que suscitou fai catro anos, tras determinadas desavenencias internas (caso Mari Palacín) e máis os últimos acontecementos comentados neste blog a raiz da información de El País. A segunda argumentación basease nunha interpretación do perfil ideolóxico de moitos dos votantes de CxP, menos sesgado á dereita e máis sensible a cambios de papeleta.

O PSOE recuperaría aquel concelleiro fronte o PP na segunda conxetura e xa coa terceira, a maiores, o BNG gañaría un sexto facendo caer o PP ós oito concelleiros.

Así pois se temos en conta a concurrencia dun PP unido, un posible desencanto de moitos dos que apoiaron nas pasadas municipais a CxP e unha participación similar á de fai catro anos; entendo que o resultado electoral debería andar nunha maioría absoluta moi xustiña para o PP. A partir de ahí calqueira esperanza para a esquerda vería dada por un vuelco electoral propiciado polos últimos escándalos.

Un llamamiento a la mesura

Los últimos acontecimientos han dado muestra de un gobierno no solo presuntamente corrupto, sinó comandado por un alcalde presuntamente violento. Ante tal contexto, es normal que surjan determinados tonos en foros e incluso en conversaciones a pie de calle.


Nosotros desde A Tribuna da Louriña queremos realizar un llamamiento a la mesura para todos aquellos hombres y mujeres que estén deseando un justo cambio de gobierno, mediante urnas y sin mociones por delante.


Aquellas cosas que tengan que pasar por el juzgado que así sea, aquellas cosas que tengan que pasar por el tamiz de los votantes que así lo sea también; confiemos en la madurez de este municipio. O Porriño ha cambiado mucho en los últimos ocho años. Por fin un gobierno de izquierdas y, con este, el progreso en términos generales para las parroquias. Ahí tenemos los votos obtenidos hace cuatro años en Atios y Budiño, votos sin los cuales sería imposible que el polo de izquierdas estuviese a un concejal de la mayoría absoluta.


Dicen que hasta ahora el voto conservador esuvo dividido, eso es cierto; pero también es cierto que con más alternativas de derechas que nunca jamás, en este pueblo los porcentajes de votos  entre derecha e izquierda nunca estuvieron tan igualados. Para nosotros ya no es una cuestión de alternativas ideológicas y programáticas, es ya una cuestión de justicia POLÍTICA. Sin tales acontecimientos esta publicación nunca hubiese existido.

Raúl Francés presenta unha denuncia contra o alcalde do Porriño por ameazas a un membro da candidatura do BNG

Segundo informa a páxina web do BNG, presentouse unha denuncia contra Nelson Santos por ameazas a un membro da candidatura nacionalista polo Porriño


Acceder a noticia no portal do BNG

Madrugada do mércores 18 de Maio, o diario El País se fai eco na impresa dos incidentes e a posterior denuncia.

Pongamos que hablo de Porriño




Allá donde se cruzan los caminos,
donde probar el buen pan de millo,
donde regresa siempre el huido,
pongamos que hablo de Porriño.

Donde el dinero viaja en concesiones,
un voto queda para mí bolsillo,
que me dejo la voz en sus móviles,
pongamos que hablo de Porriño.

Las niñas ya no quieren ser peperas,
y a Louzan le da por ser mi amigo,
una mocion de censura y carretera,
pongamos que hablo de Porriño.

Los peperos visitan al psiquiatra,
el candidato fácilmente nos ha sometido,
el orgullo viaja con camisas blancas,
pongamos que hablo de Porriño.

El Sol está en Antonio Palacios,
la vida un tren por la central a modiño,
hay un cacique en el despacho,
pongamos que hablo de Porriño.

Cuando los electores vengan a votarme,
que se acuerden mi que soy bueniño,
aquí no queda sitio para más nadie,
pongamos que hablo de Porriño.

Cuando la justicia venga a visitarme,
no me despiertes, déjame dormido
aquí he vivido, aquí quiero quedarme
pongamos que hablo de Porriño.

O Porriño: Caciquismo 2.0

No día que milleiros de mozos e mozas paseaban ó longo da xeografía española pancartas co lema "Democracia real ya"clamando contra políticos e banqueiros, aquí no Porriño cerníase unha treboada en forma de nova, que non facía máis que poñer en negro sobre branco o que xa era un segredo a voces.

¿Qué opinión terán dun banqueiro metido a político? | foto Juanjo Zanabria Masaveu
Semellaba que facía falla que un periódico que non obedecese a intereses populares locais ou autonómicos nos petase nas retinas coa realidade da acción dos últimos 469 días de goberno pseudo-democrático (xa en anteriores artigos fixen fincapé no gravísimo retroceso democrático vivido na nosa vila dende a moción de censura).


"Empresas afines al alcalde de Porriño copan contratos municipales"


A nota de prensa de El País é tan clara coma documentada, cuantifica e apunta a quén foron dados eses cartos, cales son os parentescos ou relacións de Nelson ou seu equipo de goberno con estas empresas. Para mais datos, recolle as declaracións do Concelleiro responsable, Jose Manuel Jacobo, alegando que non repara na ideoloxía cando adxudica obras (ainda que máis que de ideoloxía, neste caso falamos de familiares e amigos) para rematar a brillante argumentación engade que os reparos que puxo o interventor municipal "los hubo siempre para dar y tomar".


469 días de severo deterioro da imaxe do PP local e da democracia


En apenas 15 meses confeccionouse unha lista forzada por parte dos "novos" populares axudados por Rafael Louzán, e que trouxo mais dunha liorta e a posterior renuncia dunha concelleira. Non houbo atisbos dos militantes mais históricos da formación e converteuse nun goberno paternalista, onde se di que o alcalde ofrece empregos, e chama por teléfono para felicitar os aniversarios, ou agora para invitar vía SMS ós mitins do PP a tódolos cidadáns que poidan. Para elo empregan comunicación vía móbil, aínda que non está moi claro de onde obteñen os números, posto que moitos veciños teñen recibido mensaxes sen ser simpatizantes do partido, o cal podería ser unha práctica claramente delictiva sobre o uso de datos persoais protexidos amparándose na LOPD, o numero reflictido nas mensaxes pertence segundo pesquisamos na rede a "Alianza Popular" no Porriño.

O candidato popular xa era un home moi coñecido na vila que non precisaba de mercar en forma de contratos municipais ou en postos de traballo os votos dos veciños, por iso que non entendemos e rexeitamos estas prácticas que críamos desterradas en pleno século XXI, e o feito de que ninguén mais renunciase da lista semella algo milagroso.

Contra o caciquismo (aínda que sexa 2.0) e contra os retrocesos democráticos vividos, o vindeiro 22-M vota!

Non todo vale na política, e a cidadanía está máis que farta.

Me sinto defraudado posto que pensei que algo ía cambiar no PP do Porriño. Segúndo se informa en El País e do que se fixeron eco medios de comunicacion diversos, todo apunta que en menos de dous anos de goberno de Nelson Santos no Porriño a dereita volveu a teller as súas características redes clientelares. E non falamos de pequenos favoritismos persoais, penoso vicio de fácil tentación en calqueira goberno, senón de contratos que suman centos de miles de Euros nos presupostos municipais.

Pecata minuta... Claro que todo pode deberse a unha serie de estranas coincidencias e, polo tanto, non se pode facer unha acusación tan importante coma é a de tráfico de influencias sobre o goberno do PP, que recae na figura de Nelson Santos coma máximo responsable do mesmo e sen que este se poida defender con argumentos lícitos. En todo caso a información ahí queda para xuizo dos votantes nestas eleccións municipais 2011.

A noticia aparecida en El País na edición impresa deixa poucos cabos soltos. Semella ben documentada e ben estructurada, ademáis de oportuna, publicada dous días despois do mítin central do PP no Porriño coa presenza de Núñez Feijoo. Esta loxística informativa non sucedía cando Barros, a pesar dos numerosos indicios en diversas facetas da responsabilidade municipal, e a sabendas do perfil político daqueles gobernos..., a cousa da que pensar.

O máis escandaloso da información publicada non é o feito en si. Pódense leer en negrita e baixo foto as declaracións de Jose Manuel Jacobo, segundo de abordo do grupo Ciudadanos Por Porriño (CxP) e responsable dos contratos municipais no goberno do PP unido, acerca dos reparos á situación destes contratos feitos polo interventor das contas municipais, dicindo "..., que los hubo siempre para dar y tomar".

Que debemos entender acerca do que nos propón o segundo de Nelson Santos? Que un funcionario, un técnico profesional, ó cal accedeu ó seu posto por cuestións de mérito regulado, que fai o seu traballo cuns parámetros... Non, iso non ten importancia, o carallo é que estas empresas fagan un traballo coma é debido en condicións e como dios manda. Que para iso son amigos do goberno do PP e iso ten máis valor que a superación de calqueira tipo de concurso público... En serio imos votar por un goberno que amosa esta falta de respeto pola figura do interventor e dos procedementos?

Comezan as eleccións municipais 2011 no Porriño

Comezou o show. Esta madrugada xa se podían ver grupetos participando na tradicional pegada de carteis, cada cual ó seu estilo. Por fin chegou a campaña das eleccións municipais 2011 no Porriño.

Cos do PP ben organizados, copando cada esquina pero con pequenos efectivos, case pasando desapercibidos, nunha especie de vietcom electoral. Eles teñen a chave e sábeno, millor deixarse ver de menos a máis.

Os do BNG ben agrupados, con ese aire estirado que tan ben manexan, comandados e co reollo posto nos gatos pardos. Sabedores da proba de fogo á que se presentan desta volta. Nin un erro, nin un sorriso mal dado. Pola súa banda, os do PSOE, máis naturais, con esa pose obreira, sabedores do seu papel bisagra, nada que ocultar, nada que finxir.

A quen non vin foi ós do PODES, espero pasarme por algún mitin e ver a pinta que teñen. Verberemos. Volven as eleccións municipais, volve o grelo cun dos seus temas favoritos e con dúas semanas por diante.