Mostrando entradas con la etiqueta Redondela. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Redondela. Mostrar todas las entradas

Eleccións municipais 2011 no Concello de Redondela

Fronte as tradicionais estructuras de PP, PSOE, BNG e máis os múltiples tipos de partidos autoproclamados coma independentes; as eleccións municipais de 2011 no concello de Redondela deixarán na memoria colectiva o éxito obtido por un movemento veciñal de carácter asamblario. AER son as siglas de Agrupación de Electores de Redondela quenes se definen do seguinte xeito no seu blog:

- Somos unha agrupación de electores, non un partido político.
- A agrupación é aberta, flexible, participativa e democrática.
- As asambleas son abertas a toda a cidadanía.
- As propostas poden vir dende calquera identidade ou cidadá/n.
- Non se farán pactos partidistas. Apoiaranse as propostas puntuais que cumplan cos nosos principios sen ter en conta o partido.
- Os nosos representantes no concello serán elexidos por asamblea. 

Obtiveron nas recentes eleccións municipais deste ano 2011 nada menos que 832 votos, os cales lle otorgaron un concelleiro que será chave na vida democrática do concello de Redondela, deixando a configuración política do seguinte xeito:

Redondela 2011
(fai click na imaxe para ampliar)


Veremos como discorre a vida municipal tras esta novidade no concello de Redondela, pero presumimos que de non facerse ningún pacto estable, tódalas decisións terán que ser máis consensuadas do que estamos acostumados, unha boa nova para a democracia.

Precisamente tras os últimos apuntes sobre o pouco apoio que está a levar o transporte público na nosa terra, acontece unha boa nova. Xa temos escrito acerca do plan de transporte metropolitano, unha cuestión que ven da anterior Xunta de Galicia. A boa nova ten que ver cun impulso a esta iniciativa.

Estes días, nos paneis luminosos das paradas de autobús no centro do Porriño, o goberno municipal acaba de publicar una información escueta pero concisa: "proximamente novo directorio de autocares".

Este anuncio coincide co relanzamento da actual Xunta ó citado plan de transporte metropolitano, o cal compre lembrar que contempla o billete único para trasbordos, a implantación de importantes descontos cunha tarxeta moedeiro e a mellora de frecuencias e rutas de interese.

Precisamente o director de mobilidade, Miguel Rodriguez Bugarín, reuniuse fai pouco con representantes dos concellos interesados da zona de Vigo co gallo de que o plan entre en funcionamento antes de finalizar o presente ano. Así se informa dende a páxina web do propio plan.


Moaña alerta que la ampliación de Rande tendrá un «efecto embudo»

O director xeral de mobilidade da Xunta de Galicia reuniuse onte en Santiago con representantes dos concellos da mancomunidade de Vigo. Tamén estaban convidados Cangas e Moaña, máis estes deron plantón ó director xeral.


A finalidade e os obxectivos do plan de transporte metropolitano manteñen a filosofía do anterior goberno da Xunta. Integración de tarifas e zonificación, ampliación da oferta en corredores de interese e melloras acerca dos puntos de intercambio de pasaxeiros.

A reducción no prezo do billete verá dad por unha cofinanciación entre os concellos interesados e máis a Xunta. O compromiso dende o goberno galego é que a finais deste ano se poña a rodar o plan de transporte.




Dende o seixo, a contracrónica.

Neste país existen iniciativas sinxelas de por en marcha pero enfrascadas en procesos políticos, ben por desidia da clase gobernante, ou ben por ausencia dunha forte masa crítica na sociedade. O certo é que a mellora do transporte de liña, que ven perdendo ano tras ano competitividade fronte o transporte en vehículo privado, xa é unha cuestión da que se falaba cando Feixoo era conselleiro de política territorial.

Resulta necesario impulsar ó transporte metropolitano. É a única alternativa eficiente para desconxestionar as cidades, reducir a siniestralidade nas estradas e reducir a dependencia dos combustibles fósiles. Ademáis de ofrecer unha alternativa para que non queira andar co coche as voltas.

Pero máis alá da boa nova que suporía unha mellora sustancial neste modo de transporte, non podemos evitar facer unha referencia (non nos cansaremos) ó tren de cercanías. Moito máis eficiente e cómodo, é adecuado para áreas de maior densidade de poboación.

A pelota tamén anda no tellado da Xunta de Galicia, pois xa está a suvbencionar determinadas liñas deficitarias da oferta de rexionais renfe, cando podería impulsar un transporte dende as cidades de Vigo e Pontevedra cara os polígonos industriais do Porriño, onde traballan milleiros de persoas, por poñer un exemplo.

Estes dias foi presentada pola Confederacion de Empresarios unha proposta de fusion municipal na zona metropolitana de Vigo. O estudio contempla a fusion dos tres concellos do Val Miñor (Baiona, Nigran e Gondomar), o mesmo proceso para Redondela, Pazos de Borben e Soutomaior; e unha polemica integracion do concello de Mos no termo municipal de Vigo.

As fusions entre concellos non son cousa nova en Galicia. Existen experiencias en zonas rurais de Ourense, cunha demografia debil e unha dispersion xeografica elevada, caso diferente do que acontece no sur da cidade olivica.

En declaracions o Faro de Vigo a rexedora de Mos, Nidia Arevalo, quixo deixar ben claro que o concello ten un tamaño poboacional e un dinamismo economico mais que suficientes para pervivir por si mesmo. Ademais tildou os promotores do estudio coma descoñecedores da realidade social e cultural do concello da parte alta da Louriña. Outros alcaldes quixeron remarcar a verdadeira necesidade de impulsar proxectos mancomunados coma o area metropolitana.


Factores a favor e na contra.
As razons que xogan a favor dun proceso de integracion son duas: a) A relacion directa entre tamaño poboacional do concello e participacion no presuposto do estado. b) A reduccion de custes que supon simpificar duas administracions nunha soa.

En contra do fusionismo temos efecto perverso de alonxar os mesmos verbo do cidadan, pois a cercania e unha das caracteristicas que define a utilidade das corporacions locais. O optimo, polo tanto, seria encontrar un equilibrio que nos levase a un tamaño eficiente para cada concello.

Somentes un pouco de orde, nada máis.

Arranxar os problemas que ten o transporte público no entorno das cidades galegas e, concretamente, no área de Vigo está a resultar unha cuestión un tanto mística. Xa tratamos este tema a comezos do ano cando saiu nos medios a posible subvención ó transporte de ría como previo paso para ampliar tal mecanismo ó autobús de liña. Recordamos coma o alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostraba o seu rexeitamento (con desplante incluido) a cofinanciación do billete por parte do seu concello, ó considerar que esa institución xa colaboraba dabondo noutros programas de axuda ó transporte colectivo.

O caso é que cambiou o goberno da Xunta, o tempo vai pasando e semella que todo está moi parado. Únicamente podemos sinalar como novidade a intención (xa reflexada nos programas electorais dos comicios autonómicos) de crear unha cousa chamada "ente xestor" para implantar os servios de cercanías ferroviarios. Servizos que xa son habituais en Asturias, rexión cunha renda per cápita e unha xeografía similar á galega.




Din que "as cousas de palacio, van despacio"; pero cando de facer unha nova estrada se trata a velocidade de reacción resulta sensiblemente maior. O transporte por estrada de mercadorías e a mobilidade de persoas en vehículo privado son elementos básicos nunha terra tan espallada coma Galicia. Pero nunca arranxaremos os evidentes problemas das cidades e os seus contornos industriais, se non terminamos de apostar por un modelo adecuado de trasporte público.

Os diferentes plantexamentos que se foron facendo neste senso son erróneos, quizais por iso sempre caeron en saco roto. Por exemplo, non se pode confeccionar un sistema de transporte metropolitano sen incluir un servizo de cercanías por tren naqueles puntos onde resulte máis competitivo este medio de transporte, coma tampouco se pode deseñar unha suvbención para rebaixar o custo unitario dos billetes sen facer un ordeamento do sector e unha análise máis rigurosa na demanda dos servizos.




Outro grave erro dos plantexamentos que se fixeron consistiu en que o sistema se poña en marcha naqueles concellos que se sumen ó citado plan. ¿Que pasa se un servizo poder ser viable para unha determinada zona pero existen fenómenos burocráticos ou políticos que frenan a súa posta en marcha?

Non creo que sexa necesaria tanta directriz, tanto plantexamento estéril ou tanta formalización de entes burocráticos para poñer a circular X trenes e Y autobuses nas Z concesións públicas que hai; todo cuns horarios e cuns prezos, suvbencionados ou non, pero que resulten atractivos para captar unha maior cantidade de clientes habituais. A non ser que todo sexa unha cortina de fume para falar de algo...

A ver se é certo, señor Blanco.

Non é preciso que sexa hoxe, nen mañá, pero de non ter que esperar ás próximas eleccións quedaríamos satisfeitos. E de paso poderíase incluir, señor Blanco, a liña Vigo-Ourense, esa que é a única electrificada de toda Galicia e que tamén é a única que non ten un tren de proximidade a conservar.

Nunca existiu tal servizo por estes lares (ou si, pero xa non nos acordamos), a pesares de ser unha das zonas máis densas de Galicia, cinturón da chamada area metropolitana de Vigo e de destacable puxanza industrial.

Polo tanto solicito o señor ministro que inclúa a Vigo-Ourense nesa operación tan rariña, na que se intenta transferir a competencia dunha rede ferroviaria dende o estado a unha comunidade autónoma debido a que RENFE (empresa de propiedade estatal) non lle peta ofertar cercanías na nosa querida terra. Cousas da política, ou dos políticos.

Tarde si, mal e arrastro esperemos que non.

O recén estreado goberno da Xunta parece que lle vai a dar un impulso definitivo á creación do tan manido ente administrativo do área metropolitana de Vigo, administración que precisa dunha lei de carácter autonómico para poder ter sustento normativo.

Sen embargo Vigo é, de facto, un área metropolitana en potencia, pero somentes en potencia. A cidade olívica, de trescentos mil habitantes, encabeza unha conurbación que vai ó norte coa capital provincial e coa península do Morrazo. Ademáis nó sur aséntase o cinturón industrial e o nó de comunicacións terrestre máis sinificativo da provincia. Isto último sabémolo moi ben na Louriña.

Dicía somentes un área metropolitana en potencia, e que nin tan sequera somos capaces de poñernos dacordo entre catro municipios para por en funcionamento unha depuradora que leva dous anos construida e que xa foi pagada pola UE. Ou porque o concello de Vigo segue a mostrar as súas reticencias (logo do desplante do seu rexedor) para cofinanciar con Cangas e Moaña a rebaixa dos billetes do transporte de ría.

E que o dun área metropolitana vai precisamente diso, de promover e xestionar infraestructuras e servizos en común, pero habida conta da torpeza que se promulga neste senso por estes lares, non sei se un ente administrativo máis a engadir ás anacrónicas deputacións vai a ser un arranxo ou un novo atranco para que os políticos sigan pelexando e os cidadáns pagando as liortas.

O muro da vergoña

As veces semella que temos especial interese en emular os erros doutros lugares da terra, se en oriente próximo o muro de formigón é unha vergoña polos motivos que provocaron a súa construcción, na cidade olívica o problema non está na súa motivación senon no momento e o custo que terá.

O sindicato UGT denunciou hoxe que o ente ADIF ten previsto tirar un millón de euros polo retrete, é que ó mellor -acostumado a faraónicas obras- non lle parece moito ese desembolso para facer un muro que probablemente se teña que derrubar antes da súa finalización, pero os que pagamos os impostos fastídianos enormemente, sexa con crise ou sen ela por suposto.

A obra que pretende facer este ente non é outra que facer un muro dende Redondela ata Vigo e así protexer as vías do acceso dos peóns para evitar máis atropelos, unha noble causa que chega tarde, pois empregar 1 millón de euros en facer un muro que seguramente nin se completará xa que en 2010 non debería haber xa tráfico ferroviario por esas vías -desmanteladas para facer a chegada do novo trazado do eixo atlántico á Vigo- parece un despropósito e un absoluto descoñecemento dos membros do propio ente sobre as infraestructuras existentes e as proxectadas.

¿Ou será que teñen medo de que se lles escapen os AVEs do corral?

UGT tacha de ´despilfarro´ el vallado de las vías del tren al quedar inutilizadas en 2010

E porán o carteliño, e seguirá prantado ata a próxima

Non me deixa de sorprender coma en pleno século XXI seguimos tirando bombas de palenque cando da conservación dun tramo dunha estrada nacional se trata. Ben é certo que hoxe en día hai moito capital público que manter, pero tamén é certo que este foi crecendo conforme as posibilidades económicas en xeral, incluso actuou como acicate destas. Temos máis estradas que empichar pero tamén temos moitos máis recursos que antes para poder amortizalas antes de que se rompan.

Creo que hai un serio problema na xestión dos recursos públicos. Por exemplo, a reforma da Rúa Antonio Palacios no Porriño (unha obra que xa foi adelantada polo Progrelo no seu momento) está cofinanciada entre o propio concello e maila Consellería de Innovación e Industria. Xa ves, unha consellería que debería fomentar o I+D en lugar de ir poñendo beirarúas polas vilas. Son detalles que xuntos uns cós outros explican o desorden que temos nos empregos do noso gasto público. A min paréceme insólito que teñamos que ver boquetes no firme para que lle fagan un mantemento á estrada.