O director xeral de mobilidade da Xunta de Galicia reuniuse onte en Santiago con representantes dos concellos da mancomunidade de Vigo. Tamén estaban convidados Cangas e Moaña, máis estes deron plantón ó director xeral.
A finalidade e os obxectivos do plan de transporte metropolitano manteñen a filosofía do anterior goberno da Xunta. Integración de tarifas e zonificación, ampliación da oferta en corredores de interese e melloras acerca dos puntos de intercambio de pasaxeiros.
A reducción no prezo do billete verá dad por unha cofinanciación entre os concellos interesados e máis a Xunta. O compromiso dende o goberno galego é que a finais deste ano se poña a rodar o plan de transporte.
Dende o seixo, a contracrónica.
Neste país existen iniciativas sinxelas de por en marcha pero enfrascadas en procesos políticos, ben por desidia da clase gobernante, ou ben por ausencia dunha forte masa crítica na sociedade. O certo é que a mellora do transporte de liña, que ven perdendo ano tras ano competitividade fronte o transporte en vehículo privado, xa é unha cuestión da que se falaba cando Feixoo era conselleiro de política territorial.
Resulta necesario impulsar ó transporte metropolitano. É a única alternativa eficiente para desconxestionar as cidades, reducir a siniestralidade nas estradas e reducir a dependencia dos combustibles fósiles. Ademáis de ofrecer unha alternativa para que non queira andar co coche as voltas.
Pero máis alá da boa nova que suporía unha mellora sustancial neste modo de transporte, non podemos evitar facer unha referencia (non nos cansaremos) ó tren de cercanías. Moito máis eficiente e cómodo, é adecuado para áreas de maior densidade de poboación.
A pelota tamén anda no tellado da Xunta de Galicia, pois xa está a suvbencionar determinadas liñas deficitarias da oferta de rexionais renfe, cando podería impulsar un transporte dende as cidades de Vigo e Pontevedra cara os polígonos industriais do Porriño, onde traballan milleiros de persoas, por poñer un exemplo.
0 comentarios:
Publicar un comentario