Xa temos escrito neste blog acerca da insistencia dos medios de comunicación e da clase política para que Vigo teña conexión específica de alta velocidade con Ourense e Madrid, sen pasares previamente por Santiago de Compostela. Nos estamos de acordo, sempre e cando esa inversión responda a motivos puramente técnicos e non de índole política.

A variante proposta nace en Barro, ó norte da cidade de Pontevedra, para así dirixirse a Ourense aproveitando parte do trazado que se pretende evitar, o procedente de Santiago. O tempo de viaxe nun servicio rexional AVANT entre a cidade olívica e a das Burgas será de 55 minutos, o tempo de viaxe no servicio con Madrid será de tres horas e cinco minutos.

A xustificación dun enlace directo entre Vigo e Ourense parece evidente se pensamos nos tempos de viaxe resultantes polo rodeo de Santiago, máis se temos en conta que un maior quilometraxe encarece o custe do servicio. Pero debemos recordar que non baixaremos do carro neste senso.

Plantexarse unha inversión que ronda os 1500 millóns de Euros para facer o mesmo tempo de viaxe que se fósemos a Ourense pola A-55, non parece unha idea moi atractiva para explotar a liña entre ambas cidades.

Existe unha proposta de facer un verdadeiro enlace directo por Mondariz, aproveitando a futura saída sur de Vigo, que reduciría o tempo de viaxe a Ourense a 35 minutos, quedando a conexión coa capital de España en dúas horas e tres cuartos. Ademáis a quilometraxe sería considerablemente menor, reducindo polo tanto o custe do servicio...


¿Que carallo pasa aquí?

¡Que son 1500 millón de Euros, impactos ambientais aparte!

¿Que entenden estes por alta velocidade?

0 comentarios: