As autoridades lusas andan divididas pola decisión de invertir ou non facelo na alta velocidade ferroviaria. Este debate faise presente na actual campaña electoral, onde se espera que o noso pobo irmá elixa ó seu próximo goberno entre os centristas do PSD (detractores do AVE) e os socialistas (partidarios do AVE e actuais gobernantes). Nesta luita interna polos votiños, o corredor peor parado semella ser o Vigo-Porto fronte o Lisboa-Madrid.
Hai moita espectación en Galicia posto que é unha obra, a do eixo atlántico, que se considera prioritaria; a pesares dos contínuos retrasos administrativos e técnicos. O tema é que o citado eixo atlántico vai quedar "tolleito" de non facerse a saída sur cara a capital do Doiro.
A candidata do PSD xa tivo tempo de advertir que non se vai a deixar amedrentar polos intereses galegos e que este debate somentes terá un alcanze nacional. Error de bulto, señora candidata. España é un país soberano e Portugal outro, pero se algo nos enseñou a recente historia do noso vello continente é que algunhas cousas nos van ir mellor se as pensamos en grupo. Para iso se creou a Unión Europea e para iso se crearon as Eurorexións dentro da mesma, como mecanismo de cooperación interrexional.
Efectivamente, Galicia e Portugal Norte conforman unha das Eurorexións recoñecidas pola UE. Isto débese ós fortes lazos históricos, culturais e económicos entre ámbolos marxes do río Miño. Por elo, determinadas decisións estratéxicas deberían de adoptarse conxuntamente neste foro e non "a cachos separados".
O que non queren os do PSD
Imaxínense agora A Coruña e Porto a unha hora de distancia, logo fagan o mesmo entre a cidade heculina e Lisboa por tres horas. As actuais conexións por tren entre Galicia e Portugal non merecen ni tan sequera o nome de conexións. ¿Saben cantos costes se poderían aforrar as nosas empresas e canta calidade de vida laboral gañarían os traballadores da estrada se apostamos polos tráficos de mercadorías dunha vez por todas?
O ferrocarril alcanza todo o seu potencial para distancias e densidades de poboación coma a que caracteriza o treito dende A Coruña ata Porto. E sen embargo alguén segue a mirar todo isto coma un gasto elevado en troques dunha inversión de futuro.
Unha pregunta, ¿No caso de non acometer a obra de alta velocidade, alguén me pode dicir se a señora candidata ten algún plan para mellorar as actuais condicións do ferrocarril entre as dúas rexións? Eu, xa tería claro a quen non votar neses comicios. A ver que sucede.