¿BNG-PSOE?

O BNG foi o vencedor das eleccións e obtivo coa axuda do PSOE unha alcaldía á que, aínda co apoio deste último, lle faltaría un concelleiro para gobernar con maioría absoluta. Polo tanto, ¿ É necesario un acordo de goberno para ter unha lexislatura máis sólida que a anterior, na que gobernaron BNG e PSOE cos mesmos concelleiros que agora ten o BNG?

Eu supoño que o BNG pensará que se foron capaces de gobernar con cinco concelleiros entre dous partidos, agora con cinco conceleliros nun solo partido habería máis sinerxia de goberno ó non ter que conxugar dúas posturas políticas. Sen embago a verdadeira sinerxia só se podería conseguir (penso eu) se mantemo-lo esquema de traballo dos últimos catro anos pero repartimo-las tareas entre máis concelleiros (dous máis do BNG e un máis do PSOE). Compre que o BNG xa ten a alcaldía que para iso xa foi o máis votado.