¿Un problema de Mos?

Últimamente estamos a ver manifestacións, cortes na autovía, plataformas mediáticas que, co apoio do vecindario mosense e a súa corporación local; intentar evitar a construcción dunha nova autovía Vigo-Porriño. A razón é ben sinxela, hai alternativas menos custosas financieiramente e que evitarían un novo impacto sobre o territorio. O que se propón non é máis que compensar a AUDASA pola explotación do tramo da AP-9 que enlaza en Puxeiros coa VG-20 e a vella autovía. Esta solución ademáis de menos costosa é mellor ca do proxecto da nova autovía, debido a que distribúe o tráfico de entrada á cidade o chegar á Puxeiros.

Sen embargo eu plantexo: ¿De verdade isto é unha cuestión na que somentes deberían implicarse os vecinos de Mos? ¿Porque é o municipio afectado polas obras? Pois por esa regra se un vive en Louredo pouco lle vai importar o tema, sen embargo non é menos mosense que un de Petelos. A nova autovía se vai a financiar cos cartos de todos e todas, ademáis vai supor un remendo a unha mala utilización de eses mesmos cartos no seu momento. ¿De verdade credes que o que fagan cos nosos impostos tan só lle interesa os mosenses? Se hai alternativas que supoñen menos gasto e maior servizo para todos e todas (non somentes os vecinos de Mos) ¿Porqué carallo se está a vender isto coma un problema local. Non é un problema local. É un problema de como os tontos que temos por políticos malgastan os nosos impostos..., bueno, para que o volvan a facer 15 anos despois entón seremos nos os tontos.

O transporte público

O único xeito, por máis estradas que se fagan, de eliminar o caos circulatorio nas zonas metropolitanas é ter un transporte público eficiente. ¿Como se fai isto? Pois combinando o autobús e o tren de cercanías baixo un réxime de billete único, apostando polos nodos intermodais, onde se poidan facer trasbordos dun xeito áxil e, por suposto, ofrecendo combinación atractivas.

É necesario pois que se estudie isto dun xeito riguroso. Que se aposte por desdobrar a vía de tren entre Vigo e Pontevedra, que se faga un ramal dende Ponteareas e se aposte por unha estación intermodal nesa vila e no Porriño. E que isto se faga, entre outras cousas, independientemente da alta velocidade; por certo menos importante para descargar as cidades do caos circulatorio.

O área metropolitana e o tren

So catro das quince meirandes cidades de España non teñen tren de cercanías. Unha delas é Vigo, e as outras tres non teñen unha zona metropolitana de importancia (Zaragoza, Valladolid e Córdoba).Segundo informes de Renfe, Vigo é o único dos dez grandes centros poblacionais configurados como área metropolitana que carece de cercanías.


Lanzadera a Pontevedra

UXT dende hai anos que leva solicitando un servizo que conecte de forma áxil as Rías Baixas. A súa proposta inicial pasa pola posta en funcionament de un sistema de lanzaderas entre Vigo e Pontevedra, con paradas intermedias en Chapela, Redondela, Cesantes, Arcade y Figueirido, que aproveitarían o actual trazado ferroviario. Segundo estimacións do sindicato, só este eixo tería unha clientela obxectiva de 200.000 persoas, reducindo considerablemente o tráfico entre ámbalas urbes, cifrado en 80.000 coches diarios.


Informes de Renfe

Un informe de esta compañía sobre a sostenibilidade das redes de cercanías pon de manifesto que un 50% dos usuarios do tren en áreas metropolitanas con cercanías correspóndense con potenciais conductores, que, como no caso dos que circulan entre Pontevedra y Vigo, empregan o seus vehículos se no dispoñen dunha alternativa efectiva de ferrocarril. O outro 50% emprega autobuses en ausencia de trens de cercanías. Levado á cifras, a implantación de líneas entre a capital e Vigo permitiría eliminar uns dez mil vehículos ó día do conxestionado eixo viario. Pero os beneficios no rematan ahí. O coste enerxético e a reducción da contaminación son cruciais tamén cara a calcular a rentabilidade do transporte colectivo.

Segundo os propios datos de Renfe, de todo o aforro que se atribúe áas redes de cercanías, o 49% provén da conxestión urbana que logra eliminar. Para Pontevedra, que soporta a diario o tráfico de setenta mil vehículos desprazados só por motivos laborais ou para facer compras, as vantaxes son evidentes. Pero hay outra rentabilidade difícil de cuantificar, a que fai referencia ó aforro que supón evitar accidentes de tráfico. A memoria de sostenibilidade de cercanías realizada por Renfe para facer balance dos costes do servizo entre 1999 e 2003 revela que o 27% da inversión realizada na instalación do servizo nas once cidades españolas que contan coa rede aforrouse en accidentes de tráfico. En total, 621 millóns de euros. A rede de cercanías das Rías Baixas costaría, segundo cálculos realizados pola Diputación, 180 millóns.