Paganos, os de sempre.

Hai un serio problema de partidocracia neste país. Son necesarios os partidos, pero falla a democracia interna. A principal responsable deste caso de transfugismo non é máis que a propia alcaldesa, ela é quen debe saber o que ten, a quen ten e como. Claro, Gerardo Alonso non queda impune neste proceso porque unha cousa é disentir e pasarse ós non adscritos por culpa da inoperante disciplina de voto, e outra cousa ben diferente é pasar a facer frente coa oposición. Iso xa sona doutro xeito.

Falemos das consecuencias. ¿Como se explica que unha comarca tan definida xeográfica e demográficamente, conformada polos concellos de Porriño e Mos, que resulta atravesada por dúas carreteiras nacionais, dúas autovías, unha autopista e unha liña de ferrocaril, que linda coa cidade de Vigo, que xenera unha actividade económica similar á dun área de 200.000 habitantes; apenas conte con 32.000 residentes? Iso é que algo se está a facer mal, e cada vez que suceden episodios coma os do concello de Mos actualmente, pois volvemos a perder 4 anos para avanzar en moitas cousas.

Nidia xa é feliz!


Imaxe : R.Groba | Faro de Vigo

Nidia xa ten o que quería, xa e feliz. Tras uns cantos anos tentándoo, parece que por fin vai sentar na cadeira máis grande do consistorio mosense. E todo gracias as tensións internas do partido, pois isto non deixa de ser un golpe de efecto milimétricamente estudiado dende as altas esferas da diputación provincial que ten coma cabeza visible a Rafael Louzan, compañeiro de Nidia Arévalo (de partido, enténdese).

O caso e que aproveitando que Feijóo está por América casualmente coas eleccións autonómicas en apenas 3 meses, Louzán quixo facerse notar e facerlle un pequeno descosido ó impoluto e irrompible texido popular, personalizado neste caso na figura presidente do PP galego, e decir aquilo de… aquí estou eu!

Hai un pacto antitránsfuga asinado por tódolos partidos, polo cal o PSdeG ínstalle o PP a que o aplique, e asi saiu reflexado por parte de algúns dos altos cargos dos populares autonómicos dicindo que non comparten o pacto pero entenden a iniciativa, e que van ser expedientados pero non se sabe se expulsados. Todos sabemos que é unha mera cortina de fume, que a moción irá adiante e si son expedientados, quizais a resolución tarde un ano e medio (como ocurriu en outro concello galego) e aquí paz e despois gloria con un indulto de por medio.

O poder a calquer prezo, ese podería ser o titular que resuma esta traxicomedia, que quizais nunca debería haber chegado a nada máis que a separación dun concelleiro socialista e converterse en non adscrito e votar en consecuencia baixo a ideoloxía na que concurriu nas eleccións nos plenos que queden ata final da lexislatura.

Feliz nadal Nidia, os reis magos chegaron por adiantado!

Moción de censura en Mos

Así parece ser. El grupo municipal popular del ayuntamiento de Mos, junto al concejal escindido del grupo socialista Gerardo Alonso, presentaron esta mañana una moción de censura contra la actual alcaldesa María Jesús Escudero.

¿Con?moción en Mos


Cada día que pasa teño máis claro que neste país no que os culpables sempre son os outros, e no que en lugar de a fe, é o rancor o que move as montañas.

Os panfletos

O Concello de Mos amenceu hoxe sementado de octavillas, si esta que ilustra este artigo da humilde opinión de un servidor, na que se alertaba dunha moción de censura no Concello, e cheo de descalificativos cara o ex-concelleiro do PSdeG (agora non adscrito) e coa Asociación de empresarios coma cómplice. Tamén recórdalle ó goberno do PP que o goberno gáñase nas furnas, e que todo isto pagarao os veciños de Mos.

A pesares de non estar asinado por ninguén nin ter ningún logo, non fai falla ser moi intelixente para supoñer a autoría de este panfleto, e que demostraron esta vez que cando hai rancor hai mobilización. O que sí é certo e que afirman que este concelleiro vendeu o seu voto ó PP por cartos. Eu creo que non é así.


A chegada e o traballo no Concello

Gerardo Alonso tiña un relevante posto nunha empresa privada, na que xa levaba algún tempo, e convencérono para levar a parte de formación e emprego no Concello, isto é, as mesmas areas as que se adicaba profesionalmente e coñecía ben. De isto infírese que non ten máis intereses políticos que o de desenrolar a súa labor profesional.

Na pasada lexislatura demostrou con feitos a súa valía nesta concellería desenrolando diversos plans en colaboración con diferentes administracións e asociacións, dinamizando a labor do CDL. Foi nesta lexislatura cando xa non recibe o apoio necesario no grupo para continuares cos proxectos xa iniciados.

Se ben é certo que foi elixido como concelleiro baixo as siglas dun partido , cumpriu os seus compromisos adquiridos cos veciños mediante o programa electoral proposto polo PSdeG e polo tanto por él coma parte integrante do mesmo, desenrolando proxectos formativos e de emprego.


Acusacións

As mocións de censura son un instrumento de control ó goberno e que permite axustar a composición do mesmo cando as circunstancias actuais difiren das do inicio da lexislatura. As acusacións de corrupción son bastante severas como para afirmalas sen proba algunha, o igual que denunciar que o PP está facendo prácticas ilícitas para conseguir poder levar adiante esta moción de censura.

Eu creo que a non entrega da sua acta de concelleiro ó partido responde únicamente o trato recibido dende que se coñeceu a súa renuncia, tales como ameazas, agresións….

Ó único que invita este panfleto e ó linchamento público dun concelleiro, a non facer autocrítica (e personalmente creo que sí teñen bastante por diante que facer) e sí a descalificar sen probas a un partido e a unha asociación de empresarios. Ó fin e o cabo se nos vamos ós votos, a diferencia entre o bipartito e o PP é irrisoria, así que non hai tal.