Deixouno ben clariño a conselleira Caride, o anteproxecto da conexión ferroviaria por liña de alta velocidade entre as cidades de Vigo e Ourense está a piques de sair no BOE. Se finalmente fan o recorrido por Cerdedo, polo que habería que subir uns cantos kilómetros ó norte da cidade de Pontevedra para entroncar en O Carballiño na liña que ven de Santiago, no xeito de facelo por Ponteareas (máis directo e lóxico) tal e como se está a propoñer dende sindicatos e profesionais a título propio; daremos boa conta da pouca perspectiva que teñen os nosos políticos.
Parece máis importante cumprir o propósito de que tódalas capitais estén conectadas por AVE que facer un plan que responda do mellor xeito ás necesidades de cada territorio. O que necesita a nosa comunidade son servizos de rexionais e de cercanías. Non é tan preciso facer unha conexión de alta velocidade entre Vigo e Ourense, pero xa de facela que sexa por Ponteareas e non polo quinto pino. Un servizo potente de rexionais, xa por vías novas ou por vías vellas, é polo que deberíamos puxar entre todos. Do AVE a Madrid ou Oporto que se ocupen os señoritos.

0 comentarios:
Publicar un comentario