Mostrando entradas con la etiqueta sociedade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sociedade. Mostrar todas las entradas

A seguridade vial no corredor do Morrazo

O incremento de accidentes mortais no corredor do Morrazo está xerar moitisimas peticións acerca da enésima conversión dunha estrada desas características en autovía. Os nosos instintos como individuos, ante un problema social coma é o da seguridade vial, nos levan a pedires a quen lle toque o tomar cartas no asunto.

Se analizamos os diferentes accidentes, os factores que os motivaron, chegamos a conclusión que na meirande parte deles non ten que ver nen o deseño, nen a sinalización da estrada, senón un grave fallo humano por incumplimento dalgunha norma de circulación.

Curvas abertas, peraltes ben definidos, cambios de rasante suaves... Cabe a posibilidade de que a nosa educación vial non sexa a máis adecuada para circular con seguridade a 100 km/h nunha vía única e sen mediana?


No caso do Morrazo, se poden trazar carrís de vehículos pesados nalgúns tramos onde non existen e aproveitando que o desmonte xa feito o permite. Pero non podemos propoñer o facer unha autovía cada vez que teñamos un problema de conxestión ou seguridade vial entre dúas vilas, resulta insostenible económica e medioambientalmente.

Son máis partidario de que a xente se responsabilice de que o coche é un instrumento que permite a comunicación e o transporte dun xeito áxil e flexible, pero que tomado á lixeira pode convertirse nunha trampa mortal...

Mañán Sábado 16 de Xaneiro as doce está convocada unha nova concentración veciñal, tal e como foi sucedendo cada Sábado do mes pasado. Segundo se informa dende esta plataforma o sentir do grupo que a integra é dun ánimo renovado, sendo conscentes de que a eliminación do paso a nivel polo centro da vila será unha tarea ardua e longa no tempo.

Fontes da propia plataforma quixeron facer saber o seu malestar tanto co delegado do goberno, Antón Louro, coma co alcalde do Porriño, Raúl Francés, ante a inexistente iniciativa, para poder expresar as súas reivindicacións en persoa á propia figura do delegado, de poder organizar un encontro en persoa e coa mediación do alcalde mesmo.

O negocio da música

Xa o dicía o ministro de propaganda da Alemaña nazi, Goebbels, aquilo de que unha mentira repetida mil veces convírtese nunha gran verdade. Tomaron boa nota na sede da SGAE deste lema, e dende hai xa bastantes anos, coincidindo co auxe da red de redes, levan reiterando as consecuencias que a descarga ilegal de música provoca nos artistas, isto é, inmensas perdas económicas. Pois ben, nada mais lonxe da realidade, o único que prentenden con esta falaz afirmación é soster unha industria que se alimenta coma un carracho do sangue dos propios músicos.


Dicir que todo álbum de música descargado é un menos que se vende é a base coa que se quere criminalizar a boa parte da sociedade, cando realmente ós que nos gusta a música,  acabamos mercando o propio compacto cando o prezo é máis acorde á realidade, e non pagando incluso o triple polo mesmo producto. Moi boa parte desas descargas por certo nunca se chegaría a mercar se houbese que pagar o que se ven pedindo por un producto cuio artista apenas recibe un 10% do total.

Un vulgar panfleto periodístico coma The Times –léxase con sorna– publicaba na súa edición dixital semanas atrás un interesante estudo económico dos últimos 5 anos da industria discográfica. Nel amósanse a evolución dos 3 pilares básicos de ingresos da industria musical.
  • Venta de música gravada.
  • Música en vivo (concertos).
  • Recadación monetaria a partir dos dereitos de uso da música reproducida en áreas públicas.

Estas categorías divídense no gráfico (click para ampliar) na parte que ingresa a industria discográfica e a do artista.






Namentres a xente merca menos discos (o cal sona excesivamente lóxico, cada día menos persoas vense interesadas por modelos de venta e formatos físicos caducos) as afluencias ós concertos medran, chegando ó punto que en 2010 o total do recaudado en eventos puede ser maior do ingresado por ventas de discos. E considerando que a mayoría dos ingresos dos conciertos van directamente ó artista, podemos concluir que a música de ningún xeito está en perigo.

Sinxelamente a moitos multimillonarios das discográficas non lles interesa mudar o modelo establecido e susténtanse en organizacións como a SGAE, que se adica a cobrar dereitos de autor polo uso de cancións para animar alguna verbena nalgún remoto pobo, impide a difusión da cultura por medio de querelas contra representacións de ilustres obras teatrais por compañías amateur…etc etc a chupar do bote a outro lado!.