El criterio oficial de que el PP sólo gobernará en los ayuntamientos donde haya sido la fuerza más votada podría ponerse en cuestión en al menos cuatro municipios, dos de la provincia de Pontevedra y otros dos de A Coruña, donde otros partidos han superado los votos populares en las urnas pero donde existen circunstancias que podrían determinar a sus candidatos a pasar por encima de la doctrina oficial del PP gallego, insistentemente recordada en la campaña por Alberto Núñez Feijóo.Es el caso de O Porriño.

El BNG ha ganado las elecciones municipales de 2007 en Porriño, pasando de tres a cinco concejales. Es el mismo número de ediles con que el nacionalista Raúl Francés ha gobernado en el actual mandato, tres propios y dos del PSOE, en una corporación de 17. Ahora, los dos partidos han crecido hasta sumar ocho concejales y quedar a uno de la mayoría.

En ese municipio la mayoría absoluta vendría dada por la suma del PP (cuatro ediles) y dos grupos independientes, CXP (tres) e IP (dos), identificados todos, según el cabeza de lista popular, Manuel Carrera Punzón, por ser de derechas, lo que justificaría su alianza, "tras consentir en el actual mandato el gobierno de la izquierda". "Ahora ya sabemos que ésa no es la voluntad de los ciudadanos, que ha votado derecha", dice."Creo que tenemos derecho y debemos aspirar a gobernar", añade Carrera, para quien esas circunstancias de O Porriño deberían estar en su ayuntamiento por encima de las orientaciones generales del partido. Por lo menos lo va a intentar.



Artículo completo

Raúl Francés: Un goberno refrendado

por play_creole


O goberno liderado por Raúl Francés en coalición cos socialistas, que entrou de rebote hai catro anos, foi totalmente refrendado tralos comicios do Domingo. A suma de votos supera o 40% do total emitido e o número de concelleiros ascende a oito, quedando todavía en mellor posición que fai oito anos cando sumaron cinco concelleiros. É precisamente o PP o que se afunde cedendo eses tres concelleiros ó actual equipo de goberno. A maior subida do BNG respecto a correspondente do PSOE pódese deber ó “efecto sillón” ó te-la titularidade da alcaldía os nacionalistas.

Pola súa banda os partidos independentes, en principio de centro-dereita, suman a mesma porcentaxe de votos e os mesmos concelleiros que hai catro anos. Pero agora repartidos en dúas listas, onde Nelson Santos lle gañou a partida ó seu ex xefe de filas Gonzalo Ordoñez; tres e dous concelleiros respectivamente.

Sería absurdo que o bloque de centro dereita se sumase para evitar unha nova investidura de Raúl Francés por varias razóns. A primeira é evidente, ¿Por que separarse por dúas veces se despois te vas a xuntar? A segunda débese a que responden a tres tendencias ben diferenciadas: O barrismo, a insurrección ó barrismo e unha nova alternativa que rexeita as formas destes. En terceiro lugar unha oposición BNG-PSOE sería moito máis homoxénea que un goberno formado polas tres candidaturas de centro dereita e a gobernabilidade non estaría garantizada pois tanto Nelson coma Carrera coma Gonzalo deberían estar sempre de acordo para levar adiante cada iniciativa. Veremos que pasa.

Eleccións municipais 2007: Resultado nas parroquias do Porriño

Se empregásemos os votos das parroquias para elexir ós 17 concelleiros da corporación, as cousas cambiarían bastante, pero aínda así sería un goberno máis progresista do que o era na pasada lexislatura.

Obsérvase que o PP ten nas parroquias boa parte dos votos obtidos, e que éstas lle permitiron acadar 4 concelleiros. O BNG sería a segunda forza máis votada seguida por Ciudadanos por Porriño e Independientes do Porriño. O PSdeG baixaría do 2º posto do voto urbán ata a última posición.

Eleccións municipais 2007 no Porriño: o voto urbán

Aproveitando os datos colleitados nas mesas electorais de O Porriño e Torneiros, os dous cascos urbáns da vila, que representan o 52,7% dos votos totais, confeccionamos como quedaría o reparto de concelleiros.

Salientar que o BNG acadaría o seu 6º concelleiro a costa do 4º do PP. Polo que se pon de manifesto que o descenso do PP sería ainda maior de non ser polas parroquias restantes. O resto de forzas non cambian a súa representación con esta ampla mostra.


Resultados das eleccións municipais 2007 no Porriño

O BNG foi o gran vencedor na vila do granito rosa, acadando 5 concelleiros, e adiantando ó PP; algo inédito. Ainda que a maioría de votos pertencen a grupos de dereitas e as suas escisións (PP, CxP, IdP), semella que a incapacidade para alcanzar acordos, as promesas electorais de algún candidato de non dar os seus votos a ninguén imposibilitarían o goberno tripartito. O PSOE pola súa banda acada un tercer concelleiro.


Resultados das eleccións municipais 2007 en Mos

Seguirá no concello un goberno progresista encabezado por Mª Jesús e o seu equipo, que acadaron 6 concelleiros, ós que sumados os 3 concelleiros do BNG alcanzarían a maioria suficiente para gobernar.


Pleno sobre a variante do paso a nivel no Porriño


Onte tivo lugar no Porriño unha sesión plenaria para acordar unha resolución contra o Ministerio de Fomento polo trato ó Concello respecto do tema da nova variante ferroviaria e o trazado do AVE.

Despois de máis de 20 anos solicitando a supresión do paso a nivel, agora parece que a ninguén lle gusta. ¿Por qué? ¿Porque fose un só partido político o que levase a cabo as negociacións pertinentes? Agora semella que o de menos e acadar tal proxecto, tan positivo para Porriño.
O que lle pedían a Fomento era que viñese a facer a proposta sobre o terreo, que a contrastaran cos técnicos municipais e veciños, que os proxectos non se poden facer sentados nunha oficina en Madrid. Agora vai resultar que hai que soltar ós enxeñeiros cunha cinta métrica campo a través discutindo cos veciños ós que lle atravesa a leira a nova infraestructura. Evidentemente o de falalo co Concello non está de máis.
Case tódolos partidos, excepto o PSOE estaban segurísimos que había unha alternativa mellor a que propón Fomento, pero ninguén soubo decir porque non vale esta proposta, e moito menos propor unha nova alternativa, todo foi palabrería demagóxica, todos estaban a favor dos veciños, pero o máis triste de todo e que nin sequera sabían qué reivindicaban as 1500 firmas veciñais que achegaron ó pleno, isto provocou que tiveran que andar a emendar o texto da resolución. Todo cheiraba a unha pataleta, que as eleccións están á volta da esquina e iso conta, e polo visto máis que o interese xeral. Xa van máis de dous meses e medio dende a publicación do proxecto no BOE e semella que non se lles ocurriu nada mellor que solicitar máis tempo a Fomento, incluso no borrador inicial se fixaban 6 meses de ampliación do plazo.
Mención aparte merece a intervención de Gonzalo Ordoñez, que se erixiu en adaíl do pobo cas súas propostas. Xa dixera el, hai anos, que a solución era soterrar a vía dende O Cerquido ata os Valos, 15 quilómetros de vía en túnel para eliminar un paso a nivel, iso e cabeza, si señor. E se non se levara a cabo era porque estabamos en Galicia, se isto fose Cataluña sería distinto, atreveuse a afirmar. Tamén falou do impacto visual, da ruptura de Torneiros en dous, e doutros temas que segundo a alternativa proposta pouco teñen que ver ca realidade. Incluso chegou a comparar a situación do goberno local coa situación política no Ulster.
Para quen non o saiba, o trazado alternativo que propón Fomento discorre a beira da A-55 á súa mesma altura, é dicir, que non rompe nada, e calquera dos impactos que poida ter son os mínimos. As expropiacións serán mínimas posto que ocupa terreos xa afectados pola propia autovía. Pero aínda así todos estaban convencidos de que é necesario 6 meses para estudiar o tema. O moi pouco ven, ou as urnas pesan mais que o interese xeral.
Ninguén mencionou a construcción en Torneiros dunha estación intermodal de tren e autobus, ninguén dixo que Porriño iba a quedar conectado con Vigo en tempos inferiores a 10 minutos, fronte ós 30 ou máis actuais. Semellaba que había moito enxeñeiro no pleno, pero pouco senso común.
Evidentemente que por algures terá que pasar a liña, o que non se pode facer e dicir que afecta ós veciños, pois claro, coma calquera infraestructura de nova creación, o realmente importante e que esas persoas con propiedades afectadas, reciban un bo prezo pola expropiación, por iso é polo que hai que loitar, entre outras cousas.
O que vai propiciar este novo emprazamento e que o casco urbán do Porriño e Torneiros non sexan separados polas vías, que dunha vez por todas se poidan conectar por medio de rúas e parte do espacio sexa ocupado por zonas verdes e servicios.

En fin,
¡Que viva o paso a nivel!