Mostrando entradas con la etiqueta Pontevedra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pontevedra. Mostrar todas las entradas

Viva o transporte privado!

Apenas unhas semanas despois da presentación da Ley de Economia Sostenible, chegan novas das liñas xerais dos futuros investimentos do Ministerio de Fomento en Galicia. Non se pode entender que sigamos empeñados en seguir ampliando estradas co gallo de que se colapsan en troques de facer unha aposta clara polos medios de transportes colectivos. Se continuamos con esta nefasta xestión do transporte e mobilidade acabaremos con unha AP-9 de 13 carrís por sentido, e a nosa señora da Guía poñéndose tacóns se quere ver o Morrazo.



Esta ampliación entre Teis e o enlace do Morrazo terá un custo de máis de 173 millóns de euros, o que hai que sumar o desdobramento da autopista o seu paso pola capital galega (tamén anunciado por José Blanco). Compre lembrar que tamén está en trámites a construcción a A-57, unha autovía que conectará Pontevedra con Puxeiros e Porriño, polo tanto deslexitima directamente a ampliación de esta autoestrada de peaxe ata 2048. O bombardeo dende os medios da zona cos continuos colapsos neste tramo por mor de accidentes (como en calqueira outra via de alta capacidade) dende hai anos, semella que calou na sociedade.  De feito o Faro de Vigo publicou na edición impresa do domingo, as valoracións de 7 persoeiros da sociedade politica e empresarial da comarca apoiando esta ampliación, demostrando a calidade dos dirixentes que ocupan os postos de responsabilidade de dirección ou xestión.

Tamén segue os seus pasos a futura autovia Vigo-O Porriño, outra estrada para terminar de colapsar o territorio de piche e formigon, para correxir os erros dunha estrada que non cumple o mais minimo dos requisitos lóxicos de seguridade e trazado e que a día de hoxe non se saldou con ningun responsable expulsado da función pública de por vida.

Non podemos ser inxustos, e tamen hai que felicitar o Ministerio de Fomento que tamén aposta polo transporte público, facendo unha conexión "directa" por Cerdedo para a liña Vigo-Madrid subindo 20 km ao norte de Pontevedra para a Liña de Alta Velocidade, non captando o tráfico do norte de Portugal e que non permitirá competir en tempos co coche en traxectos como Vigo-Ourense, algo totalmente impresentable e inaceptable.

O área metropolitana e o tren

So catro das quince meirandes cidades de España non teñen tren de cercanías. Unha delas é Vigo, e as outras tres non teñen unha zona metropolitana de importancia (Zaragoza, Valladolid e Córdoba).Segundo informes de Renfe, Vigo é o único dos dez grandes centros poblacionais configurados como área metropolitana que carece de cercanías.


Lanzadera a Pontevedra

UXT dende hai anos que leva solicitando un servizo que conecte de forma áxil as Rías Baixas. A súa proposta inicial pasa pola posta en funcionament de un sistema de lanzaderas entre Vigo e Pontevedra, con paradas intermedias en Chapela, Redondela, Cesantes, Arcade y Figueirido, que aproveitarían o actual trazado ferroviario. Segundo estimacións do sindicato, só este eixo tería unha clientela obxectiva de 200.000 persoas, reducindo considerablemente o tráfico entre ámbalas urbes, cifrado en 80.000 coches diarios.


Informes de Renfe

Un informe de esta compañía sobre a sostenibilidade das redes de cercanías pon de manifesto que un 50% dos usuarios do tren en áreas metropolitanas con cercanías correspóndense con potenciais conductores, que, como no caso dos que circulan entre Pontevedra y Vigo, empregan o seus vehículos se no dispoñen dunha alternativa efectiva de ferrocarril. O outro 50% emprega autobuses en ausencia de trens de cercanías. Levado á cifras, a implantación de líneas entre a capital e Vigo permitiría eliminar uns dez mil vehículos ó día do conxestionado eixo viario. Pero os beneficios no rematan ahí. O coste enerxético e a reducción da contaminación son cruciais tamén cara a calcular a rentabilidade do transporte colectivo.

Segundo os propios datos de Renfe, de todo o aforro que se atribúe áas redes de cercanías, o 49% provén da conxestión urbana que logra eliminar. Para Pontevedra, que soporta a diario o tráfico de setenta mil vehículos desprazados só por motivos laborais ou para facer compras, as vantaxes son evidentes. Pero hay outra rentabilidade difícil de cuantificar, a que fai referencia ó aforro que supón evitar accidentes de tráfico. A memoria de sostenibilidade de cercanías realizada por Renfe para facer balance dos costes do servizo entre 1999 e 2003 revela que o 27% da inversión realizada na instalación do servizo nas once cidades españolas que contan coa rede aforrouse en accidentes de tráfico. En total, 621 millóns de euros. A rede de cercanías das Rías Baixas costaría, segundo cálculos realizados pola Diputación, 180 millóns.