Apenas unhas semanas despois da presentación da Ley de Economia Sostenible, chegan novas das liñas xerais dos futuros investimentos do Ministerio de Fomento en Galicia. Non se pode entender que sigamos empeñados en seguir ampliando estradas co gallo de que se colapsan en troques de facer unha aposta clara polos medios de transportes colectivos. Se continuamos con esta nefasta xestión do transporte e mobilidade acabaremos con unha AP-9 de 13 carrís por sentido, e a nosa señora da Guía poñéndose tacóns se quere ver o Morrazo.
Esta ampliación entre Teis e o enlace do Morrazo terá un custo de máis de 173 millóns de euros, o que hai que sumar o desdobramento da autopista o seu paso pola capital galega (tamén anunciado por José Blanco). Compre lembrar que tamén está en trámites a construcción a A-57, unha autovía que conectará Pontevedra con Puxeiros e Porriño, polo tanto deslexitima directamente a ampliación de esta autoestrada de peaxe ata 2048. O bombardeo dende os medios da zona cos continuos colapsos neste tramo por mor de accidentes (como en calqueira outra via de alta capacidade) dende hai anos, semella que calou na sociedade. De feito o Faro de Vigo publicou na edición impresa do domingo, as valoracións de 7 persoeiros da sociedade politica e empresarial da comarca apoiando esta ampliación, demostrando a calidade dos dirixentes que ocupan os postos de responsabilidade de dirección ou xestión.
Tamén segue os seus pasos a futura autovia Vigo-O Porriño, outra estrada para terminar de colapsar o territorio de piche e formigon, para correxir os erros dunha estrada que non cumple o mais minimo dos requisitos lóxicos de seguridade e trazado e que a día de hoxe non se saldou con ningun responsable expulsado da función pública de por vida.
Non podemos ser inxustos, e tamen hai que felicitar o Ministerio de Fomento que tamén aposta polo transporte público, facendo unha conexión "directa" por Cerdedo para a liña Vigo-Madrid subindo 20 km ao norte de Pontevedra para a Liña de Alta Velocidade, non captando o tráfico do norte de Portugal e que non permitirá competir en tempos co coche en traxectos como Vigo-Ourense, algo totalmente impresentable e inaceptable.
0 comentarios:
Publicar un comentario