Alguén debería explicarlle os políticos de Vigo (e a moitos dos seus habitantes) que a futura lei que regulará o área metropolitana se fai precisamente para mancomunar servizos que se consideran de interese conxunto.

Dito doutro xeito. O mecanismo legal polo que a cidade olívica poderá por fin presumir de ser capital de algo, gañando competencias e incrementando a súa participación nos fondos do estado; non lle pode sair gratis se da relación entre a cidade e o resto dos concellos integrantes falamos.


Efectivamente, un servizo tan relacionado coa dinámica metropolitana coma é o transporte público e a súa promoción creando e subvencionando un billete intermodal; non ten sentido que non conte coa participación financeira daquel municipio que se erixe coma lider dese espazo metropolitano.

O plan de transporte metropolitano da Xunta de Galicia ten previsto que a cofinanciación do billete, grazas a cal os trasbordos lle sairán gratis o usuario, sexa dun 20% para os concellos, asumindo a propia Xunta o restante 80%. Dende o concello de Vigo din que a colaboración cos urbanos de VITRASA xa resulta dabondo e que non pretenden financiar ningún servizo que non beneficie directamente ós seus cidadáns.

Unha cidade se pode beneficiar moito dun sistema de transporte público eficiente, tanto coma os residentes de fora da mesma. Se imos a enfrontar tan gratuítamente os intereses da propia cidade dos que poidan ter as vilas, será mellor que no Porriño e Mos (municipios con grande actividade laboral externa) replantexemos se queremos seguir adiante coa lei do área metropolitana. Ou estamos todos dentro, ou todos fora. Nada de medias tintas. Urxe unha reacción dos alcaldes.

Precisamente tras os últimos apuntes sobre o pouco apoio que está a levar o transporte público na nosa terra, acontece unha boa nova. Xa temos escrito acerca do plan de transporte metropolitano, unha cuestión que ven da anterior Xunta de Galicia. A boa nova ten que ver cun impulso a esta iniciativa.

Estes días, nos paneis luminosos das paradas de autobús no centro do Porriño, o goberno municipal acaba de publicar una información escueta pero concisa: "proximamente novo directorio de autocares".

Este anuncio coincide co relanzamento da actual Xunta ó citado plan de transporte metropolitano, o cal compre lembrar que contempla o billete único para trasbordos, a implantación de importantes descontos cunha tarxeta moedeiro e a mellora de frecuencias e rutas de interese.

Precisamente o director de mobilidade, Miguel Rodriguez Bugarín, reuniuse fai pouco con representantes dos concellos interesados da zona de Vigo co gallo de que o plan entre en funcionamento antes de finalizar o presente ano. Así se informa dende a páxina web do propio plan.


Moaña alerta que la ampliación de Rande tendrá un «efecto embudo»

Viva o transporte privado!

Apenas unhas semanas despois da presentación da Ley de Economia Sostenible, chegan novas das liñas xerais dos futuros investimentos do Ministerio de Fomento en Galicia. Non se pode entender que sigamos empeñados en seguir ampliando estradas co gallo de que se colapsan en troques de facer unha aposta clara polos medios de transportes colectivos. Se continuamos con esta nefasta xestión do transporte e mobilidade acabaremos con unha AP-9 de 13 carrís por sentido, e a nosa señora da Guía poñéndose tacóns se quere ver o Morrazo.



Esta ampliación entre Teis e o enlace do Morrazo terá un custo de máis de 173 millóns de euros, o que hai que sumar o desdobramento da autopista o seu paso pola capital galega (tamén anunciado por José Blanco). Compre lembrar que tamén está en trámites a construcción a A-57, unha autovía que conectará Pontevedra con Puxeiros e Porriño, polo tanto deslexitima directamente a ampliación de esta autoestrada de peaxe ata 2048. O bombardeo dende os medios da zona cos continuos colapsos neste tramo por mor de accidentes (como en calqueira outra via de alta capacidade) dende hai anos, semella que calou na sociedade.  De feito o Faro de Vigo publicou na edición impresa do domingo, as valoracións de 7 persoeiros da sociedade politica e empresarial da comarca apoiando esta ampliación, demostrando a calidade dos dirixentes que ocupan os postos de responsabilidade de dirección ou xestión.

Tamén segue os seus pasos a futura autovia Vigo-O Porriño, outra estrada para terminar de colapsar o territorio de piche e formigon, para correxir os erros dunha estrada que non cumple o mais minimo dos requisitos lóxicos de seguridade e trazado e que a día de hoxe non se saldou con ningun responsable expulsado da función pública de por vida.

Non podemos ser inxustos, e tamen hai que felicitar o Ministerio de Fomento que tamén aposta polo transporte público, facendo unha conexión "directa" por Cerdedo para a liña Vigo-Madrid subindo 20 km ao norte de Pontevedra para a Liña de Alta Velocidade, non captando o tráfico do norte de Portugal e que non permitirá competir en tempos co coche en traxectos como Vigo-Ourense, algo totalmente impresentable e inaceptable.