Mostrando entradas con la etiqueta sondaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sondaxe. Mostrar todas las entradas

SONDAXE: O billete metropolitano e as suvbencións

O novo plan de transporte metropolitano, que sustituirá os implantados en Santiago, A Coruña e Ferrol; ademáis de debutar en Vigo, inclue unha serie de suvbencións a cargo da Xunta e os concellos implicados coa finalidade de abaratar o custe dos billetes. As novidades do plan tamén son outras -trasbordos, tarxeta de usuarios, máis servizos, novo esquema tarifario por zonas en troques de kilómetros- pero quixemos centrar o debate na necesidade de ter que suvbencionar ás compañías para que estas rebaixen os prezos.

A suvbención ás compañías de transporte público ten unha xustificación económica. Como sabedes, incentivar o uso do transporte público nas áreas urbanas supón unha reducción da contaminación ambiental e da conxestión do tráfico no centro das cidades. A clave reside en que os costes que asume todo usuario de automóvil son inferiores ós que xenera en termos medioambientais -cada vez en menor medida- e de conxestión. Entón a elección entre transporte privado ou público por parte dese usuario non se fai en termos de igualdade entre ámbolos medios -independente de que na práctica non haxa alternativa pois o servizo de buses e trens aquí é malo, cousa que se pretende solucionar coas outras iniciativas do plan-.

A polémica xurde cando os servizos suvbencionados non son deficitarios por si mesmos e, trala reducción nos prezos, estes reciben un forte impulso de usuarios e, polo tanto, de facturación para as compañías. Por iso nos fixemos o sondeo e por iso barallábamos a posibilidade de que non tivera moito apoio. Unha vía de solucionar isto podería consistir na suvbención coa clausula de que superado uns determinados umbrais de facturación, a transferencia se vaia recortando. Deste xeito poderíamos aforrar unha boa chea de cartos das arcas públicas sen menoscabar o obxectivo de darlle pulos o transporte colectivo.

SONDAXE: A iniciativa de derribar o centro de interpretación

Quixemos preguntar acerca desta posible fin do "caso centro interpretación gándaras".

A resposta foi abrumadora, prácticamente tódolos participantes opinaron como errónea sobre esta idea.

Sabemos que a nosa é unha mostra moi pequena, pero tendo en conta o resultado tan maioritario non resultaría prepotente concluir que o pobo non respalda a destrucción dunhas instalacións, que ben poderían ser reutilizadas cunha inversión engadida, antes que dar por tragados polo water centos de miles de Euros.

Sondaxe : O plan de reactivación para os municipios

Como xa se falou no seu momento, os concellos van a recibir unha importante cantidade de cartos procedentes do estado e co obxectivo de por en marcha iniciativas que estimulen a creación de emprego e a obra pública. Quixemos ir máis aló das directrices marcadas polo plan estipulado, quixemos preguntarvos que opinades acerca dos posibles usos dun recurso extra nas arcas municipais, considerando diferentes alternativas.

O máis salientable do noso humilde sondeo é que ó considerar a mellor alternativa, a maioría se decanta polas axudas directas ás familias e empresas. Isto representa unha postura máis progresista, máis esixente que a tradicional dedicación dos cartos á realización de obras, as cales xa poderían estar cubertas có presuposto ordinario. Agora ben, no canto de ter que elexir unha obra prioritaria non nos poñemos dacordo, non hai unha aposta maioritaria nin conservadora (por exemplo, arranxo de estradas) nin algo máis avanzada (por exemplo lanzarse a construcción dun auditorio).

Gustaríanos sinalar que tódalas alternativas contempladas son factibles baixo o presuposto de case tres millóns de Euros, ademáis a estación de autobuses non a consideramos como unha alternativa debido a que esta xa está pendente da nova estación de tren cando se faga a variante ferroviaria.


Encantados estamos coa movida provocada polo tratado neste blog acerca das responsabilidades no estado de abandono do edificio sufragado, en gran parte, pola UE. A propia UE resulta danmificada polos nosos lectores. ¿Acaso deben presupoñer ata tal punto onde meten os cartos? Somos conscientes da movida creada en foros coma o da Nova Culebra. Fantástico. Aínda así cremos que especificar unha culpabilidade para políticos sen responsabilidade directa non sería moi riguroso. En calqueira caso o apartado de "outros" somentes recibiu un apoio. Resultado abrumador, culpable o alcalde Raúl Francés; ou se queredes, o máximo responsable da concellería de medio ambiente e do goberno encargado de recibir o resultado das obras.

Peche de sondaxes : A moción de censura en Mos


Achégase o día 12. Os partícipes deste blog quixemos saber que opinades acerca do que, a priori, vai suceder no concello da parte alta da Louriña. Esperábamos máis participación tendo en conta o ritmo de visitantes, o morbo que teñen estes temas e os votos da anterior sondaxe. Aínda así, toda participación é satisfactoria. Os 15 votos recollidos parecen mostrar unha división de opinións. Por dous votos gañou a censura á outra censura.