O novo plan de transporte metropolitano, que sustituirá os implantados en Santiago, A Coruña e Ferrol; ademáis de debutar en Vigo, inclue unha serie de suvbencións a cargo da Xunta e os concellos implicados coa finalidade de abaratar o custe dos billetes. As novidades do plan tamén son outras -trasbordos, tarxeta de usuarios, máis servizos, novo esquema tarifario por zonas en troques de kilómetros- pero quixemos centrar o debate na necesidade de ter que suvbencionar ás compañías para que estas rebaixen os prezos.
A suvbención ás compañías de transporte público ten unha xustificación económica. Como sabedes, incentivar o uso do transporte público nas áreas urbanas supón unha reducción da contaminación ambiental e da conxestión do tráfico no centro das cidades. A clave reside en que os costes que asume todo usuario de automóvil son inferiores ós que xenera en termos medioambientais -cada vez en menor medida- e de conxestión. Entón a elección entre transporte privado ou público por parte dese usuario non se fai en termos de igualdade entre ámbolos medios -independente de que na práctica non haxa alternativa pois o servizo de buses e trens aquí é malo, cousa que se pretende solucionar coas outras iniciativas do plan-.
A polémica xurde cando os servizos suvbencionados non son deficitarios por si mesmos e, trala reducción nos prezos, estes reciben un forte impulso de usuarios e, polo tanto, de facturación para as compañías. Por iso nos fixemos o sondeo e por iso barallábamos a posibilidade de que non tivera moito apoio. Unha vía de solucionar isto podería consistir na suvbención coa clausula de que superado uns determinados umbrais de facturación, a transferencia se vaia recortando. Deste xeito poderíamos aforrar unha boa chea de cartos das arcas públicas sen menoscabar o obxectivo de darlle pulos o transporte colectivo.
0 comentarios:
Publicar un comentario