A dirección da factoría PSA-Citröen da cidade olívica asegura que nestes intres o exceso de plantilla vai levar a non renovación de 900 postos de traballo ata o mes de Abril. Como ben sabedes o sector da automoción está a sufrir a contracción da demanda dun xeito especial nestes tempos de crise. Xa van meses caendo a produción e os stocks todavía seguen acumulándose, o que nun sistema de producción "just in time" obriga a empresa a reducir recursos productivos dun xeito inmediato para acomodarse á demanda actual. A reducción de plantilla somentes afectará ós contratos eventuais. Espérase que neste ano 2009 o nivel de producción acade a cota do ano 1997, por debaixo dos 300 mil vehículos. Por outra banda, o paquete de medidas de apoio financeiro que se está a deseñar dende a administración pública, debido ó peso específico que este sector ten no emprego estatal, anúnciase que deberán ser devoltas nun prazo máximo de quince anos, contando unha futura saída desta crise e tamén contando que a situación financeira do sector non está a presentar problemas engadidos.

Máis baixada de xuros.
O Banco Cental Europeo acaba de publicar unha nova baixada de tipos de interés, facendo chegar o tipo oficial ó nivel do 2%. Non está nada claro entre os analístas que este tipo de medidas vaian impactar demasiado na recuperación do crédito e da demanda da economía a curto prazo, isto por motivos do funcionamento do sistema financeiro. En calqueira caso, espérase que o abaratamento dos créditos prosiga o seu curso ó longo do ano.



Artigo recomendado para interesados no tema da crise económica:

0 comentarios: