Dende hai moitos anos que se ven falando da modificación das leis electorais, algo tan necesario para os cidadáns coma indixesto para os partidos. Parece que ninguén lembraba que as eleccións autonómicas tocaban en 2009 e pillaron a tódolos partidos en fora de xogo antes de mover unha soa coma da lei.
O caso é que ata o momento o sistema de votación no estranxeiro semellaba dunha seriedade digna de un país de terceira rexional, polo que en fundamento paréceme ben este requisito, xa que o apostre o ter o DNI ou o pasaporte español en regra non fai outra cousa que dar unha pequena mostra de interese pola súa terra.
Namentres Touriño se lamenta do movemento feito dende Ferraz, tanto PP coma BNG aproveitaron para cargar as tintas contra o xefe do executivo galego neste asunto. Supoñemos tamén que si tan de acordo estaban nesta materia puideron chegar antes a un acordo parlamentario.
Dáse a paradoxa que agora, nos últimos minutos do encontro, o PP, si, o mesmo que botou 15 longos anos no poder, lembrou que a lei electoral non era xusta e que o voto exterior debería facerse con garantías e decidiu –agora que xa non manda en Monte Pío–, interpor unha reclamación ante a Junta Electoral Central, manda truco!
Non se pode vender ós cidadáns unha vontade de cambio nas leis electorais e ter que chegar ós seguintes comicios sen unha lei aprobada no Hórreo para regular un sistéma tan anacrónico coma inxusto. ¡Que son votos non compostelanas!.
Non se pode vender ós cidadáns unha vontade de cambio nas leis electorais e ter que chegar ós seguintes comicios sen unha lei aprobada no Hórreo para regular un sistéma tan anacrónico coma inxusto. ¡Que son votos non compostelanas!.
0 comentarios:
Publicar un comentario