Por todos é sabido que según sexan as siglas do poder neste concello ou naquel, según coincidan coas siglas que no momento gobernen en Santiago ou na provincia, pois establécese unha certa rede de favoritismos á hora de facer isto ou aquilo neste o naquel concello. O BNG goberna no Porriño, o PP ostenta o poder na anacrónica Deputación de Pontevedra e un goberno de coalición PSOE-BNG manda na Xunta de Galicia. É de esperar (desgraciadamente porque iso non debería ser así) que certas inversións promovidas polo goberno provincial sexan máis complicadas de ver nos concellos nos que goberna as esquerda. Sen embargo isto non foi inconveniente para levar a cabo, por exempo, a reforma do campo municipal do Cototorrón en Tameiga, Mos. A clave é conseguir o acordo coa Deputación. Sen embargo no caso do Porriño as cousas xa foron máis aló. O proxecto de construcción do novo campo do Atios case se deixa estar a medio facer. E a insistencia do Porriño Industrial para reformar as súas instalacións tivo que resolverse por mediación "ex profeso" da Xunta de Galicia a modo lavado de cara do que aquí aconteceu, ou máis ben non aconteceu. Semella que xa non chega coa cor política do alcalde e do presidente provincial, senón o feito de que non haxa sintonía "persoal" entre ambas partes resulta máis importante que a consecución dunha infraestructura NECESARIA no concello. Triste historia, en fin...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario