É unha proposta, a de mover a fronteira con Portugal uns quilometriños cara o norte. Así non teríamos que preguntarnos porqué dende Vigo os seus politicuchos teñan que ser quenes dirixan determinadas cousas ó seu antoxo. Ós do "Gran Vigo" somentes lles importa o que pasa máis aló do Galiñeiro polo interés que ten o seu porto marítimo na futura plataforma de Salvaterra, e nin con tal empeño conseguen afianzar con ritmo o proxecto. A impresión é que o do área metropolitana é unha idea para que por fin a cidade sexa capital de algo, para meterlles esa piruleta na boca dunha vez. O plante do alcalde Abel Caballero na reunión que tiña cos alcaldes do Morrazo para firmar o protocolo de colaboración no plan piloto de transporte interurbano pola ría non ten excusa, pois unha cidade con aspiracións metropolitanas debería amosar unha sensibilidade maior en certos temas. ¿Acaso lle importa á clase dirixente viguesa a vida das persoas que habitan no que eles deron en chamar O Gran Vigo? Somentes lles importa o número para dicir que contamos con máis de medio millón de habitantes e merecemos certo rango de non sei que. Pois non señor, eu non. ¡Se aprenderan doutras cidades de por ahí fora en troques de guerrear cos mesmos de sempre! Eu son do Porriño, capital Oporto. ¿E ti? ¿De onde eres?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario