Luz verde : Vigo-Frontera portuguesa

Ala por febreiro de 2007 publicábase o estudio informativo do treito da liña ferroviaria de altas prestacións entre Vigo e As Gándaras, no Porriño (con 5 anos de retraso : máis de 3 co goberno popular na Moncloa e o resto co socialista). E, segundo Touriño, antes do vindeiro día 18 de este mes de xaneiro sairá no BOE o estudio informativo do tramo que restaba da saída sur, entre As Gándaras e a fronteira portuguesa (7 anos de retraso : 3 imputables o executivo Aznar e 4 o de Zapatero).


Serie 104 Renfe - Media distancia de Alta velocidad
(Manu 269 - Creative Commons)



Outra boa nova no eido da modernización das infraestructuras ferroviarias e a mellora da vertebración da franxa atlántica galaico-portuguesa. Unha liña que comunicará Coruña-Santiago-Pontevedra-Vigo-Braga-Porto, que suman más de 1,1 millones de habitantes so as cidades, e que si temos en conta as áreas metropolitanas a cifra multiplícase case por 4.

Este é outro pulo para a futura, pero cada vez máis cercana, variante ferroviaria do Porriño, xestionada e acadada polo PSdeG porriñés que se desplazou a Madrid en non poucas ocasións para lograr un compromiso que se viu reflexado no estudio informativo do 2007. Por fin a liña actual deixará de dividir en dous o casco urbán, un paso a nivel que desaparecerá e con el a fronteira entre Porriño e Torneiros, onde finalmente se ubicará a estación (agardemos que intermodal) e que verá pasar 3 vías, dous en ancho internacional de altas prestacións cara a Portugal ou Vigo, e as de ancho ibérico que seguirá a comunicar a cidade olívica con Ourense, salvo que Fomento dispoña algunha novidade (amén de Abel Caballero).


Serie 462 de Renfe - Automotor eléctrico de Cercanías Civia
(Jean-Pierre Vergez-Larrouy - Creative Commons)


Agora a prioridade dos concellos da Louriña e Baixo Miño debería centrarse en facer que esas liñas de altas prestacións sexan empregadas para un servicio de cercanías, dotando de apeadeiros e estacións onde senlla necesario ó longo dos perto de 30 quilómetros que separan Vigo do Río Miño (por suposto contemplando ampliacións ou ramais para conectar outras poboacións) . Ese será o verdadeiro capital que temos a nosa disposición e do que apenas se fala, porque a palabra AVE inunda calquer nova, presentación ou conversa de bar na que se refira o futuro dos camiños de ferro. Hai que lembrar que esas siglas non fan mais referencia que o servizo prestado por unha compañía monopolística polo de agora, que non ten excesivo interés para a meirande parte da poboación que se move a cotío nun radio inferior ós 50 qm. E iso ten un nome, CERCANÍAS, non AVE.



Touriño anuncia que el tramo del AVE entre O Porriño y Portugal saldrá a estudio informativo en diez días.

Touriño anuncia el desbloqueo del estudio informativo del AVE a Tuy



0 comentarios: