1-M : ¿Feijóo09 ou Fraga89?

Xa comezaron as maquinarias pre-electorais a zumbar, e a quinta provincia galega xa a bo seguro ten carteis dos partidos en contenda por moitos dos lugares de reunión dos emigrantes. Polo momento, non trascenderon novas sobre a imaxe de campaña do PSdeG-PSOE nin do BNG, supoñemos que quizais non disten moito da que presentan aquí.

O tema saltou nas filas populares, semella que a Feijó09 non se lle presume o tirón que poida outorgar os 39 escanos ó PP e por se as moscas decidiron 'axudalo' con unha imaxe corporativa diferente a empregada en Galicia. Na Arxentina xa hai autobuses circulando cunha fotografía do candidato popular departindo co xefe de filas, o presidente (do PP galego) Don Manuel Fraga.

Son moitos votos os que están en xogo nos paises destino da emigración galega, e hai que empregar todos ós santos que teñamos a man, xa se chame San Pancracio ou San Manuel Fraga. Descoñecemos se tamén na visita que Mariano Rajoy ten prevista a Suiza co gallo da precampaña electoral galega, terá que botar man do veterán senador...¿ou quizais prefira outra imaxe máis renovada da man do seu mentor?.

La Voz de Galicia - Nova e fotografía do cartel da campaña popular en Arxentina.


Faro de Vigo - El eterno candidato

Faro de Vigo - Fotografía

0 comentarios: