Raúl Francés fala do tren en Porriño.

Estaba agardando a ter acceso á nota de prensa completa do alcalde Raúl Francés na que se pronunciaba sobre o futuro ferroviario da vila. Esa nota que apareceu días atrás en xornais de forma resumida, sae agora máis desenrolada na edición de xaneiro de A Peneira.

Semella que a Raúl Francés non lle gustou que un diputado viñese a presentar a aprobación do segundo treito do trazado da saída sur do ferrocarril de altas prestacións.

Nunha nota de prensa, o rexedor porriñés fixo un argumentario encol do futuro ferroviario de Porriño con bastantes máis sombras que luces. Primero tentando confundir á xente entre dúas cousas ben distintas, infrastucturas e servizos, pedindo que co contrato das novas infrastructuras deberían aparecer os Cercanías. ¿Imaxínanse a un político local pedirlle a Magdalena Álvarez que se vai a aprobar a construcción dunha autovia poña tamén unhas liñas de autobuses? Pois iso, que ADIF é unha cousa, e RENFE-Operadora outra.

A pesares de non haber maior novidade nos servicios da estación de tren do Porriño nos últimos 5 anos, salvo que dende hai algo de tempo non hai xefe de estación, agora acórdase que a nosa vila está abandonada e que hai poucos servicios... ¿e houbo algunha queixa formal?. Segundo o propio interventor en resposta a unha pregunta escrita no concello, as xestións sobre o tema do ferrocarril por parte do executivo en todo este tempo redúcense a dous faxes, se iso e "ter insistido reiteradamente" que veña deus e o vexa.

O que si parece que leeu, supoñemos que non en ningún dos arquivos PDF que adxunto abaixo xa que non é moi amigo de internet, foi que o estudio que se aprobou agora corresponde a O Porriño - Fronteira portuguesa, e que ven a decir que non ten nada que ver co trazado do centro e o paso a nivel... claro que non é ese tramo, porque xa foi aprobado en febreiro de 2007, sería que coa precampaña en mente non se decatou, ímoslla pasar. Este novo tramo o que fai é completar a saída sur de Vigo, e darlle un pulo a un proxecto no que non tería sentido executar só unha das dúas partes.

O de invitar a un deputado a que ofreza a información privilexiada, non parece moi ortodoxo, presupón un oscurantismo (xa o dicía o da palla no ollo...), e instándoo a que faga público os informes dos trazados e as memorias económicas e técnicas e os prazos de execución... Resulta que esta documentación que un alcalde lle esta a pedir a un deputado, por lei estivo en exposición pública durante 30 días no propio concello, de chiste.

Por suposto hai que romper unha lanza en favor das súas reivindicacións de cercanías e dun apeadoiro nas Gándaras, claro que sí, xa é algo que vimos reivindicando dende aquí hai tempo. Pero o de empregalas misturadas con argumentos erróneos e demagóxicos soa máis a pataleta que a outra cousa. Se toda a preocupación do rexedor resúmense en dous faxes... pouco queda por engadir... tarde piache.


Información do tramo Vigo - O Porriño (PDF)

Información do tramo O Porriño – Fronteira portuguesa (PDF)

Compromiso de execución da saída sur (PDF)

0 comentarios: