Mostrando entradas con la etiqueta Mos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mos. Mostrar todas las entradas

Máis de 22 millóns de votos foron os que se contaron en toda España nos comicios locais deste ano 2015, un 64,93% do censo electoral, o cal supuxo un lixeiro retroceso na participación de 1,23 puntos porcentuais; e isto a pesar do pulo das novas mareas. A participación en Galicia foi 1,07 puntos máis alta que no conxunto do estado pero 3,49 puntos menos que fai catro anos. O mal resultado do PP, que tódolos analistas coinciden en sinalar, posiblemente se deba a un desánimo nos apoios que obtivo en 2015 reflexado na propia participación electoral.

¿Que aconteceu na Louriña? En Mos a participación foi alta, dun 70,93% pero con 1,23 puntos menos respecto 2011. No Porriño participou o 68,91% do electorado cun notable retoceso de 4,97 puntos; ¿Podería estar perdendo Nelson Santos a súa maioría simplemente con esta lectura de participación?

A continuación presentamos en varios gráficos a comparativa por votos a candidaturas entre 2015 e 2011 en Mos e no Porriño. A primeira impresión que se pode sacar é que ambos concellos gañan variedade de formacións políticas, en consonancia con panorama xeral do estado. A segunda que, a pesar de perder peso porcentual, o PP mantén o tipo nos concellos da Louriña.










* Resultados electorais oficiais en elecciones locales 2015 do Ministerio del interior.

DENDE O SEIXO POR LOURIÑA_ON

Nos últimos tempos asistimos impávidos a unha serie de despropósitos en materia de política medioambiental no Porriño. Medioambiental resulta, dende un punto de vista concreto, igual que dicir económica; pois o coidado do medio ambiente mellora a calidade de vida da xente, reduce o custe dos recursos no longo prazo e crea novos sectores de actividade i emprego.

Non estamos a falar somentes do acontecido en torno á depuradora de Guillarei e a súa rede de colectores, senón tamén debemos lembrar todo un hit do noso blog: o tema do malogrado centro de interpretación da natureza en Budiño. No medio dous alcaldes, Raúl Francés e Nelson Santos, que ou non sen enteran da festa ou se fan os despistados e con moi bo tino.

Depuradora de Guillarei: consorcio municipal ou concurso público

Coa depuradora de Guillarei e o saneamento do Río Louro temos un hilo de sucesos ben xeitoso. Primeiro sufrimos o espectáculo de ver coma se terminaban unhas obras e pasaba o tempo sen que ninguén se fixera cargo das instalacións. Logo, pasado certo tempo, se deberon dar conta da responsabilidade; entón xurdiu o tema de poñer dacordo os concellos implicados para adoptar un modelo de xestión. Así O Porriño, Mos, Tui e Salceda de Caselas trataron de levar adiante un consorcio municipal para tal fin.

De súpeto dende a Xunta de Galicia dixeron que non, que o máis axeitado era sacar un concurso público, alomenos ata que o tema do consorcio municipal saíse airoso de estudios previos e plenos nos respectivos concellos.

Entre tanto, a depuradora de Guillarei e o seu sistema de colectores instalado comezou a funcionar, nada menos que tras catro anos rematadas as obras! E os veciños do Porriño a pagar cos seus impostos sancións administrativas pola incompetencia dos seus políticos, antes con Raúl Francés e, polo que pode ser, agora con Nelson Santos.

O centro de interpretación en Budiño

O asunto do centro de interpretación da natureza en Budiño foi algo que deu moito que falar neste blog. Incluso se chegou a facer unha enquisa para sondear a opinión dos nosos lectores máis habituais. Coma non podería ser de menos, a maior parte do monto financeiro correu a cargo da Unión Europea. Que fácil resulta tirar os cartos cando son outros os que pagan! Nada menos que 300.000 Euros dos 450.000 que supuxo a inversión total. Creo que neste senso a mediación do PSOE (entón na Xunta e na Moncloa) nos librou doutra sanción por valor de 150.000 Euros.

Estes casos, xunto a outros diversos, pois lembremos a xestión da débeda das canteiras ó concello, ou a multa que se estivo a piques de pagar por acometer obras no entorno do Río Louro sen o favor dos técnicos municipais (por certo, seguimos esperando a que instalen os puntos de luz inicialmente proxectados); estes casos dicía, mostran unha clara incapacidade da administración local para levar adiante proxectos e xestionar recursos dunha certa envergadura. Sexa por debilidade ante os grupos de presión ou por ineptitud dos cargos políticos que acceden ó poder, pero os feitos falan por si mesmos.


Porriño otra vez a vueltas con la confederación hidrográfica

O Louro, merda no cauce e nos despachos

Película de terror na Louriña

Elecciones generales 2011 no Porriño e Mos



Alta participación nos concellos da Louriña, preto dun 76% do censo electoral e case cinco puntos por riba do total nacional. Aínda así foi lixeiramente inferior á de fai catro anos, cando no Porriño e Mos se rozou o 80%.

Os veciños do Porriño calcaron os resultados da última convocatoria municipal do ano 2011, na que o PP superou con suficiencia a metade dos sufraxios válidos, pero cos papeis cambiados entre PSOE e BNG; coma resulta dun comportamento habitual nos votantes. O PSOE de Mos mantén mellor o tipo que os socialistas do Porriño, aínda así, o PP obtén a metade dos votos. O peso dos nacionalistas segue a ser maior no Porriño.


Mariano Rajoy gana las elecciones generales 2011

El PP recupera su mayoría social en Galicia

O PP volve obter nos concellos do Porriño e Mos senda maiorías absolutas. Así pois, tanto Nelson Santos coma Nidia Arévalo repetirán coma alcaldes tras refrendar nestas eleccións municipais de 2011, e cunha participación elevada, os seus mandatos nos concellos do Val da Louriña, os cales deron lugar tras respectivas mocións de censura.

Justificar a ambos ladosAnálise do resultado electoral no concello do Porriño.
A participación no Porriño foi case cinco puntos superior á de fai catro anos pero inferior a de 2003. Confírmase que esta maior participación favorece á dereita, aunque tamén se pode observar un certo cambio estructural a favor dos grupos da esquerda, esencialmente ó BNG, que impide que esta movilización electoral lle dea ó PP as maiorías aplastantes da época de Xosé Manuel Barros.

O PP de Nelson Santos acadou o 57,13% dos sufraxios, o que supón un avance de 4,68 puntos respecto ó resultado dos grupos de centro dereita nos comicios anteriores. Os concelleiros acadados ascenden a dez, tal e como especulábamos nunha das tres hipótesis exploradas nun artículo recente, aínda que moi preto de acadar a undécima acta.

Batacazo socialista. O PSOE cae 4,72 puntos, acadando o 10,91% dos votos válidos emitidos. O tirón do seu candidato queda moi en cuestión ó non saber ou non poder reter votos ante a evidente situación de desgaste das siglas do PSOE na situación actual da política estatal. Os números son escandalosos, catro anos despois a lista encabezada por Iván Vaqueiro pasa de 1.629 a 1.156 apoios.

No BNG poderán dicir que mantiveron o tipo, ainda que estiveron moi preto de perder o quinto concelleiro. O certo é que a candidatura encabezada polo ex alcalde Raúl Francés retrocede 1,68 puntos quedando no 26,31%. Polo tanto a perda de votos en termos absolutos tamén afectou, aínda que en moita menor cuantía, ó BNG.

En resumen, victoria aplastante do PP de Nelson Santos, quen convence ó seu electorado de base a pesares das noticias sobre presuntas irregularidades en contratos municipais aparecidas a semana pasada. O PP é unha máquina de facer votos no Porriño e somentes o BNG semella, en termos de eleccións municipais, ter capacidade para afrontar o reto de romper esa superioridade. No PSOE teñen moitas contas que facer, pois hai moito votiño de xerais e autonómicas que se lles está a escapar, e non somentes ó BNG.

Análise do resultado electoral no concello de Mos.
Elevada participación en Mos, aínda que lixeiramente inferior á de fai catro anos ó baixar pouco máis dun punto. Posiblemente o caso de Mos estea máis normalizado no tocante á quen beneficia os movementos na participación, xa que a tónica xeral nos leva case sempre a pensar que a movilización favorece ós partidos de esquerda e viceversa.

O certo é que a pesares do xeito tan poco ortodoxo no que Nidia Arévalo accedeu e se mantivo no poder, cunha moción de censura apoiada por un tránfuga do PSOE e tras deixar de pertencer "de facto" ó PP por renuncia de conveniencia, o pobo de Mos refrendou a súa xestión na alcaldía. O resultado acadado foi 11,08 puntos superior que nas útimas eleccións quedando no 55,49%, suficiente para obter 10 actas de concelleiros.

Compre dicir que nestes comicios a desaparición de calqueira tipo de grupo independente fortaleceu a concentración do voto no PP de Nidia Arévalo, pero isto non explica por si mesmo a maioría absoluta. O PSOE, encabezado pola ex alcaldesa María Jesús Escudero, caeu 2,96 puntos quedando no 27,41%; pola súa banda o renovado BNG baixou 4,52 puntos quedando no 15,02% dos votos válidos emitidos.

A eiva dos grupos de esquerda resulta moi similar tanto no concello de Mos coma no de Porriño, aínda que en Mos sempre moito máis preto de gobernar que no concello da parte baixa do Val da Louriña.

O Porriño 
(fai click na imaxe para ampliar)


Mos
(fai click na imaxe para ampliar)
Resultados Electorais Mos- 2011

Alguén debería explicarlle os políticos de Vigo (e a moitos dos seus habitantes) que a futura lei que regulará o área metropolitana se fai precisamente para mancomunar servizos que se consideran de interese conxunto.

Dito doutro xeito. O mecanismo legal polo que a cidade olívica poderá por fin presumir de ser capital de algo, gañando competencias e incrementando a súa participación nos fondos do estado; non lle pode sair gratis se da relación entre a cidade e o resto dos concellos integrantes falamos.


Efectivamente, un servizo tan relacionado coa dinámica metropolitana coma é o transporte público e a súa promoción creando e subvencionando un billete intermodal; non ten sentido que non conte coa participación financeira daquel municipio que se erixe coma lider dese espazo metropolitano.

O plan de transporte metropolitano da Xunta de Galicia ten previsto que a cofinanciación do billete, grazas a cal os trasbordos lle sairán gratis o usuario, sexa dun 20% para os concellos, asumindo a propia Xunta o restante 80%. Dende o concello de Vigo din que a colaboración cos urbanos de VITRASA xa resulta dabondo e que non pretenden financiar ningún servizo que non beneficie directamente ós seus cidadáns.

Unha cidade se pode beneficiar moito dun sistema de transporte público eficiente, tanto coma os residentes de fora da mesma. Se imos a enfrontar tan gratuítamente os intereses da propia cidade dos que poidan ter as vilas, será mellor que no Porriño e Mos (municipios con grande actividade laboral externa) replantexemos se queremos seguir adiante coa lei do área metropolitana. Ou estamos todos dentro, ou todos fora. Nada de medias tintas. Urxe unha reacción dos alcaldes.

Precisamente tras os últimos apuntes sobre o pouco apoio que está a levar o transporte público na nosa terra, acontece unha boa nova. Xa temos escrito acerca do plan de transporte metropolitano, unha cuestión que ven da anterior Xunta de Galicia. A boa nova ten que ver cun impulso a esta iniciativa.

Estes días, nos paneis luminosos das paradas de autobús no centro do Porriño, o goberno municipal acaba de publicar una información escueta pero concisa: "proximamente novo directorio de autocares".

Este anuncio coincide co relanzamento da actual Xunta ó citado plan de transporte metropolitano, o cal compre lembrar que contempla o billete único para trasbordos, a implantación de importantes descontos cunha tarxeta moedeiro e a mellora de frecuencias e rutas de interese.

Precisamente o director de mobilidade, Miguel Rodriguez Bugarín, reuniuse fai pouco con representantes dos concellos interesados da zona de Vigo co gallo de que o plan entre en funcionamento antes de finalizar o presente ano. Así se informa dende a páxina web do propio plan.


Moaña alerta que la ampliación de Rande tendrá un «efecto embudo»

O director xeral de mobilidade da Xunta de Galicia reuniuse onte en Santiago con representantes dos concellos da mancomunidade de Vigo. Tamén estaban convidados Cangas e Moaña, máis estes deron plantón ó director xeral.


A finalidade e os obxectivos do plan de transporte metropolitano manteñen a filosofía do anterior goberno da Xunta. Integración de tarifas e zonificación, ampliación da oferta en corredores de interese e melloras acerca dos puntos de intercambio de pasaxeiros.

A reducción no prezo do billete verá dad por unha cofinanciación entre os concellos interesados e máis a Xunta. O compromiso dende o goberno galego é que a finais deste ano se poña a rodar o plan de transporte.




Dende o seixo, a contracrónica.

Neste país existen iniciativas sinxelas de por en marcha pero enfrascadas en procesos políticos, ben por desidia da clase gobernante, ou ben por ausencia dunha forte masa crítica na sociedade. O certo é que a mellora do transporte de liña, que ven perdendo ano tras ano competitividade fronte o transporte en vehículo privado, xa é unha cuestión da que se falaba cando Feixoo era conselleiro de política territorial.

Resulta necesario impulsar ó transporte metropolitano. É a única alternativa eficiente para desconxestionar as cidades, reducir a siniestralidade nas estradas e reducir a dependencia dos combustibles fósiles. Ademáis de ofrecer unha alternativa para que non queira andar co coche as voltas.

Pero máis alá da boa nova que suporía unha mellora sustancial neste modo de transporte, non podemos evitar facer unha referencia (non nos cansaremos) ó tren de cercanías. Moito máis eficiente e cómodo, é adecuado para áreas de maior densidade de poboación.

A pelota tamén anda no tellado da Xunta de Galicia, pois xa está a suvbencionar determinadas liñas deficitarias da oferta de rexionais renfe, cando podería impulsar un transporte dende as cidades de Vigo e Pontevedra cara os polígonos industriais do Porriño, onde traballan milleiros de persoas, por poñer un exemplo.

A plataforma veciñal creada no Porriño a raiz do accidente no paso a nivel que protagonizou a actualidade local nas últimas semanas acaba de encontar un aliado estratéxico, segundo se informa no Faro de Vigo.

Trátase da agrupación Defende Mos, nacida co obxetivo de presionar ás autoridades competentes no tema da nova autovía Porriño-Vigo e da saída sur do AVE. As accións desta plataforma foron especialmente coñecidas polos cortes de tráfico na actual autovía.

A problemática derivada da construcción dunha nova autovía, da saída sur do AVE e da variante ó paso a nivel no Porriño terán agora cabida dende unha perspectiva conxunta entre xente dos dous concellos.

Escribo este articulo a propósito dun comentario feito na entrada que precede a esta mesma, comentario no que se apunta a posibilidade, segundo o seu autor, moito máis oportuna de unir Mos con Porriño en troques dunha absorción de Vigo.

Esa absorción plantexada ten un interés específico: coma levan anos intentando que a cidade chegue os trescentos mil censados, cifra clave para recibir maiores recursos do estado, absorver Mos levaríanos a conseguir tal obxetivo pola vía rápida.

Os 20 mil censados tamén son unha cifra clave para recibir maiores suvbencións do estado, polo tanto unha fusión entre Mos e o Porriño nos levaría a que os recursos fiscais recibidos fosen maiores que a suma dos dous concellos por separado. E do que estaremos todos seguros é que esa maior financiación sería mellor aproveitada para Mos que a pretendida polos señores de Vigo.

Unha progresiva unión entre os concellos de O Porriño e Mos (a cal podería comenzar cunha mancomunidade para logo ires cara unha verdadeira integración administrativa) resultaría nun concello de 35 mil habitantes, cunha extensión similar ó termo municipal de Ponteareas. Un novo concello cunha dinámica económica e social que hoxe en día xa é unha realidade (cantas familias teñen xente no Porriño e Mos a partes iguais ou cantos residentes do Porriño traballan en Mos ou viceversa).

Esa dinámica sempre foi propiciada por un espazo xeográfico moi concreto que ten ó casco urbán precisamente no centro do hipotético, chamémoslle, Concello da Louriña. Aviso para recelosos mosenses: Iso non implicaría que Dornelas deixase de seguir sendo Dornelas, Tameiga deixase de seguir sendo Tameiga, ou que o Pazo de Mos deixase de estar en Mos para trasladar as súas pedras, por exemplo, á parroquia de Budiño.

En cambio, o propio pazo tería 18 mil propietarios maís. Namentres, o Faro de Budiño ou o polígono das Gándaras e maís o espazo natural a carón do mesmo, estarían a gañar 15 mil propietarios máis. Moitos dos problemas urbanísticos do Porriño e Mos van realmente collidos da man os uns cos outros (autovías, paso a nivel, LAV, solo industrial), e as políticas de emprego ou de promoción empresarial se poderían afrontar dun xeito conxunto. Estes e máis outros frentes pasarían a ter 35 mil implicados e isto sempre nos levaría a un resultado moito máis beneficioso para todos.

Estes dias foi presentada pola Confederacion de Empresarios unha proposta de fusion municipal na zona metropolitana de Vigo. O estudio contempla a fusion dos tres concellos do Val Miñor (Baiona, Nigran e Gondomar), o mesmo proceso para Redondela, Pazos de Borben e Soutomaior; e unha polemica integracion do concello de Mos no termo municipal de Vigo.

As fusions entre concellos non son cousa nova en Galicia. Existen experiencias en zonas rurais de Ourense, cunha demografia debil e unha dispersion xeografica elevada, caso diferente do que acontece no sur da cidade olivica.

En declaracions o Faro de Vigo a rexedora de Mos, Nidia Arevalo, quixo deixar ben claro que o concello ten un tamaño poboacional e un dinamismo economico mais que suficientes para pervivir por si mesmo. Ademais tildou os promotores do estudio coma descoñecedores da realidade social e cultural do concello da parte alta da Louriña. Outros alcaldes quixeron remarcar a verdadeira necesidade de impulsar proxectos mancomunados coma o area metropolitana.


Factores a favor e na contra.
As razons que xogan a favor dun proceso de integracion son duas: a) A relacion directa entre tamaño poboacional do concello e participacion no presuposto do estado. b) A reduccion de custes que supon simpificar duas administracions nunha soa.

En contra do fusionismo temos efecto perverso de alonxar os mesmos verbo do cidadan, pois a cercania e unha das caracteristicas que define a utilidade das corporacions locais. O optimo, polo tanto, seria encontrar un equilibrio que nos levase a un tamaño eficiente para cada concello.

Somentes un pouco de orde, nada máis.

Arranxar os problemas que ten o transporte público no entorno das cidades galegas e, concretamente, no área de Vigo está a resultar unha cuestión un tanto mística. Xa tratamos este tema a comezos do ano cando saiu nos medios a posible subvención ó transporte de ría como previo paso para ampliar tal mecanismo ó autobús de liña. Recordamos coma o alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostraba o seu rexeitamento (con desplante incluido) a cofinanciación do billete por parte do seu concello, ó considerar que esa institución xa colaboraba dabondo noutros programas de axuda ó transporte colectivo.

O caso é que cambiou o goberno da Xunta, o tempo vai pasando e semella que todo está moi parado. Únicamente podemos sinalar como novidade a intención (xa reflexada nos programas electorais dos comicios autonómicos) de crear unha cousa chamada "ente xestor" para implantar os servios de cercanías ferroviarios. Servizos que xa son habituais en Asturias, rexión cunha renda per cápita e unha xeografía similar á galega.




Din que "as cousas de palacio, van despacio"; pero cando de facer unha nova estrada se trata a velocidade de reacción resulta sensiblemente maior. O transporte por estrada de mercadorías e a mobilidade de persoas en vehículo privado son elementos básicos nunha terra tan espallada coma Galicia. Pero nunca arranxaremos os evidentes problemas das cidades e os seus contornos industriais, se non terminamos de apostar por un modelo adecuado de trasporte público.

Os diferentes plantexamentos que se foron facendo neste senso son erróneos, quizais por iso sempre caeron en saco roto. Por exemplo, non se pode confeccionar un sistema de transporte metropolitano sen incluir un servizo de cercanías por tren naqueles puntos onde resulte máis competitivo este medio de transporte, coma tampouco se pode deseñar unha suvbención para rebaixar o custo unitario dos billetes sen facer un ordeamento do sector e unha análise máis rigurosa na demanda dos servizos.




Outro grave erro dos plantexamentos que se fixeron consistiu en que o sistema se poña en marcha naqueles concellos que se sumen ó citado plan. ¿Que pasa se un servizo poder ser viable para unha determinada zona pero existen fenómenos burocráticos ou políticos que frenan a súa posta en marcha?

Non creo que sexa necesaria tanta directriz, tanto plantexamento estéril ou tanta formalización de entes burocráticos para poñer a circular X trenes e Y autobuses nas Z concesións públicas que hai; todo cuns horarios e cuns prezos, suvbencionados ou non, pero que resulten atractivos para captar unha maior cantidade de clientes habituais. A non ser que todo sexa unha cortina de fume para falar de algo...

A Xunta de Galicia acaba de redactar un anteproxecto de "lei do auga", co obxetivo de reorientar o tema hidrográfico na nosa comunidade. Por unha banda, a xestión das depuradoras de augas residuais, hoxe en día competencia dos concellos, pasará á administración autonómica; se así o consideran os concellos en cuestión. Por outro lado, a tarifa fixa do canon municipal desaparece para imprantar unha nova de tipo progresivo, na que pague máis o fogar que consuma máis metros cúbicos de auga.

As consecuencias que pode ter esta lei na nosa comarca son evidentes. A depuradora de Guillarei leva tres anos esperando para entrar en funcionamento, os concellos e a Xunta non se poñen dacordo nos termos de financiación e deseño do consorcio que debería xestionar a infraestructura. A convocatoria dun concurso público, coma salvavidas namentres as partes non se poñan dacordo, podería ser definitivo se os concellos afectados polas concas do Río Louro e do Río Caselas finalmente acceden a cesión da xestión da depuradora á Xunta.

Fixemos unha enquisa sobre este tema a través do noso enderezo en facebook, unha experiencia alternativa que esperemos anime á xente a opinar sobre un tema importante para todos.

A contradicción de Nidia

Fai pouco tempo contemplamos coma se suprimía un servizo de autobuses que conectaba as parroquias de Mos có centro de saúde e maila cidade olívica, por unha ruta alternativa ó tradicional transporte de liña. Este servizo púxose a proba baixo a colaboración entre o recentemente cesado goberno do concello e o recentemente derrotado goberno da Xunta.

Pero volveron os señores da terra. E fixérono coma sempre, coas súas chaquetas limpas pero ávidos de camiños a empichar. Iso si, á chiquita seguen invitando eles. Que non se perdan os vellos costumes.

Resulta que trala grandiosa demostración de política medioambiental e iniciativa polo transporte público feita nunha curva da estrada entre O Porriño e Gondomar, volveu a xove alcaldesa a facer unha lindeza mediática falando de transporte metropolitano e tal.


A fin de contas, aquel servizo do que comenzamos a falar xa non existe. Manifestamente mellorable, fatalmente promocionado e vorazmente finiquitado (todo isto entre os dous gobernos municipais responsables). Pero un servizo a fin de contas. Nidia: co mazo rogando e a Deus dando..., ou era ó revés?

A xestión da depuradora sae a concurso público.

Despois duns cantos meses de demora, a Xunta de Galicia acaba de anunciar un concurso público para a adxudicación da xestión da depuradora de Guillarei por catro millóns de Euros.

Esta futura concesión terá duración determinada, pois a idea inicial para administrar e xestionar a infrestructura era a de poñela baixo un consorcio formado polos catro municipios interesados (Mos, O Porriño, Tui e Salceda de Caselas); polo tanto cando os alcaldes e a Xunta se poñan dacordo na forma e no fondo de tal consorcio, procederá finiquitar á citada concesión que agora sae a concurso público.

Compre dicir que xa pasaron tres anos dende que as obras foron rematadas, tempo no que nin tan sequera se chegou acordo ningún entre as diferentes administracións, especialmente no tema da financiación e da tributación para cada concello. Agora, a opción dunha empresa concesionaria pode resultar na definitiva na práctica se os concellos e maila Xunta seguen se chegar a ningún acordo.

O Louro. Merda no cauce e nos despachos

Mos queda sen transporte público interno


El transporte entre las parroquias de Mos y Vigo se suspende a los 9 meses


  • El PSOE exige que se busquen subvenciones para el servicio «como ya hicieron con actividades de ocio»
  • El gobierno local asegura que no existe un convenio firmado ni presupuesto en la Xunta para sufragarlo el futuro de las conexiones en el área de vigo

A ver se é certo, señor Blanco.

Non é preciso que sexa hoxe, nen mañá, pero de non ter que esperar ás próximas eleccións quedaríamos satisfeitos. E de paso poderíase incluir, señor Blanco, a liña Vigo-Ourense, esa que é a única electrificada de toda Galicia e que tamén é a única que non ten un tren de proximidade a conservar.

Nunca existiu tal servizo por estes lares (ou si, pero xa non nos acordamos), a pesares de ser unha das zonas máis densas de Galicia, cinturón da chamada area metropolitana de Vigo e de destacable puxanza industrial.

Polo tanto solicito o señor ministro que inclúa a Vigo-Ourense nesa operación tan rariña, na que se intenta transferir a competencia dunha rede ferroviaria dende o estado a unha comunidade autónoma debido a que RENFE (empresa de propiedade estatal) non lle peta ofertar cercanías na nosa querida terra. Cousas da política, ou dos políticos.

O Porriño e Mos ó borde da insolvencia.

Segundo publica hoxe o Faro de Vigo, Porriño e Mos figuran entre os 38 concellos galegos que están case na insolvencia.


No progrelo puxemos a maquinaria a funcionar e quixemos achegarvos os últimos informes que os Concellos aportaron ó Consello de Contas sobre o exercicio 2006.


O PORRIÑO



MOS


Ainda que é información algo técnica, gústanos aportar información de xeito transparente sobre o estado económico dos concellos e das observacións que o Consello de Contas fai a este respecto, por si pode interesar a alguén.

A perspectiva que da o tempo en Mos

Nidia co seu tan desexado bastón de mando


Cando xa se cumpliron 8 meses dende aquela moción de censura en Mos, é certo que algunhas cousas mudaron, hoxe na edición de Galicia de El País publícanse dous artigos que fan unha análise do que aconteceu dende aquela moi cuestionable manobra política.


Tarde si, mal e arrastro esperemos que non.

O recén estreado goberno da Xunta parece que lle vai a dar un impulso definitivo á creación do tan manido ente administrativo do área metropolitana de Vigo, administración que precisa dunha lei de carácter autonómico para poder ter sustento normativo.

Sen embargo Vigo é, de facto, un área metropolitana en potencia, pero somentes en potencia. A cidade olívica, de trescentos mil habitantes, encabeza unha conurbación que vai ó norte coa capital provincial e coa península do Morrazo. Ademáis nó sur aséntase o cinturón industrial e o nó de comunicacións terrestre máis sinificativo da provincia. Isto último sabémolo moi ben na Louriña.

Dicía somentes un área metropolitana en potencia, e que nin tan sequera somos capaces de poñernos dacordo entre catro municipios para por en funcionamento unha depuradora que leva dous anos construida e que xa foi pagada pola UE. Ou porque o concello de Vigo segue a mostrar as súas reticencias (logo do desplante do seu rexedor) para cofinanciar con Cangas e Moaña a rebaixa dos billetes do transporte de ría.

E que o dun área metropolitana vai precisamente diso, de promover e xestionar infraestructuras e servizos en común, pero habida conta da torpeza que se promulga neste senso por estes lares, non sei se un ente administrativo máis a engadir ás anacrónicas deputacións vai a ser un arranxo ou un novo atranco para que os políticos sigan pelexando e os cidadáns pagando as liortas.