A contradicción de Nidia

Fai pouco tempo contemplamos coma se suprimía un servizo de autobuses que conectaba as parroquias de Mos có centro de saúde e maila cidade olívica, por unha ruta alternativa ó tradicional transporte de liña. Este servizo púxose a proba baixo a colaboración entre o recentemente cesado goberno do concello e o recentemente derrotado goberno da Xunta.

Pero volveron os señores da terra. E fixérono coma sempre, coas súas chaquetas limpas pero ávidos de camiños a empichar. Iso si, á chiquita seguen invitando eles. Que non se perdan os vellos costumes.

Resulta que trala grandiosa demostración de política medioambiental e iniciativa polo transporte público feita nunha curva da estrada entre O Porriño e Gondomar, volveu a xove alcaldesa a facer unha lindeza mediática falando de transporte metropolitano e tal.


A fin de contas, aquel servizo do que comenzamos a falar xa non existe. Manifestamente mellorable, fatalmente promocionado e vorazmente finiquitado (todo isto entre os dous gobernos municipais responsables). Pero un servizo a fin de contas. Nidia: co mazo rogando e a Deus dando..., ou era ó revés?

0 comentarios: