AVE, Pepe Blanco, morituri te salutant

Sae hoxe na Voz de Galicia unha nova acerca da redacción do proxecto do AVE entre Vigo e Ourense, e lamentablemente, como era de agardar, a única opción considerada é a denominada variante de Cerdedo. Para quen non coñeza este tramo, o que fai é conectar Vigo con Ourense cara a Madrid, para elo, este tramo vai  "directamente" por Pontevedra, Cerdedo, Forcarei..., empregando ¡115 km! e facendo un tempo de viaxe ata a cidade das Burgas de 45 mins (apenas 10 menos que en coche); este é o AVE que nos venden Pepe Blanco, Abel Caballero e conxéneres.
Diferencias entre a Variante de Cerdedo (vermello), e a de Mondariz (puntos) [www.camfergal.info]

Existen estudios por parte de fondos coñecedores da materia como o de Xose Carlos Fernández Díaz (enxeñeiro de obras públicas) que plantexan variantes polo sur, moito máis directas, que aforrarían 35 km e o seus conseguintes minutos, facendo ademais que o billete sexa máis barato (Renfe tarifica por km), ademais de posibilitar a creación de novos tráficos dende Portugal cara a Madrid entre outras.

Como podedes ollar, na proposta de Xose Carlos Fernández Díaz, detállanse tódalas contras que ten o nefasto proxecto presentado polo Ministerio de Fomento, priorizando os tempos de viaxe para unha poboación de 70.000 habitantes fronte ós 300.000 de Vigo, para elo deseñando unha infraestructura de custo desorbitado, para non seren competitiva. Xa so vendo o mapa das futuras infraestructuras e as ubicacións das cidades salta a vista que nin de lonxe e o trazado medianamente óptimo, xa que tódalas novas infraestructuras de AVE feitas en España, a diferencia de esta, caracterízanse por reduciren signficativamente o número de kilómetros sobre as anteriores liñas convencionais.

Vigo-Santiago-Ourense

De non construir esta variante por Cerdedo, os trens AVE farían o traxecto ata as aforas de Santiago onde un by-pass conectaríaos co único trazado de verdadeira Alta Velocidade: Ourense-Santiago (azul no mapa), e dende ahí cara Madrid. Neste caso os tempos Vigo-Ourense estimaríanse en 63 min. Polo que despilfarrar 1600 millóns de euros para decir que Vigo e Madrid están conectadas "directamente" e iso implique tan só recortar 18 minutos respecto a ir por Santiago e baixar, parécenme un acto tan propagandístico coma irreal.

Iso sí, sexa como sexa, os trens chegarán a unha estación multiusos, con centros comerciais, prazas, mirador sobre a ría, pero non sabemos si terá conexión directa coa AP-9 nin estación de autobuses...

Benvidos á Galicia!

O Porriño, Exipto e Tunisia

Pode parecer unha tolería xuntar estes tres topónimos nun mesmo titular, pero en Tunisia e Exipto os cidadáns bótanse as rúas para derrocar sendos réximes dictatoriais, concentrándose en prazas para protestar de xeito pacífico contra as dictaduras de Ben Alí e de Mubarak que levaban 24 e 29 anos respectivamente "dirixindo" ambos países norteafricanos. Comezaron os tunecinos alzándose pola consecución dunha democracia, e pese ós intentos do governo exipcio por controlar os medios de comunicación, internet converteuse no aliado que levou as novas ata Exipto onde as primeiras protestas non tardaron moito en chegar.

Namentres, nun país europeo onde a democracia leva implantada máis de 30 anos, unha corporación tripartita, que leva menos dun ano no poder gracias a unha moción de censura argallada dende PPontevedra, leva batido tódolos records de retroceso democratico endexamais vistos a nivel local, limitación do número de plenos, asi coma do número de mocións que poden presentar a oposición con previa información ó réxime nas comisións informativas. Por se isto fose pouco, tamén sendo paralelos historia recente arriba mencionada, sesgar a información do medio escrito de maior difusión da comarca, gracias a fichaxes moi vencelladas a este xornal, para o gabinete de prensa municipal.

Aqui afortunadamente en pouco mais de 3 meses todos temos a oportunidade de rexeitar este tipo de governo nas urnas... ¿ou teremos que facer que a Praza do Arquitecto Palacios saia nos medios?