O Louro. Merda no cauce e nos despachos.

Alá no lonxano ano agosto do 2000, os habitantes do val da Louriña recibimos con grande satisfacción a adxudicación das obras por parte do Ministerio de Medio Ambiente do saneamento do río Louro, cun prazo de execución de 30 meses. E dicir, que a mediados do 2003 as obras deberían estar rematadas e nun breve espazo de tempo entrar en funcionamento, grazas ós 13.600 millóns de pesetas que se invertirían.


En total construiuse unha rede de 81,5 qm. de colectores ó marxe do Louro por un importe de 74,1 millóns de euros, e a EDAR de Guillarei que ocupa una parcela de 60.000 metros cuadrados e cun custe de 26,5 millóns de euros. Foi deseñada para tratar os verquidos dunha población de ata 180.000 habitantes cando agora son uns 51.000 os que suman os concellos de Mos, Porriño, Salceda de Caselas e Tui.


Case 8 anos despois, seguimos abrindo os xornais que nos escupen á cara que a realidade e ben distinta. Tras 98 millons de euros empregados nesta vital obra, tanto para o río como para a comarca, todo está no máis cruel dos abandonos. Mos, Porriño, Salceda e Tui seguen a verter os residuos no cauce deste río, un dos máis contaminados do país. E todo porque ninguén quere facerse cargo dos gastos de mantemento das instalacións, os concellos queren os costee a Consellería de Medio Ambiente, e Manuel Vazquez quere que senllan os propios concellos en función dos vertidos que fagan, e para isto alega que a obra ten os suficientes déficits estruturais como para que non estea en condicións de ser recepcionada.


Vamos que estamos a mediados case do 2008, e levamos un par de anos nos que o Louro segue a tragar merda e convertindo a auga que nace pura en Pazos de Borbén nun torrente tóxico cando chega ó Miño, iso sí ríndose da flamante EDAR de Guillarei cando pasa a sua beira. Con prazos de só case 8 anos, é normal que a ninguén lle dese tempo antes de rematar as obras de pactar os custos de mantemento.


Grazas políticos!

0 comentarios: