Benvida o noso blog

Benvid@s; a intencion deste blog non é outra que a de promover un sano debate acerca das inquedanzas, das necesidades ou das novas que vaian acontecendo e que teñan por epicentro a vila do Porriño.

Somos conscientes de que existen foros cunha temática semellante, pero que lonxe de abordar temas de xeito amigable, rematan sendo unha tribuna aberta a descalificación, onde se verten comentarios gratuitos sobre persoas sen cargos públicos da vila en lugar de facer crítica sobre os temas de actualidade e debatir os mesmos.

Creemos que o importante é aportar ideas, propoñer solucións, expoñer queixas sobre todo aquelo da vida diaria na nosa vila que creamos que pague a pena reseñar.

Trataremos de ir facendo un lixeiro repasiño ó pasado recente da vila, cos temas que tiveron relevancia e que ocuparon liñas nalgúns xornais.

Se queredes porvos en contacto connosco, o noso mail é progrelo@gmail.com

Saúdos.