Sobre o problema da conxestión nas cidades galegas.


En Galicia temos un grave problema de retencións nos accesos ás cidades e ós polígonos industriais, en parte porque as estradas están a resultar insuficientes (deficientes nalgúns casos), en parte pola inexistencia dun transporte público en condicións que permita reducir o uso do vehículo privado.

Toda oferta determina a súa demanda, esta última ademáis garda relación directa coa renta do individuo. A medida que a economía foi medrando, o foi facendo o parque móvil do mesmo xeito que se invertiron grandes esforzos en trazar novas estradas e autovías.

Neste senso chegou o momento de pensar ben cada vez que nos plantexemos ampiar as nosas estradas. Se é por unha cuestión de perigosidade, vía rápida do Morrazo, ou se é porque lle estamos a dar a espalda o ferrocarril, caso da ampliación de Rande.

A demanda de viaxes en vehículo privado non se vai a reducir por ampliar a oferta de estradas, máis ben todo o contrario. E, polo tanto, se non existe unha potenciación dos modos de transporte alternativos, seguiremos co problema dos embotellamentos e da polución nas cidades durante o resto das nosas vidas.

O exemplo de Burdeos, unha cidade latina.

50 dias do Goberno Santos

Cando temos superado xa os 50 dias do novo goberno, van quedando cousas claras no xeito de proceder do novo equipo que dirixe a Casa Consistorial, vai sendo hora de facer un primeiro balance desesperanzador da situacion politica municipal. Un goberno que se nega a falar coa oposicion, que cambiou os plenos cada dous meses e que contrariamente o que dicia na oposicion, aumentou de modo considerable, os gastos en persoal.

Pola contra, temos a unha oposicion a ratos moi activa (sorprende a posicion mediatica do PSOE que se quere situar como unha oposicion critica pero constructiva) e a practica desaparicion do BNG da prensa diaria. A posicion do PSOE parece terse reforzado dende o pleno da mocion, e ata se ve os socialsitas mais animados pola oportunidade que se abre ante eles de amosarse agora como unha alternativa real e coherente, que ante o esbaron do BNG, aspira a posicionarse alternativa o goberno de Santos. Claro que para iso, o PSOE tera que ter un bo resultado en 2011, e non pintan bos tempos para os de Zapatero. Inda que as municipais son as municipais. Sabedores de que teñen ante si unha boa oportunidade de darlle o "sorpasso" o nacionalismo e posicionarse por diante de darse o caso de coller o poder, teñen ademais o as na manga de que se non fose asi, serian imprescindibles para que o BNG puidese acceder a alcaldia e polo tanto, a negociacion seria moi beneficiosa para eles.

A perda do poder xenera sempre momentos de indefinicion e realiñamento interno, que parece ser o que acontece no BNG. O debate sobre a sucesion ou continuidade de Frances parece ser o que estes dias da lugar a multiples debates, acrecentados pola entrevista realizada polo xornal A Peneira, onde o ex-alcade, con palabras as veces excesivamente duras contra o novo goberno, deixaba a porta aberta a unha renovacion interna no BNG cando afirmaba que el faria o mellor para o nacionalismo porriñes e que o que se presentaba era o BNG e non el. Unha entrevista que pensamos non favorece nada o ex-alcalde, a tenor das declaracions sobre a situacion das canteiras e dos poligonos que el xestionou ata fai pouco tempo, e da que, algo de responsabilidade, polo tanto, tera.

O novo goberno camiña como unha apisonadora cega. Todo fotos, todo, unidade, bombardeando como se dunha agulla hipodermica se tratase, con flashes electoralistas e guiños a sociedade civil coa promesa de que se fara todo o que se lle pida. O problema e que por facer, ata agora, case todo o fixeron bastante mal. A retirada dos badens da estrada da Risca, a reforma sen permiso da fonte do Cristo, a proposta irreal e incomprensible do muro no paso a nivel, os recortes culturais,...etc... Por non falar da nula capacidade de dialogo amosada, unida a esa presa feroz pola foto e os cambios de postura constantes que fan as veces que un sinta vertigo dos xiros copernicanos os que o novo alcalde nos vai acostumando. O mellor exemplo foi o estrepitoso cambio de chaqueta que realizou co paso a nivel, apoiando agora, logo de loitar nas eleccions contra a psotura do PSOE e a proposta de Fomento, agora se abraza a ela como se el fose o verdadeiro pai da criatura: o que se fai por unha foto,...

Pero parece claro que o goberno e ciudadanos. PP e IdeP, anulados, son cada vez mais apartados das fotos, cando algun periodista non "corta" directamente os trozos da foto onde Manuel Carrera ou Marcelino, aparecen. Queda claro que Santos e o verdadeiro xefe, e se fai o que el di, tal e como comentan moitos funcionarios do Concello.

A medida que pasen os meses, iremos vendo un maior grao de confrontacion politica, que logo do veran, se convertira xa nunha contenda electoral. Parece que esta vez, a guerra e a morte, e que teremos unha precampaña longa. Moi longa....

O director xeral de mobilidade da Xunta de Galicia reuniuse onte en Santiago con representantes dos concellos da mancomunidade de Vigo. Tamén estaban convidados Cangas e Moaña, máis estes deron plantón ó director xeral.


A finalidade e os obxectivos do plan de transporte metropolitano manteñen a filosofía do anterior goberno da Xunta. Integración de tarifas e zonificación, ampliación da oferta en corredores de interese e melloras acerca dos puntos de intercambio de pasaxeiros.

A reducción no prezo do billete verá dad por unha cofinanciación entre os concellos interesados e máis a Xunta. O compromiso dende o goberno galego é que a finais deste ano se poña a rodar o plan de transporte.




Dende o seixo, a contracrónica.

Neste país existen iniciativas sinxelas de por en marcha pero enfrascadas en procesos políticos, ben por desidia da clase gobernante, ou ben por ausencia dunha forte masa crítica na sociedade. O certo é que a mellora do transporte de liña, que ven perdendo ano tras ano competitividade fronte o transporte en vehículo privado, xa é unha cuestión da que se falaba cando Feixoo era conselleiro de política territorial.

Resulta necesario impulsar ó transporte metropolitano. É a única alternativa eficiente para desconxestionar as cidades, reducir a siniestralidade nas estradas e reducir a dependencia dos combustibles fósiles. Ademáis de ofrecer unha alternativa para que non queira andar co coche as voltas.

Pero máis alá da boa nova que suporía unha mellora sustancial neste modo de transporte, non podemos evitar facer unha referencia (non nos cansaremos) ó tren de cercanías. Moito máis eficiente e cómodo, é adecuado para áreas de maior densidade de poboación.

A pelota tamén anda no tellado da Xunta de Galicia, pois xa está a suvbencionar determinadas liñas deficitarias da oferta de rexionais renfe, cando podería impulsar un transporte dende as cidades de Vigo e Pontevedra cara os polígonos industriais do Porriño, onde traballan milleiros de persoas, por poñer un exemplo.

Determinados medios de comunicación se están haciendo eco de la disposición mostrada desde el Ministerio de Fomento ante el nuevo estudio informativo para la salida sur del AVE, en juego, la oportuna eliminación del paso a nivel. El flamante gobierno porriñés se congratula por tales buenas nuevas y todo parece una balsa de aceite, por fin se trabaja como es debido.

Pero lo cierto es que la medida no será otra que la recuperación de un proyecto ya ligado en su momento al primer y fallido estudio informativo de la salida sur del AVE. Proyecto que gestionó el partido socialista del municipio con el propio ministerio y que fue denostado por el pleno de la corporación por mor de la explotación electoral que aquel pudiese realizar de tal logro.


Noticia 11 de Mayo 2007

Estrana cousa, tendo en conta que temos un alcalde que foi integrande dunha das directivas máis exitosas do Porriño Industrial. O tema é que me contou un paxariño que na onte celebrada gala anual do deporte vigués foron tres os porriñeses premiados, sendo ademáis os únicos non acompañados polo seu respectivo rexedor ou concelleiro en materia deportiva.

Menudo careto cando o speaker nomea "señor Nelson Santos" e máis este non aparece. Desexamos que se corrixan este tipo de faltas, sobre todo vindo da dereita que tan acostumados nos ten ó "trato persoal..." Será que con tanto meneo están a perder as súas sinais de identidade?

Xa temos escrito neste blog acerca da insistencia dos medios de comunicación e da clase política para que Vigo teña conexión específica de alta velocidade con Ourense e Madrid, sen pasares previamente por Santiago de Compostela. Nos estamos de acordo, sempre e cando esa inversión responda a motivos puramente técnicos e non de índole política.

A variante proposta nace en Barro, ó norte da cidade de Pontevedra, para así dirixirse a Ourense aproveitando parte do trazado que se pretende evitar, o procedente de Santiago. O tempo de viaxe nun servicio rexional AVANT entre a cidade olívica e a das Burgas será de 55 minutos, o tempo de viaxe no servicio con Madrid será de tres horas e cinco minutos.

A xustificación dun enlace directo entre Vigo e Ourense parece evidente se pensamos nos tempos de viaxe resultantes polo rodeo de Santiago, máis se temos en conta que un maior quilometraxe encarece o custe do servicio. Pero debemos recordar que non baixaremos do carro neste senso.

Plantexarse unha inversión que ronda os 1500 millóns de Euros para facer o mesmo tempo de viaxe que se fósemos a Ourense pola A-55, non parece unha idea moi atractiva para explotar a liña entre ambas cidades.

Existe unha proposta de facer un verdadeiro enlace directo por Mondariz, aproveitando a futura saída sur de Vigo, que reduciría o tempo de viaxe a Ourense a 35 minutos, quedando a conexión coa capital de España en dúas horas e tres cuartos. Ademáis a quilometraxe sería considerablemente menor, reducindo polo tanto o custe do servicio...


¿Que carallo pasa aquí?

¡Que son 1500 millón de Euros, impactos ambientais aparte!

¿Que entenden estes por alta velocidade?