Severa ampliación na senda do Río Louro

Os veciños e veciñas da populosa parroquia de Torneiros terán en pouco tempo unha conexión peonal co centro da vila. Así mesmo os residentes do centro urbán poderán disfrutar dunha verdadeira zona de paseo. Estáse a levar a cabo unha ampliación da senda peonil que no seu día se trazou ó longo do Río Louro, ampliación acompañada cunha mellora dos accesos á mesma dende dous pasos inferiores na autovía A-55, a nivel de igrexa de San Rosendo e do Lourambal.

Según nos fixemos informar está previsto dotar o paseo de varias pontes para cruzar o río a pé ademáis de puntos de luz. Os traballos quedarán rematados coa limpeza das marxes do río e do bosque que rodea a actual senda. Lembremos que a estación depuradora de Guillarei está comezando a funcionar e a recoller os diferentes vertidos residuais da vila, as parroquias e os polígonos industriais.

Política e Medios de Comunicación na Louriña

Parece claro que a finais do século XIX, a prensa escrita e os medios de comunicación comezaron a ser claves na conformación da conciencia colectiva dos cidadáns dos paises democráticos, a prensa xogaba daquela un papel non só liberador, senon tamén crítico co poder. Dende un punto de vista etico, o código deontolóxico dunha profesión, é facer o que se debe sen tratar de manipular ou cando menos, desinformar.

Premios como o Pulitzer, grandes casos como o Watergate ou xa máis antigamente o "Eu acuso" de Emile Zola a tenor do caso Dreyfuss en Francia, son exemplos de que o periodismo, agora xa non o cuarto poder, senon case o primeiro, tivo sempre unha raiz de informar para contrastar as informacións dos Estados. E se iso ía en contra destes últimos, a valentía dos periodistas sempre tivo o premio do recoñecemento dunha sociedade agradecida por ter fontes alternativas que clarificasen a realidade duns feitos que os gobernos se negaban a recoñecer moitas veces.

Pero se traducimos esta reflexión á escea local, podemos comprobar que por desgracia, son poucas as alternativas que teñen os cidadáns para informarse do que acontece nos seus concellos, como é o caso de Porriño ou Mos.

Onda Cero, A Peneira, Faro de Vigo ou Atlántico, son os catro medios tradicionais de información dos que dispoñemos, xa que La Voz de Galicia apenas informa do que acontece no Porriño ou en Mos, así como algún que outro medio dixital como blogs e páxinas web ou outra prensa comercial.

Tendo en conta que a primeira é unha radio e que a segunda é quincenal (inda que o seu blog é o medio máis rapido de información constante), é a prensa diaria escrita a que teóricamente ten maior influencia na opinión das persoas. Dado que o Atlántico Diario ten menos implantación, nos queda o Faro de Vigo como medio digamos, máis impactante. Algo que non sería importante se o su papel non fose tan claramente parcial como o está a ser na actualidade.

Non se trata de minusvalorar o espazo que os gobernos teñen nos medios, ou deben ter. Son goberno, e polo tanto, xeneran novas importantes para a cidadanía, pero o tratamento da información debe ser o máis obxectiva posible para non desinformar.

Cando só aparecen notas do goberno e se lastra e mutila a información que a oposición, cando non é directamente marxinada, poñemos en tela de xuizo as normas de xogo democráticas, porque é evidente para a opinión pública informada, que segue outros medios, que as notas de prensa do Faro de Vigo estan a ser descaradamente parciais para co novo goberno.

Quizáis teña que ver este aspecto co que me contan de que unha empresa de comunicación vinculada ó periodista do Faro de Vigo, está a levar os gabinetes de prensa dos Concellos de Porriño e Mos, o que fai que a información da oposición pase polo filtro da censura dos gabinetes de prensa.

¿Ten esta práctica algún tipo de xustificación ética? Parece claro que non, senon que se trata dunha burda estratexia de desinformación e manipulación informativa, ademáis de un alto coste para os concellos de Porriño e Mos. ¿A canto ascenden eses gastos? ¿Ou é que xa os altos custes que ten o goberno local de Porriño e mos en soldos de concelleiros e asesores non lles da para ter un gabinete de prensa propio?

Ven farían as oposicións destos concellos en denunciar esta práctica que os está a cercenar e mesmo a trastocar nas súas aparicións públicas destrozando e sacando de contexto as súas informacións para poñelas no que non é, ou recortar pavorosamente os argumentos máis críticos contra os gobernos locais. Só fai falta ver cómo se coartan as notas de prensa dos partidos da oposición para darse conta da crecente ofensiva mediatica contra eles.

Do contrario, nos seguiremos atopando ante un gran Hermando informativo que non vai deixar contemplar claramente as xestións locais evitando que os cidadáns teñan información certera para poder críticamente, analizar o que pasa e poder obrar en consecuencia.

A seguridade vial no corredor do Morrazo

O incremento de accidentes mortais no corredor do Morrazo está xerar moitisimas peticións acerca da enésima conversión dunha estrada desas características en autovía. Os nosos instintos como individuos, ante un problema social coma é o da seguridade vial, nos levan a pedires a quen lle toque o tomar cartas no asunto.

Se analizamos os diferentes accidentes, os factores que os motivaron, chegamos a conclusión que na meirande parte deles non ten que ver nen o deseño, nen a sinalización da estrada, senón un grave fallo humano por incumplimento dalgunha norma de circulación.

Curvas abertas, peraltes ben definidos, cambios de rasante suaves... Cabe a posibilidade de que a nosa educación vial non sexa a máis adecuada para circular con seguridade a 100 km/h nunha vía única e sen mediana?


No caso do Morrazo, se poden trazar carrís de vehículos pesados nalgúns tramos onde non existen e aproveitando que o desmonte xa feito o permite. Pero non podemos propoñer o facer unha autovía cada vez que teñamos un problema de conxestión ou seguridade vial entre dúas vilas, resulta insostenible económica e medioambientalmente.

Son máis partidario de que a xente se responsabilice de que o coche é un instrumento que permite a comunicación e o transporte dun xeito áxil e flexible, pero que tomado á lixeira pode convertirse nunha trampa mortal...

O goberno e o mercadillo

Xa sabíamos que o mercadillo do Porriño era problemático. Despois de anos de intentos de regulalo e de poderes fácticos que actuaban en contra da regulación, agora únese a desbandada de comerciantes ante a iniciativa unilateral do Concello de poñer máis días de feria que os que ata agora existían.

Lembremos que tradicionalmente, os mercadillos celébranse os días 1 e 16 de cada mes, así como todos os martes. Agora o goberno, quere implantar o mercadillo tamén os sabados, e facelo en vez de en San Benito, a carón da Praza de Abastos.

Como non se pode contentar a todos, pasa o que pasa, e moitos vendedores xa anunciaron e cumpliron que non asistirán ó mercadillo en sinal de protesta, e mesmo desafiaron ó Concelleiro de Comercio publicando en prensa (Atlántico e Faro de Vigo) que non queren a Marcelino Coto como interlocutor e que só falarán co Alcalde para solventar este problema grave.

O comercio local comeza a resentirse por estes continuos cambios de postura e dicisións unilaterais do goberno local, que como di o refrán, parece que "nin oe, nin ve, nin mira, nin fala". Así pois, Porriño corre o risco de quedarse sen mercadillo ou de perder a súa calidade coa folga declarada por moitos comerciantes que non queren e non poden soster tantos días de mercadillo no Porriño.
O goberno se atopa ante unha difícil situación: chegar a un consenso sobre os días e o regulamento do mercado, ou a ser responsables da desaparición do tradicional mercadillo do Porriño.