POR LOURANVAL

A marcha de Raúl Francés e de Quico Paz Antón do BNG do Porriño representa sen dúbida a fin dun ciclo político na esquerda porriñesa, logo dunha dilatada carreira política local que comeza nos anos 80 cando ambos militaban no socialismo porriñés e dar o salto a principios dos 90 ó daquela expansivo BNG. Pasaron máis de 20 anos e tras o período de goberno local, a retirada de Francés e de Paz Antón abren un cisma no nacionalismo local.

As recentes declaracións de Francés nas que afirmaba que marchaba a loitar dende a rúa dado que no BNG local non o deixaron seguir como independente, non fan máis que acentuar a mala relación na que remataron os antiguos aliados e agora competidores Raúl Francés e Pedro Pereira, actual responsable comarcal do BNG e antigua man dereita municipal de Francés.

Liortas que poden supoñer unha importante sangría de simpatizantes do BNG cara novas alternativas de esquerda no Porriño, como a futura forza nacionalista emerxente Mais Galiza, Esquerda Unida ou mesmo o PSOE Porriñés.

E qué está a pasar precisamente no PSOE Porriñés. Silenciosamente, a nova Voceira, Eva García de la Torre, parece estargañando prestixio local, inda que paseniñamente. A excisión no BNG pode ser a súa gran oportunidade de dar o "sorpasso" ó nacionalismo e situar ó PSOE local como unha alternativa máis estable, feito que o traballo do anterior candidato Iván Vaqueiro conseguiu tras anos de traballo na pacificación e estabilización dun PSOE que nos anos 90 estivo máis que desaparecido e que dende o 2003 gañou credibilidade inda que a longa sombra de Francés truncou o seu avance e a crise do socialismo español tirou o traste o seu importante avance do ano 2007.

Eva García, a primeira muller Voceira dun Grupo Municipal na historia do Porriño, ¿pode convertirse na alternativa a Nelson Santos? É pronto para dicilo. O PSOE necesita imperiosamente recuperar o seu peso no mundo social, cultural e asociativo porriñés. Os seus marxes de apoio electoral teñen importantes fluctuacións entre as eleccións xerais, autonómicas e locais, o cal amosan a súa falta de anclaxe social en detrimento da otra gran forza da esquerda local, o BNG. A marcha de Francés non obstante, abre unha nova vía que o PSOE pode tratar de aproveitar.

Por moito que Pedro Pereira trate de ocultalo na prensa, non ten nin o apoio social nin a mesma forza agora que cando gobernaba, e menos inda agora que Francés (un importante capital social do BNG) marchou, xunto con outros moitos simpatizantes.

Pode ser a hora do PSOE, sempre e cando asuma dunha vez a determinación de construir un proxecto maioritario para os porriñeses e pragmático na conquista de apoios sociais. Se non o fai, a crecente atomización da esquerda local pode supoñer que en 2015, ademáis do PSOE e do BNG, se colen novas forzas como Máis Galiza ou Esquerda Unida, o que faría sen dúbida máis doada a renovación da victoria de Nelson Santos,

3 comentarios:

Anónimo dijo...

O PSdeG ten que baixar a rúa, voltar a facerse ver nas parroquias... achegarse a xente e falar. ¿De ónde saiu a candidata se ata pouco antes das eleccións nin se sabía de ela?

Anónimo dijo...

Eva García é unha persoa moi coñecida e valorada. Ten tres años por diantre para amosar a súa valía pero esta claro que xa nos plenos é a mellor oradora e Nelson remalle bastante medo. Nada que ver coa trapallada de Pereira e os restos do BNG...

Anónimo dijo...

Pois se o despertar do Psoe e a purga do PP apaga e vamonos.