Se a unha débeda financeira de considerables dimensións lle sumas uns presupostos irrealizables e ficticios, o que obtés non pode ser moito máis que números vermellos e parálise. Á minuciosidade que se empregou na manobra política de reafirmación como goberno por parte do BNG -aprobando uns presupostos vinculados a unha moción de censura- non a tiveron desta volta para tentar facer crer que non poden facer obras por culpa do bloqueo de outros partidos –salvo IdeP cun discurso tan claro coma demagóxico-.

Explícome, esas obras que o BNG recalcou ata a saciedade que eran básicas para o desenrolo do municipio –cousa na que estou de acordo vendéronse como que eran factibles, que estaban no presuposto e por tanto un supón que hai recursos propios para facelas. Diso nada, eses preto de 5 millóns de euros que aparecían na partida de inversións estaban ligados á venda de dúas parcelas. E dicir, espir un santo para vestir outro. Recorreuse ó doado, a vender patrimonio para investir nesas obras.

Xa apuntamos noutros artigos a necesidade de mellorar as partidas de ingresos e controlar o gasto, un concello con tal actividad económica non pode ter que andar a vender patrimonio para facer ¡obras de saneamento!, que somos case 18.000 habitantes e cunha cifra de negocios e de construcións nestes últimos anos moi elevada ¿qué se fixo con tódalas taxas e impostos?. ¿Ónde foron os case 6 millóns de euros de previsión de ingresos por licencias de construcións? Ah, que estaban inchados, pois vaia, mágoa!

Aínda así tiveron outra oportunidade de demostrar o que logo venden, priorizando obras cos case 3 millóns de euros que o concello recibiu para obras enmarcadas no Plan E, pero mesmo así en lugar de empregalos todos en obras de saneamento nas parroquias tan necesarias e importantes –que quede claro decidiron gastar 1,2 millóns en dúas humanizacións.

Agora que lle explique Pedro e Francés ós veciños –que a bo seguro defenderán que quedaron sen saneamento por culpa dos outros porque empregan 1,2 millóns en actuacións que se poden facer máis adiante (iso é priorizar) en lugar de facer que as augas fecais de varias parroquias máis vaian á depuradora.


Boas intencións, malos xeitos

Creo que a estas alturas niguén discute a oportunidade de determinadas obras en materia de saneamento, mellora do firme ou dotacións de espazos de recreo. O plan de financiamento feito polo goberno nacionalista, xunto coas obras promovidas dentro do plan de reactivación, supón un impulso a determinadas necesidades que xa se estaban quedando demasiado paradiñas. Nembargantes o criterio defendido polo grupo socialista no pleno paréceme rigorosamente acertado. Os activos inmobiliarios do concello son importantes porque dan cobertura as accións presupostarias do mesmo e constituen un elemento co cal se pode intervir de xeito directo na ordeación do territorio, comprando novos terreos coa venda daqueles.

Nas inversións en infraestructuras públicas, sobre todo aquelas que soen ter unha perda de valor no tempo importante (pavimentación e beirarúas, outra cousa ben distinta sería un auditorio ou un novo edificio para a biblioteca por exemplo), nestas inversións dicía, semella máis doado utilizar ou ben os recursos propios do concellos e as transferencias doutras daministracións, ou ben a financiación bancaria. E se non se pode porque temos unha débeda agobiante, a pregunta sería ¿Xa que lle pasamos ás futuras xeracións a factura da mala xestión no pasado en que llo imos cobrar? ¿Paralizando a inversión en novas obras hoxe ou descapitalizando o concello por non facelas mañá?

Rechazo do pleno ó plan de financiación do goberno

O goberno do nacionalista Raúl Francés no Porriño presentou unha operación de mercado que foi rexeitada polos grupos da oposición, salvo IdeP. Seguindo o que marcan as leis correspondentes, e tendo en conta a delicada situación financeira do concello, presentouse no pleno a venda de dúas parcelas aledañas ás zonas industriais. Esta venda vincúlase no tardío presuposto de 2008 ó financiamento dun número importante de obras. A valoración das parcelas feita polo equipo de goberno ascende a catro millóns de Euros, un máis que o recibido do estado polo plan de reactivación.

En xeral a necesidade de inversións foi ben recibida polos grupos (recordemos que os presupostos foron aprobados trala moción de confianza feita polo rexedor) pero non así a venda dos terreos. Os máis críticos resultaron o grupo socialista, quen considera a venda coma unha descapitalización do pàtrimonio municipal non adecuada para financiar inversións, e o grupo popular, o cal propuxo que se está a tempo de incluir o plan de obras nun novo presuposto valedero para este exercicio. Tamén houbo reservas acerca de unha posible infravaloración dos terreos. Estes sitúanse un en Budiño e outro en Pontellas nas inmediacións do futuro polígono industrial Oceanis, de promoción privada.

O mitin das bandeirolas e os pasaportes.

Finalmente a Junta Electoral Central dictaminou -como era de supoñer- que os votos da emigración que non vaian coa súa respectiva fotocopia do DNI ou pasaporte non serán válidos.

Hai que lembrar que este novo requisito para garantir na medida do posible a veracidade dos votos que chegarán a Galicia -recontados entre o 9 e o 12 de marzo-, xurdiu a petición do PPdeG. Ese mesmo partido no que Alfredo Enríquez Badás -que vai na lista no posto número 11 por Ourense- decidiu esixir ós asistentes ó vindeiro mitin de Feijoó na Arxentina o pasaporte que os acredite como galegos.

Tralas suspicacias xurdidas de esta polémica petición ós asistentes, Feij009 -presidente do PPdeG- apresurouse a decir que xa lle comunicou ós dirixentes destacados en Bos Aires que non fotocopiasen os documentos, que ese requisito era únicamente para evitar que outras persoas tiveran acceso ós refrigerios do propio mitin.


¿Onde se viu un espía pedindo o DNI?


SONDAXE: O billete metropolitano e as suvbencións

O novo plan de transporte metropolitano, que sustituirá os implantados en Santiago, A Coruña e Ferrol; ademáis de debutar en Vigo, inclue unha serie de suvbencións a cargo da Xunta e os concellos implicados coa finalidade de abaratar o custe dos billetes. As novidades do plan tamén son outras -trasbordos, tarxeta de usuarios, máis servizos, novo esquema tarifario por zonas en troques de kilómetros- pero quixemos centrar o debate na necesidade de ter que suvbencionar ás compañías para que estas rebaixen os prezos.

A suvbención ás compañías de transporte público ten unha xustificación económica. Como sabedes, incentivar o uso do transporte público nas áreas urbanas supón unha reducción da contaminación ambiental e da conxestión do tráfico no centro das cidades. A clave reside en que os costes que asume todo usuario de automóvil son inferiores ós que xenera en termos medioambientais -cada vez en menor medida- e de conxestión. Entón a elección entre transporte privado ou público por parte dese usuario non se fai en termos de igualdade entre ámbolos medios -independente de que na práctica non haxa alternativa pois o servizo de buses e trens aquí é malo, cousa que se pretende solucionar coas outras iniciativas do plan-.

A polémica xurde cando os servizos suvbencionados non son deficitarios por si mesmos e, trala reducción nos prezos, estes reciben un forte impulso de usuarios e, polo tanto, de facturación para as compañías. Por iso nos fixemos o sondeo e por iso barallábamos a posibilidade de que non tivera moito apoio. Unha vía de solucionar isto podería consistir na suvbención coa clausula de que superado uns determinados umbrais de facturación, a transferencia se vaia recortando. Deste xeito poderíamos aforrar unha boa chea de cartos das arcas públicas sen menoscabar o obxectivo de darlle pulos o transporte colectivo.

SONDAXE: A iniciativa de derribar o centro de interpretación

Quixemos preguntar acerca desta posible fin do "caso centro interpretación gándaras".

A resposta foi abrumadora, prácticamente tódolos participantes opinaron como errónea sobre esta idea.

Sabemos que a nosa é unha mostra moi pequena, pero tendo en conta o resultado tan maioritario non resultaría prepotente concluir que o pobo non respalda a destrucción dunhas instalacións, que ben poderían ser reutilizadas cunha inversión engadida, antes que dar por tragados polo water centos de miles de Euros.

Os derradeiros proxectos con cargo o Plan de Reactivación










Os últimos tres proxectos aprobados polo MAP con data 27/1/2009 son :


-Humanización Calle Manuel Rodríguez hasta Calle Xogo da Ola
673.549,82 €

Proyecto de instalación de red de saneamiento, acometidas y capa de rodadura en camino vecinal en la parroquia de Mosende - A Costeira - Levada
343.112,43 €

-Humanización plazas polígono I Torneiros
523.660,56 €



Finalmente 11 proxectos aprobados que totalizan os 2,96 millóns de euros que puxo á disposición do concello o goberno central. Desta volta dúas humanizacións, e outro plan de saneamento e asfaltado nunha parroquia, Mosende.

Son votos, non compostelanas!

Dende hai moitos anos que se ven falando da modificación das leis electorais, algo tan necesario para os cidadáns coma indixesto para os partidos. Parece que ninguén lembraba que as eleccións autonómicas tocaban en 2009 e pillaron a tódolos partidos en fora de xogo antes de mover unha soa coma da lei.

O caso é que ata o momento o sistema de votación no estranxeiro semellaba dunha seriedade digna de un país de terceira rexional, polo que en fundamento paréceme ben este requisito, xa que o apostre o ter o DNI ou o pasaporte español en regra non fai outra cousa que dar unha pequena mostra de interese pola súa terra.

Namentres Touriño se lamenta do movemento feito dende Ferraz, tanto PP coma BNG aproveitaron para cargar as tintas contra o xefe do executivo galego neste asunto. Supoñemos tamén que si tan de acordo estaban nesta materia puideron chegar antes a un acordo parlamentario.

Dáse a paradoxa que agora, nos últimos minutos do encontro, o PP, si, o mesmo que botou 15 longos anos no poder, lembrou que a lei electoral non era xusta e que o voto exterior debería facerse con garantías e decidiu –agora que xa non manda en Monte Pío–, interpor unha reclamación ante a Junta Electoral Central, manda truco!

Non se pode vender ós cidadáns unha vontade de cambio nas leis electorais e ter que chegar ós seguintes comicios sen unha lei aprobada no Hórreo para regular un sistéma tan anacrónico coma inxusto. ¡Que son votos non compostelanas!.

A Junta Electoral Central esixe o DNI para o voto emigrante

A decisión da Junta Electoral Central -debido a unha reclamación do PPdG- de solicitar unha fotocopia do DNI co voto dos emigrantes para as eleccións galegas do 1-M comezou a levantar a polémica. Segundo esta medida moitos dos emigrantes poderían quedar sen o seu dereito a voto nos diferentes paises da diáspora, as estatísticas da Secretaría Xeral da Emigración calcula que será sobre un 40%.

Tanto o PPdeG coma o BNG aplaudiron a medida, namentres que o Secretario Xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, semellaba non estar conforme coa decisión do PSOE de plantexar un recurso ante o Tribunal Supremo si a Junta Electoral Central ratifica a súa decisión.

O número dous do PSOE argumentou que a resolución supón unha interpretación restrictiva da lei electoral onde non consta ese requisito e lamenta que a medida convirta ós emigrantes en "ciudadanos de segunda". "Estamos a favor de que haya todas las garantías del mundo y de un control exquisito en todo lo que tiene que ver con el voto por correo, pero sin menoscabar sus derechos", suliñou Pepe Blanco.

Pola súa banda o Secretario Xeral dos populares galegos, Alfonso Rueda, acusou a Touriño de mentir ós gallegos e de preparar un "pucherazo" coas papeletas da diáspora.

O líder do BNG, Anxo Quintana, calificou de "espeluznante" o recurso e asegurou que o sufraxio exterior avergonzaría a cualquier país europeo. "¿Qué estamos, en Tanzania?", preguntou Quintana, quen aseguró sentir vergoña ante a regulación do sufragio exterior.


Fonte: 'El Pais' edición Galicia.

¿Boa xestión ou cambio sociolóxico?

Acaba de publicarse a primeira gran enquisa electoral para as vindeiras autonómicas do un de Marzo. O resultado en escanos amosa unha perda de dous deputados autonómicos para o Partido Popular e o reparto destes dous entre os actuais integrantes do bipartito. A pregunta que titula este artigo non é gratuíta. En primeiro lugar, un resultado coma este podería indicar unha aprobación por parte dos galegos e galegas á xestión do goberno bipartito. Neste senso habería que destacar a fenomenal campaña de imaxe feita polo vicepresidente Anxo Quintana ó longo da lexislatura, evitando caer no típico segundo plano que fai que nun goberno de coalición todo recoñecemento se dirixa á figura do presidente. Nembargantes eu opino que tal aprobación podería non ser a forza que explique este alonxamento da dereita verbo da maioría absoluta. É evidente que neste blog puxemos certas críticas no senso de determinadas accións do goberno autonómico. Tamén é certo que a base socialista está moito máis que satisfeita co traballo feito. Pero aquí a clave reside naqueles electores non fieis. Eu penso que este impulso (polo de agora en precario e a moito tempo da verdadeira equisa, a de Marzo), este impulso dicía que pode deberse máis a un cambio estructural da poboación galega, a cal xa non ten esa tendencia conservadora; cambio que puido ser impulsado pola imaxe dun goberno de esquerdas por fin no noso país e sen apenas índices de inestabilidade (cousa que non sucede en moitos municipios) ou dito doutro xeito, esa perda do medo que sempre existe cando un se acostuma ó eterno presidente (Fraga, Felipe, da igual). De tódolos xeitos, isto nada máis que está comezando e durante a campaña podería darselle a volta a todo; aínda que a dereita se lle dan peor os "springs" non descarto novidades neste aspecto.



Enquisa La Voz de Galicia.

Increible, pero certo

Por todos é sabido que según sexan as siglas do poder neste concello ou naquel, según coincidan coas siglas que no momento gobernen en Santiago ou na provincia, pois establécese unha certa rede de favoritismos á hora de facer isto ou aquilo neste o naquel concello. O BNG goberna no Porriño, o PP ostenta o poder na anacrónica Deputación de Pontevedra e un goberno de coalición PSOE-BNG manda na Xunta de Galicia. É de esperar (desgraciadamente porque iso non debería ser así) que certas inversións promovidas polo goberno provincial sexan máis complicadas de ver nos concellos nos que goberna as esquerda. Sen embargo isto non foi inconveniente para levar a cabo, por exempo, a reforma do campo municipal do Cototorrón en Tameiga, Mos. A clave é conseguir o acordo coa Deputación. Sen embargo no caso do Porriño as cousas xa foron máis aló. O proxecto de construcción do novo campo do Atios case se deixa estar a medio facer. E a insistencia do Porriño Industrial para reformar as súas instalacións tivo que resolverse por mediación "ex profeso" da Xunta de Galicia a modo lavado de cara do que aquí aconteceu, ou máis ben non aconteceu. Semella que xa non chega coa cor política do alcalde e do presidente provincial, senón o feito de que non haxa sintonía "persoal" entre ambas partes resulta máis importante que a consecución dunha infraestructura NECESARIA no concello. Triste historia, en fin...

Así o asegura, segundo A Peneira, o concelleiro responsable na materia, Marcos Rodriguez Novás, case un ano despois de que se dera a coñecer o proxecto por parte da conselleira de deportes na Xunta, Ánxela Bugallo.

A consecución deste tipo de terreo para sustituir o campo de terra é unha vella aspiración do clube de fútbol afincado en Torneiros, o histórico Porriño Industrial. No seu tempo sonou para tal fin a rede de campos de herba sintética de segunda xeración que ven promovendo e financiando a Deputación de Pontevedra nos últimos anos. Nembargantes, a falla de fluidez na relación institucional entre o concello (BNG) e a Deputación de Pontevedra (PP) deixou en saco roto esta infraestructura deportiva, inclusive tivo paralizada a finalización dos traballos para construir o novo campo da Unión Deportiva Atios.

O comezo das obras é para Febreiro e cun prazo de execución de tres meses, segundo se informa no blog do citado rotativo. Por noticias de arquivo sabemos que a Xunta tiña pensado invertir 700.000 Euros no proxecto, aínda que non temos a día de hoxe información algunha sobre o presuposto final das obras, pero supoñemos que en breve sairá o anuncio correspondente no DOGA.

Raúl Francés fala do tren en Porriño.

Estaba agardando a ter acceso á nota de prensa completa do alcalde Raúl Francés na que se pronunciaba sobre o futuro ferroviario da vila. Esa nota que apareceu días atrás en xornais de forma resumida, sae agora máis desenrolada na edición de xaneiro de A Peneira.

Semella que a Raúl Francés non lle gustou que un diputado viñese a presentar a aprobación do segundo treito do trazado da saída sur do ferrocarril de altas prestacións.

Nunha nota de prensa, o rexedor porriñés fixo un argumentario encol do futuro ferroviario de Porriño con bastantes máis sombras que luces. Primero tentando confundir á xente entre dúas cousas ben distintas, infrastucturas e servizos, pedindo que co contrato das novas infrastructuras deberían aparecer os Cercanías. ¿Imaxínanse a un político local pedirlle a Magdalena Álvarez que se vai a aprobar a construcción dunha autovia poña tamén unhas liñas de autobuses? Pois iso, que ADIF é unha cousa, e RENFE-Operadora outra.

A pesares de non haber maior novidade nos servicios da estación de tren do Porriño nos últimos 5 anos, salvo que dende hai algo de tempo non hai xefe de estación, agora acórdase que a nosa vila está abandonada e que hai poucos servicios... ¿e houbo algunha queixa formal?. Segundo o propio interventor en resposta a unha pregunta escrita no concello, as xestións sobre o tema do ferrocarril por parte do executivo en todo este tempo redúcense a dous faxes, se iso e "ter insistido reiteradamente" que veña deus e o vexa.

O que si parece que leeu, supoñemos que non en ningún dos arquivos PDF que adxunto abaixo xa que non é moi amigo de internet, foi que o estudio que se aprobou agora corresponde a O Porriño - Fronteira portuguesa, e que ven a decir que non ten nada que ver co trazado do centro e o paso a nivel... claro que non é ese tramo, porque xa foi aprobado en febreiro de 2007, sería que coa precampaña en mente non se decatou, ímoslla pasar. Este novo tramo o que fai é completar a saída sur de Vigo, e darlle un pulo a un proxecto no que non tería sentido executar só unha das dúas partes.

O de invitar a un deputado a que ofreza a información privilexiada, non parece moi ortodoxo, presupón un oscurantismo (xa o dicía o da palla no ollo...), e instándoo a que faga público os informes dos trazados e as memorias económicas e técnicas e os prazos de execución... Resulta que esta documentación que un alcalde lle esta a pedir a un deputado, por lei estivo en exposición pública durante 30 días no propio concello, de chiste.

Por suposto hai que romper unha lanza en favor das súas reivindicacións de cercanías e dun apeadoiro nas Gándaras, claro que sí, xa é algo que vimos reivindicando dende aquí hai tempo. Pero o de empregalas misturadas con argumentos erróneos e demagóxicos soa máis a pataleta que a outra cousa. Se toda a preocupación do rexedor resúmense en dous faxes... pouco queda por engadir... tarde piache.


Información do tramo Vigo - O Porriño (PDF)

Información do tramo O Porriño – Fronteira portuguesa (PDF)

Compromiso de execución da saída sur (PDF)

Recalificaciones, dimes y diretes

Ahora sale el alcalde de Vigo diciendo que el emplazamiento del futuro centro de IKEA será en el término municipal de la ciudad olívica. La clave reside en que, por lo menos, cita que se han establecido contactos con representantes de la propia multinacional del mueble. Ya sabemos que aquí en Porriño se hizo efectiva una recalificación urbanística (sobre un ordenamiento que tanto nos costó tener) pensando y creyendo, sin establecer ningún contacto con la multinacional, que el emplazamiento sería en Cans. Aquí lo único que se hizo fue hablar con una promotora y, sin ningún proyecto en firme, darle "palante" a la corrección del PXOU. A ver qué es lo que pasa de aquí en un futuro. A ver quién sale finalmente ganando en todo este proceso. Aún así, yo invito a nuestros políticos a que no acudan a un pleno a tomar decisiones serias basdas en creencias religiosas o vete tú a saber en qué oscuros intereses. Y al votante en general le pido un poco más de exigencia y que no se deje engañar por el típico argumento de los puestos de trabajo.

"Si, yo hablé con el intermediario y se estima tantos puestos de trabajo entre directos e indirectos".



IKEA se instalará en Vigo

O Porriño había modificado su Plan Xeral para acogerlo

"Spain is different"

Non era moito tempo, nada máis que dous meses. Nembargantes o ritmo de presentación de proxectos por parte dos municipios fai honra ó dito que titula este artigo. E que aquilo de que os españois deixamos as cousas para o último momento parece máis que evidente neste caso. Semella que no concello do Porriño se puxeron as pilas esta semana, presentando un número importante de actuacións e consumindo case a metade do valor do fondo. O que resulta inexplicable é o caso mosense. Onte asistimos á noticia da aprobación dos presupostos para o exercicio 2009 e do novo esquema salarial. Perfecto, está visto que se puxeron a traballar no seu proxecto de goberno. Sen embargo, compre dicir que o goberno salinte xa aprobara unha serie de actuacións que agotan a totalidade do fondo correspondente. Hoxe, a catro días do fin do prazo de presentación, somentes temos coñecemento oficial de tres obras en materia de saneamento e seguridade vial. Catro días por diante para cubrir aproximadamente o 70% restante dos dous millóns e medio de Euros que lle corresponden o concello da parte alta da Louriña. Espero que non se durmiran nos laureis estes días pensando nos soldos e no organigrama do concello, estamos a mediados de lexislatura e durante dous anos houbo un goberno que na súa última xunta deixou o plan totalmente traballado. Sería imperdonable por parte dos cidadáns renunciar a eses investimentos simplemente porque foron planificados por outra alcaldesa.

O MAP aproba catro proxectos máis para Porriño








O Ministerio de Administraciones Públicas volve a publicar unha nova relación de proxectos aprobados no eido do plan de estímulo da economía con data 20/1/2009.


- Proyecto de iluminación, Calle Domingo Bueno.

173.845,09 €

- Mejora de accesibilidad en el edificio multiusos sito en Torneiros (ascensor, oficinas neural, igualdad)

165.648,00 €

- Proyecto de mejora de seguridad vial N-120, N-550 Torneiros y otras parroquias

175.872,40 €

- Instalación de parques infantiles en todas las parroquias

165.022,35 €


O montante total das inversións adxudicadas de esta volta é de 680.000€, que representan o 23% do importe total do que dispón o concello.

En cifras absolutas son máis 1.423.000€ os que xa están asignados a proxectos, un 48% do total. Nos vindeiros días iremos tendo máis novas sobre en qué se investirán os cartos restantes.



¿Que terán os salarios que sempre dan que falar?

Pois iso, que se pagan cos cartos do concello e polo tanto cos nosos impostos. O novo cadro de adicacións do concello de Mos deixanos un novo perfil, máis plantilla en nómina e menos adicacións exclusivas. A proposta presentada en pleno polo grupo popular, e mailo non adscrito, suporá unha leve baixada dos salarios da alcaldesa e tenente de alcaldía (o salario bruto anual), a supresión dos polémicos asesores e a creación doutros cargos extra-plenarios, estes últimos criticados duramente pola oposición, tal e coma fixera o PP cando a esquerda gobernaba. Nada novo neste senso. Aínda así a sustitución de dous cargos de asesoramento, que nen tiñan funcións recoñecidas explícitamente, nen gozaban de méritos nun currículo para estar a cobrar o que estaban a cobrar do concello, consideranse necesario; ademáis algúns dos novos nomeamentos que pretende o novo goberno (coma un director xeral de urbanismo) polo menos teñen unha función explícita. Veremos que sucede co desenvolvemento dese cargo e doutros que vaian sucedendo. Todo está moi verde, xa haberá tempo de que madure.



Los sueldos, caballo de batalla del primer pleno de las cuentas de Nidia Arévalo.

1-M : ¿Feijóo09 ou Fraga89?

Xa comezaron as maquinarias pre-electorais a zumbar, e a quinta provincia galega xa a bo seguro ten carteis dos partidos en contenda por moitos dos lugares de reunión dos emigrantes. Polo momento, non trascenderon novas sobre a imaxe de campaña do PSdeG-PSOE nin do BNG, supoñemos que quizais non disten moito da que presentan aquí.

O tema saltou nas filas populares, semella que a Feijó09 non se lle presume o tirón que poida outorgar os 39 escanos ó PP e por se as moscas decidiron 'axudalo' con unha imaxe corporativa diferente a empregada en Galicia. Na Arxentina xa hai autobuses circulando cunha fotografía do candidato popular departindo co xefe de filas, o presidente (do PP galego) Don Manuel Fraga.

Son moitos votos os que están en xogo nos paises destino da emigración galega, e hai que empregar todos ós santos que teñamos a man, xa se chame San Pancracio ou San Manuel Fraga. Descoñecemos se tamén na visita que Mariano Rajoy ten prevista a Suiza co gallo da precampaña electoral galega, terá que botar man do veterán senador...¿ou quizais prefira outra imaxe máis renovada da man do seu mentor?.

La Voz de Galicia - Nova e fotografía do cartel da campaña popular en Arxentina.


Faro de Vigo - El eterno candidato

Faro de Vigo - Fotografía

Frigolouro en folga

A primeira das dúas xornadas de folga en Frigolouro saldouse con dous detenidos por resistencia e desobediencia á autoridade, eran membros do comité de empresa e xa están en liberdade. Ó longo do día uns 200 traballadores concentráronse diante da nave para evitar a entrada de persoal e camións no recinto da empresa cárnica. Segundo un delegado da propia empresa, os manifestantes impediron a saída de tres camións e outros oito que tiñan como destino o propio matadoiro.

As reivindicacións dos empregados son o rexeitamento á perda de postos de traballo e á precariedade dos mesmos. O paro foi convocado por CC.OO e UXT que denuncian ademais que ós traballadores eventuais que rematan contrato obríganos a facerse autónomos.


La Voz de Galicia

Financiación extra para obras básicas.

Case tres millóns de Euros. Iso é a cuantía que lle corresponde ó concello do Porriño no tal plan de reactivación creado polo estado. Como ben sabemos, máis aló de endebedamentos, o concello do Porriño non se caracteriza precisamente pola escasede de recursos. Estamos a falar de concellos cunha certa densidade de poboación, con actividade industrial e cunha importante transferencia de cartos procedentes das administracións superiores. A min o que máis me chama a atención é o feito de que se teña que acudir a un fondo extraordinario para afontar necesidades que non foron aínda cubertas polos recursos ordinarios. Saneamento e tuberías, por exempo.

Atendendo ó espíritu do plan (e xa fixemos unha enquisa neste respecto) eu penso que o máis lóxico sería facer unha análise de cantos postos de traballo podemos crear coas seguintes inversións e como podemos aumentar as dotacións de infraestructuras no municipio, máis aló das necesidades básicas que, baixo o meu punto de vista, deberían estar xa cubertas. Sen embargo confiemos en que o curso dos proxectos nos vaian traendo algunha inversión máis comprometida coas aspiracións que en materia de servizos públicos ten o municipio e coa finalidade de promover o emprego nestes tempos de crise.


SONDAXE PLAN REACTIVACIÓN DA ECONOMÍA

O Fondo de Inversión Local aproba 4 proxectos para Porriño








Xusto un día despois da publicación do anterior artigo, falando do lento ritmo de solicitudes e aprobacións de proxectos enmarcados no Fondo de Inversión Local, o Ministerio de Administraciones Públicas reflexa a aprobación de 4 proxectos para Porriño con data 17/1/2009.



- Instalación de red de saneamiento, acometidas y capa de rodadura camino vecinal en la parroquia de Cans - A Carreira - Eidos do Medio

97.442,82 €


- Sustitución de tuberia de fibrocemento para abastecimiento de agua en la calle Domingo Bueno

212.596,45 €


- Proyecto instalación red de saneamento acometidas y capa rodadura camino vecinal en la parroquia de Chenlo-O Penedo-Abas

217.711,99 €


- Proyecto de instalación de red de saneamiento, acometidas y capa de rodadura, camino vecinal en la parroquia de Pontellas,Outeiro,San Paio

215.206,09 €


En total son case 743.000€ dos 2,96 millóns de euros dos que dispón o goberno local do Fondo Estatal para empregar en actuacións de execución urxente. Agardamos ir coñecendo nos vindeiros días o resto de proxectos, xa que polo momento, a única información ó respecto da que dispoñemos os veciños e a que ofrece o Ministerio de Administraciones Públicas.


O tempo esgótase.

Tan só 13 de 62, é dicir o 21% dos concellos pontevedreses (Baiona, Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, Illa de Arousa, Lalin, Moaña, Mondariz Balneario, Poio, Pontevedra, Silleda, Vigo e Vila de Cruces) fixeron os deberes e teñen solicitados e adxudicados proxectos do Plan de Reactivación da Economía posto en marcha o mes pasado polo goberno de Zapatero. Esta medida dotada con máis de 8.000 millóns de euros adxudica a cada concello a parte proporcional de fondo a súa poboación, no caso de Porriño 2.963.668€. No seu momento xa todos os cidadáns de a pé enteráramonos que eran medidas urxentes, e que por unha vez na historia no eido burocrático, ían ter uns prazos moi axustados para poñelas en marcha canto antes.

No pleno do 1 de decembro no Concello de Porriño xa o PSdeG trasladoulle ó alcalde e por extensión ó grupo de goberno a premura coa que se debían realizar as xestións, e Raúl Francés pouco máis fixo que dicir que el non sabía nada (cando a nova xa saíra en tódolos medios) e que si no BOE non estaba publicado nada a ver porque tiña que empregar internet para informarse e solicitar as subvencións. Ademais da súa alerxia as novas tecnoloxías tamén aproveitou para contestarlle que si tanto sabía sería grazas á información privilexiada do PSOE, todo isto en lugar de poñerse mans a obra.

Dende aquela xa pasou mes e medio, e polo menos, nos medios non hai maior novidade ó respecto, salvo o Faro de Vigo que informa do baixo ritmo de solicitudes dos concellos, e iso que en pouco máis de unha semana finalizará o prazo.

Sería imperdoable renunciar a eses fondos por inoperancia ¿ou quizáis será orgullo?

UGT lolailo que si, CIG lolailo que no. Un conflicto sin resolver.

Ayer por la tarde hubo una concentración convocada por la CIG en defensa de los intereses de los trabajadores de Astra Zéneca y por la continuidad de la factoría en el municipio. Como es bien sabido ya, los dos sindicatos presentes en el comité de empresa andan cada cual por su lado. El mayoritario UGT y coincidente con la postura de la dirección aboga por que la continuidad de la planta no está en peligro, mientras el sindicato nacionalista opta por desmarcarse de la tesis y protestar en firme ante la posibilidad del desmantelamiento de la misma. Lo cierto es que la actividad en la empresa ya venía reduciendose.

Lo que yo no termino de entender (o si) es como puede haber dos posturas tan antagónicas cuando el conocimiento de la realidad debiera ser el mismo. Parece claro que aquí entra el juego el típico conflicto de intereses, el sálvarse el pellejo como se pueda y cierto dogma de fe ante lo que nos dicen unos y lo que nos dicen otros. La verdad, si ni siquiera hay unidad dentro de la empresa es imposible que logren el respaldo del municipio. A fin de cuentas, solo son más de 100 puestos de trabajo en el aire...

Baixando os xuros en Europa, subindo os stocks en Budiño.

A dirección da factoría PSA-Citröen da cidade olívica asegura que nestes intres o exceso de plantilla vai levar a non renovación de 900 postos de traballo ata o mes de Abril. Como ben sabedes o sector da automoción está a sufrir a contracción da demanda dun xeito especial nestes tempos de crise. Xa van meses caendo a produción e os stocks todavía seguen acumulándose, o que nun sistema de producción "just in time" obriga a empresa a reducir recursos productivos dun xeito inmediato para acomodarse á demanda actual. A reducción de plantilla somentes afectará ós contratos eventuais. Espérase que neste ano 2009 o nivel de producción acade a cota do ano 1997, por debaixo dos 300 mil vehículos. Por outra banda, o paquete de medidas de apoio financeiro que se está a deseñar dende a administración pública, debido ó peso específico que este sector ten no emprego estatal, anúnciase que deberán ser devoltas nun prazo máximo de quince anos, contando unha futura saída desta crise e tamén contando que a situación financeira do sector non está a presentar problemas engadidos.

Máis baixada de xuros.
O Banco Cental Europeo acaba de publicar unha nova baixada de tipos de interés, facendo chegar o tipo oficial ó nivel do 2%. Non está nada claro entre os analístas que este tipo de medidas vaian impactar demasiado na recuperación do crédito e da demanda da economía a curto prazo, isto por motivos do funcionamento do sistema financeiro. En calqueira caso, espérase que o abaratamento dos créditos prosiga o seu curso ó longo do ano.



Artigo recomendado para interesados no tema da crise económica:

Dos años después del término de las obras, aún tendremos que esperar unos meses para ver como la depuradora de aguas residuales de Guillarey entra en funcionamiento. Como sabeis, el inicio del servicio se ha venido retrasando por discrepancias entre ayuntamientos y Xunta sobre como se debe financiar el mismo. Además todavía quedan sectores de la población a los que abastecer mediante la correspondiente conexión con los principales aliviaderos, conexión de la cual la propia Xunta se acaba de hacer responsable.

La entrega oficial por parte de la confederación hidrográfica del miño-Sil al gobierno gallego se realizó de forma simbólica en un acto ayer en las propias instalaciones, pero para que este último haga lo mismo a los ciudadanos todavía hemos de esperar, como mínimo, hasta el mes de Junio. Y para que el servicio supere la fase de prueba (recordemos que la depuradora lleva dos años parada y es posible que se tengan que incurrir en mayores gastos para ponerla a punto) y se encuentre a pleno rendimiento todavía habrá que aguardar, si cabe, un año. Los ayuntamientos implicados (Porriño, Mos, Salceda y Tuy) siguen sin celebrar los plenos en los que se han de aprovar las respectivas ordenanzas que regulen la aportación de cada municipio a la financiación del servicio y en el cánon que ha de recaer sobre los ciudadanos.


Noticias y opiniones a destacar sobre este tema en el pasado:

Empresas de Porriño solicitan que se agilice el saneamiento del Louro.

O Louro, merda no cauce e nos despachos.

Donde dije digo, digo Diego.

Va a ser mentira que entre gobiernos amigos se consiguen más cosas. Lo cierto es que ni entonces con el oportunista Plan Galicia ni ahora con el doblete del PSOE en la Xunta y en Moncloa daremos hecho el puñetero corredor de alta velocidad. Cada vez que se promete una fecha aparece una nueva promesa, o un nuevo proyecto con una nueva promesa. El último caso es el de la salida hacia Portugal, pero lo verdaderamente relevante del tema es que ya no se van ampliando las fechas conforme nos vamos acercando a la última de las prometidas, ahora es de risa porque en una misma semana unos dicen yeah y otros dicen hou hou. Para matarlos.


Fomento fija la conexión del AVE con Oporto para 2015, dos años después de lo dicho por Touriño.

¿Alguén sabe o que foi deles?

Con isto do tema do malogrado centro de interpretación das Gándaras veume a cabeza a situación do PP no Porriño. Porque ver a Manuel Carrera pedindo explicacións nos medios por esta desgracia sería algo así coma ver a Feijoó facendo o mesmo polo tema das concesións a AUDASA. Aínda así, ó pobre home non se lle ve o pelo (a Carrera claro). O tempo pasa, achéganse unhas novas eleccións autonómicas e o grupo popular do Porriño segue apenas sen vida. Recordemos a presencia testimonial de hai catro anos nos mesmos comicios. Enténdese que trala marcha de Xosé Manuel Barros da primeira plana electoral, e o xurdimento de certos partidos políticos independentes, sobrevenise unha época de incertidume na dereita porriñesa.

Eu creo que xa vai sendo hora de mirar para adiante e botarse a poñer propostas no pleno e nos medios, se é que as teñen. Porque se goberno hai más ben pouco, oposición tres cuartos do mesmo. Antes polo menos era todo máis divertido. ¿Acordádevos daqueles piques no pleno entre Barros e Raúl Francés (quen llo diría)? ¿Ou daquelas coplas mal dixeridas por algúns nos carnavais? ¡Que tempos! Xa nos parecen prehistoria, afortunadamente.

A bocaza da sra. misnistra.

Hai que dicir que inxustamente se lle está a facer unha persecución dende diversos medios de comunicación á ministra de fomento Magdalena Álvarez. Inxusta polas supostas neglixencias ás que directamente se refiren, ainda que pola súa bocaza o ten ben merecido. O sucedido na visita a Vigo de onte non ten parangón. A ministra pouco menos que tratou ós representantes da plataforma "Salvar o Tren", e ós moitos que estamos a favor das súas reivindicacións, coma paletos e ignorantes. Coma se non soubésemos de que estamos a falar. Pedir un servizo de cercanías non é incompatible coa alta velocidade nen, por suposto, un romanticismo de nostálxicos.

O eixo Coruña-Santiago-Vigo representa a liña con máis facturación de tódala rede ferroviaria galega e o tradicional rexional, que fai paradas en apeadeiros e vilas, resulta un medio de transporte fundamental para a vertebración do territorio; máis seguro, eficaz, ecolóxico e potencialmente máis barato que outro tipo de transporte. Porque esa é outra, non se fala de que alternativas se lles van ofrecer os usuarios que non teñan o pracer de vivir no centro de Santiago e que están acostumados a usar o tren coma medio de transporte. Todos queremos progresar e deixar de lado os "trens a 17 km por hora" pero unha ministra socialista debería amosar un pouquiño máis de respeto pola función que teñen os servizos públicos, sobre todo cando estes nen sequera son deficitarios.

O último treito da saida sur xa está no BOE.

Como avanzaramos estes días, antes do día 18 sairía publicado no Boletín Oficial do Estado o segundo e definitivo tramo da liña de alta velocidade entre Vigo e Portugal, pois ben, hoxe día 13, sí, martes e trece, Galicia embárcase definitivamente no artellamento ferroviario cos nosos veciños lusos.

Está a disposición dos veciños nos concellos afectados, Tui, Porriño e Salceda de Caselas o estudio informativo do treito.


BOE 13/1/2009 - Anuncio 460 - Mº Fomento

A ministra Magdalena Álvarez rexeita públicamente as demandas cidadás sobre o tren rexional

No día de onte a ministra de fomento e a conselleira de política territorial estiveron na cidade de Vigo presentando os novos trens que van sustituir o vello convoi que durante tantos anos fixo o traxecto con Barcelona, coñecido coma tren Estrella de Galicia. No acto tamén se anunciou a modernización das liñas rexionais, coa incorporación de novos trens eléctricos na liña Vigo-Ourense-Monforte e novos trens diesel nas liñas Coruña-Santiago-Vigo e Santiago-Ourense.

Representantes da plataforma "Salvar o Tren" aproveitaron o evento para manifestarse públicamente. Este colectivo xurde dun movemento veciñal preocupado pola supresión dun número importante de estacións de ferrocaril debido a futura entrada en servicio da nova liña de alta velocidade entre Coruña e Vigo. O argumento esgrimido non é outro que a defensa do chamado tren de proximidade e a necesidade de por en marcha un sistema de cercanías evitando que os vellos trazados queden en desuso.

Unha das manifestantes pretendeu facer chegar un documento escrito á ministra de fomento pero non foi posible. Posteriormente Magdlena Álvarez desacreditou ante os medios os obxectivos da plataforma argumentando que o servizo que se reclama non é compatible con modelo ferroviario que se está implantando. O que non aclarou a ministra foi o modelo de trasporte públco que defende o seu departamento, pois a supresión de paradas nun número importante de vilas e parroquias vai ser moi evidente.



FONTE: La Voz de Galicia, varias noticias a 12 de Xaneiro de 2009.

Polvo eres y en polvo te convertirás

Si señores, la película de terror que comentamos meses atrás, sigue cogiendo forma, el desenlace se va acercando en forma de demolición. Y es que el género del drama engancha más al público, de ahi las decisiones que se van tomando.


Las cuentas de la superproducción

El presupuesto del film era de 420.000€, de los cuales 'UE Productions' puso 300.000€ encima de la mesa para el rodaje, y el resto iría con cargo al Concello, es decir los 120.000€, puesto que el decorado quedaría para el usufructo del pueblo. Pero como el Concello nunca quiso saber mucho del tema, lo dejó estar, y claro, los vándalos hicieron de las suyas en As Gandaras-Hollywood, con lo que los productores de la UE se enfadaron y aunque no fueron demasiado duros en sus exigencias (conformándose con el 50% del montante aportado) el Concello (es decir, los porriñeses) deberemos pagar 150.000€.

Eso si, nos quedamos con unos cuantos magníficos camiones de escombros en nuestro haber que bien podrán valer para rellenar algún bachecito, o alguna cantera... porque digo yo que 270.000€ de escombros darán para mucho, o al menos serán de materiales nobles.


Sin noticias de Bruselas


Todavía se espera la llegada al consistorio porriñés de la reclamación por parte de la productora, pero que tarde o temprano lo hará puesto que el enfado en las esferas comunitarias medioambientales era considerable, y la imagen del pueblo a buen seguro quedará dañada cara a futuras solicitudes de subvenciones o ayudas por parte de este organismo.

Raul Francés culpa al anterior gobierno en 2001 por recibir la subvención sin tener el proyecto definido y dejar la formalización para un futuro pleno. Ni Jose Manuel Barros ni nadie del PP porriñés ha dicho esta boca es mía, en una falta de asunción de responsabilidades y de explicaciones a la población épica. Pero no menos cierto es que desde 2003 el BNG se hace cargo de la alcaldía y del área de medio ambiente y tampoco hay ningún movimiento en el sentido de finalizar la obra y darle el uso para la que fue concebida, a pesar incluso de haber recibido informes de la policía local en los que se relata el estado de deterioro del inmueble, y cuya unica respuesta por parte del gobierno fue tapiar las ventanas y accesos.


Fuentes

La Voz de Galicia - O Porriño apuesta por derribar el aula de naturaleza pagada por la UE


La Voz de Galicia - El Concello aún no ha recibido notificación de Bruselas reclamando la ayuda de 150.000 euros para el centro


Chegou o 2009 e a merda segue no río.

No último tramo do ano pasado se veu falando moito nos medios de comunicación acerca dun novo pulo para por en funcionamento dunha vez a olvidada depuradora de Guillarey. A última noticia da que temos constancia indica un acordo definitivo coa Xunta, falamos da financiación e a explotación do servizo a partires de Xaneiro. Pero van pasando as semanas e non temos nada novo sobre este tema. En primeiro lugar deberíase facer un pleno extraordinario nos catro concellos implicados (Salceda, O Porriño, Tui e Mos), catro plenos que según temos entendido se realizarían na mesma data para axilizar o tema. Pero estamos case a mediados de Xaneiro e os nosos políticos parece que seguen de vacacións de Nadal. Nos seguiremos atentos a ver se aparecen novas sobre este asunto. Esperemos que pronto poidamos deixar de botar a merda no río, os que podemos claro, porque incomprensiblemente todavía temos barrios nos catro municipios sen saneamento. Unha tristura.



Tamén publicado en Progrelo:
O Louro, merda no cauce en nos despachos.

O Porriño: Área metropolitana do Porto

É unha proposta, a de mover a fronteira con Portugal uns quilometriños cara o norte. Así non teríamos que preguntarnos porqué dende Vigo os seus politicuchos teñan que ser quenes dirixan determinadas cousas ó seu antoxo. Ós do "Gran Vigo" somentes lles importa o que pasa máis aló do Galiñeiro polo interés que ten o seu porto marítimo na futura plataforma de Salvaterra, e nin con tal empeño conseguen afianzar con ritmo o proxecto. A impresión é que o do área metropolitana é unha idea para que por fin a cidade sexa capital de algo, para meterlles esa piruleta na boca dunha vez. O plante do alcalde Abel Caballero na reunión que tiña cos alcaldes do Morrazo para firmar o protocolo de colaboración no plan piloto de transporte interurbano pola ría non ten excusa, pois unha cidade con aspiracións metropolitanas debería amosar unha sensibilidade maior en certos temas. ¿Acaso lle importa á clase dirixente viguesa a vida das persoas que habitan no que eles deron en chamar O Gran Vigo? Somentes lles importa o número para dicir que contamos con máis de medio millón de habitantes e merecemos certo rango de non sei que. Pois non señor, eu non. ¡Se aprenderan doutras cidades de por ahí fora en troques de guerrear cos mesmos de sempre! Eu son do Porriño, capital Oporto. ¿E ti? ¿De onde eres?

Luz verde : Vigo-Frontera portuguesa

Ala por febreiro de 2007 publicábase o estudio informativo do treito da liña ferroviaria de altas prestacións entre Vigo e As Gándaras, no Porriño (con 5 anos de retraso : máis de 3 co goberno popular na Moncloa e o resto co socialista). E, segundo Touriño, antes do vindeiro día 18 de este mes de xaneiro sairá no BOE o estudio informativo do tramo que restaba da saída sur, entre As Gándaras e a fronteira portuguesa (7 anos de retraso : 3 imputables o executivo Aznar e 4 o de Zapatero).


Serie 104 Renfe - Media distancia de Alta velocidad
(Manu 269 - Creative Commons)



Outra boa nova no eido da modernización das infraestructuras ferroviarias e a mellora da vertebración da franxa atlántica galaico-portuguesa. Unha liña que comunicará Coruña-Santiago-Pontevedra-Vigo-Braga-Porto, que suman más de 1,1 millones de habitantes so as cidades, e que si temos en conta as áreas metropolitanas a cifra multiplícase case por 4.

Este é outro pulo para a futura, pero cada vez máis cercana, variante ferroviaria do Porriño, xestionada e acadada polo PSdeG porriñés que se desplazou a Madrid en non poucas ocasións para lograr un compromiso que se viu reflexado no estudio informativo do 2007. Por fin a liña actual deixará de dividir en dous o casco urbán, un paso a nivel que desaparecerá e con el a fronteira entre Porriño e Torneiros, onde finalmente se ubicará a estación (agardemos que intermodal) e que verá pasar 3 vías, dous en ancho internacional de altas prestacións cara a Portugal ou Vigo, e as de ancho ibérico que seguirá a comunicar a cidade olívica con Ourense, salvo que Fomento dispoña algunha novidade (amén de Abel Caballero).


Serie 462 de Renfe - Automotor eléctrico de Cercanías Civia
(Jean-Pierre Vergez-Larrouy - Creative Commons)


Agora a prioridade dos concellos da Louriña e Baixo Miño debería centrarse en facer que esas liñas de altas prestacións sexan empregadas para un servicio de cercanías, dotando de apeadeiros e estacións onde senlla necesario ó longo dos perto de 30 quilómetros que separan Vigo do Río Miño (por suposto contemplando ampliacións ou ramais para conectar outras poboacións) . Ese será o verdadeiro capital que temos a nosa disposición e do que apenas se fala, porque a palabra AVE inunda calquer nova, presentación ou conversa de bar na que se refira o futuro dos camiños de ferro. Hai que lembrar que esas siglas non fan mais referencia que o servizo prestado por unha compañía monopolística polo de agora, que non ten excesivo interés para a meirande parte da poboación que se move a cotío nun radio inferior ós 50 qm. E iso ten un nome, CERCANÍAS, non AVE.



Touriño anuncia que el tramo del AVE entre O Porriño y Portugal saldrá a estudio informativo en diez días.

Touriño anuncia el desbloqueo del estudio informativo del AVE a Tuy



Posta a punto da primeira proba do plan de transporte metropolitano

Os alcaldes de Cangas e de Moaña firmaron o protocolo para a posta en servicio, en tres meses, dun plan piloto ideado pola Xunta coa finalidade de subvencionar o billete do transporte de ría. A reunión tamén estaba convocado o rexidor vigués pero este ausentouse por motivos que non quedaron ben claros, según parece ser de axenda. Este plan piloto considérase a antesala do billete metropolitano para autobús, tren e barco; e que implica os concellos interesados da zona de Vigo. O obxectivo deste plan previo non é outro que a reducción do billete ordinario á metade do seu nivel actual, ante o perigo de desaparición do servizo que, según voces da empresa concesionaria Mar de Ons, vai a provocar a directiva europea de liberalización; directiva a cal implica que calqueira empresa pode entrar a competir polo transporte marítimo. A carga financeira para os concellos ascende ó 20% da transferencia á empresa operadora, o resto correrá por parte da Xunta. Por suposto o plan elevará o nivel de esixencia no tocante á calidade do servizo e número de frecuencias coa posibilidade de quedar fora da subvención en caso de incumprimento.


Incremento de prezos e competencia.

Xa apuntamos os motivos que esgrimiu a compañía Mar de ons no seu momento para ameazar coa supresión do servizo a Moaña. O certo é que agora que temos a Xunta poñendo en riba da mesa o plan piloto, e aproveitando a tal directiva de liberalización, apareceu outra empresa interesada en ofrecer o servizo Vigo-Cangas, trátase da buenense Illa de Ons a cal xa traballa na concesión para viaxar a illa do mesmo nome.

Para finalizar apuntar unha suba xeral de prezos para o transporte público. A noticia non se agocha baixo a suba en si mesma senón na súa cuantía e circunstancias. Por unha banda o billete rexional de RENFE subirá un catro por cento (o mesmo que o vai facer o salario mínimo sen embargo moi por riba da suba do IPC interanual). Por oura banda a propia Mar de Ons acaba de anunciar para o 1 de Febreiro subas dun 7% nos billetes e cancelacións de determinados bonos desconto, e todo isto apenas tres meses anta da posta en práctica do xa comentado plan piloto.

Os propósitos para 2009

Acabamos de entrar de ano 2009 e facémolo dende o progrelo con ánimos renovados. Tras unha fulgurante remontada no último tercio do recentemente deixado 2008, chegando case as 50 entradas publicadas nese ano, fixemos un pequeno receso con motivo destes festexos. O ritmo de noticias é bastante baixo e as nosas mentes están máis pendentes cas cigalas e o bacalo que a política e a economía.

Esperamos para este ano 2009 un novo salto de calidade xa non na forma senón no fondo. O noso obxetivo para esta nova trempada será a búsqueda dun maior rigor informativo e novos pulos para ampliar a nosa temática (non imos deixar os trenciños de lado, xa vos avisamos). Así que nada, bo nadal, feliz aninovo e que os reis vos traian pouco carbón.

Apertas!