Nova obra para evitar o paso a nivel no Porriño

Esta mañá tivo lugar a colocación da primeira pedra, da nova conexion do 'cruce do costilleta' coa P0-331 (O Porriño-Gondomar).

Tras moitos anos de bloqueo de esta obra por parte do anterior executivo da Xunta, terá lugar o comezo dos traballos que teñen un prazo de execución aproximados de 9 meses, e logrará desconxestionar o gran volume de tráfico pesado que soporta a rúa Progreso e o paso a nivel



Esta infraestructura era a todas luces necesaria, xa que ata o de agora, moitos vehiculos optaban por empregar unha estrada que comunicaba a gasolineira de Sanguiñeda co Cristo de Belén, que non estaba acondicionada para soportar tal volume de tráfico en horas punta, sen señalizacion horizontal e con curvas de escasa visibilidade.
Nota de prensa

Torneiros, no Porriño, tamén existe

Queremos comezar en positivo, é dicir, facendo unha proposta sinxela, barata e que melloraría a comunicación con Torneiros, onde vive unha gran parte da poboación censada do Porriño.

Actualmente só existe a estrada que vai polo Lourambal a conectar ca PO-331 (O Porriño-Gondomar) rematando no paso a nivel cos seus atrancos, e a que vai dende o velódromo ata a N-550, a altura da Guía, que soporta bastante tráfico e non está en boas condicións.

Con facer unha pequena obra, de custo mínimo, se posibilitaría o acceso dos habitantes de Torneiros ás estradas en dirección Vigo, Ourense ou Portugal; ou mesmo cara os polígonos das Gándaras. Serían dúas rampas (en vermello na imaxe), unha de entrada e outra de saída que farían reducir os atrancos na zona do paso a nivel, facendo máis fluida esta zona da vila, e mellorando a seguridade.