AVE ADIF morituri te salutant

Como ben nos apuntou un lector do blog, -o que lle queremos agradecer o seu tempo e opinión- nesta semana tiveron lugar importantes novas no eido da alta velocidade, e que xa tiñamos previsto escribir, pero a falla de tempo as veces imposibilita publicar tan a miúdo coma un quere.

José Blanco por fin puxo riba da mesa o que calquer afeccionado a enxeñería que coñeza o funcionamento da administración xa sabía hai tempo, que o trazado íntegro ata Galicia non chegará no 2012 -segundo unha opinión persoal e se non hai demasiados problemas constructivos ata 2016-. O de Palas de Rei desacreditou así a testuda da sua antecesora no cargo Magdalena Álvarez, que como ben apuntaba o noso lector, disfrutará dun asento en Bruxelas -supoñemos que para dar renda solta a súa facilidade de palabra e dicción no parlamento europeo-.


A Galicia chegará verdadeira AV

Xa apuntei nun artigo de hai unhas semanas, que debería ser motivo de ledicia que a infraestructura que finalmente se leve a cabo sexa verdadeiramente competitiva, e non a chapuza que nos tiña plantexada o popular Cascos co gallo do Plan Galicia. Por outra banda tamén hai que dicir que o goberno socialista tivo moito tempo para rectificalo antes e non ter que agardar á chegada de Blanco ó Ministerio de Fomento para darlle a Galicia –e a Lugo- unha verdadeira autoestrada ferroviaria, e non una descafeinada ‘vía rápida’, como acostuman a encasquetarnos os populares.
Mapa actual da rede na zona noroeste, (velocidades máximas por tramo).



Posible paliativo : electrificación Lubián - Ourense


A parte negativa de esta adecuación ós parámetros de alta velocidade ten coma contrapunto o prolongamento das obras, xa que hai que remodelar boa parte do proxecto, cos trámites que iso supón. Para en certa medida paliar esta demora, Blanco plantexou a posibilidade de electrificar o treito Ourense-Lubián para que os automotores de AV de ancho variable poidan efectuar os servicios con Madrid empregando o ‘directo’ –o que empregan habitualmente os talgos con destino Chamartin-. Estímase que a duración do traxecto poderíase reducir nunhas tres horas, pero tendo en conta a sinuosidade do trazado e da necesidade de empregar intercambiadores de ancho, non sería facil rebaixar o traxecto das 4:30 - 5 horas. En todo caso esta mellora non pode permitir un relaxo na construcción do novo treito por parte de ADIF,


Viabilidade da obra


Tendo en conta a orografía do treito entre a cidade das burgas e Lubián, e o uso de tuneladoras para facer os numerosos pasos subterráneos polas escarpadas serras, as obras extenderanse no tempo, polo cal, non sería lóxico ter unha rede de AV en Galicia desconectada completamente –salvo por Monforte, moi ó norte- do eixo Madrid-Medina del Campo. O importe que se supón que tería esta obra de electrificación sería duns 100 millóns segundo as primeiras estimacións, ademáis é posible que teña certos problemas co gálibo en moitos túneles debido a obras de reforzo nos mesmos acometidas nos 60.

Persoalmente, creo que debería acometerse unha seria mellora do estado de esa liña, renovación da plataforma e facer unha electrificación completa ata Medina del Campo, hai que entender que esta liña é a máis directa coa capital do estado e debería ser a empregada para o transporte de mercadorías, no que habitualmente se empregan locomotoras eléctricas para traccionalos, ademáis de aforrar kilómetros, sería unha saída alternativa, -hai que lembrar que só hai dúas conexións de ancho ibérico en Galicia cara o resto da península-, isto tamén melloraría a capacidade e operatividade das mesmas, xa que actualmente todas os mercantes teñen a súa saída por Monforte, onde se require inversión de marcha para poder proseguir o seu camiño, coa súa conseguinte perda de tempo.

Pero para tempo perdido o que levamos os galegos… AVE ADIF morituri te salutant

Trámites express

Unha vez pasada a resaca filmográfica do festival de Cans toca volver a actualidade local, que non é moita, nin positiva.

Días atrás publicaba unha nota de prensa o PSdeG local para denunciar unha situación cando menos preocupante no eido sanitario, non pode permitirse que un trámite administrativo sinxelo para unha obra de certa importancia, como é a mellora e ampliación do centro de saúde porriñés, se demore 7 meses!

O importe a invertir tampouco é nada despreciable, 800.000€ que a bo seguro axustarán un pouquiño máis o servicio prestado ás demandas, aínda así estou seguro que queda moito por mellorar, pois que moitos casos que poderían ser resoltos nos propios centros de saúde -ampliándoos dotacionalmente- continúen a seren derivados ós hospitais de referencia non é nada positivo para a atención final do pacente.

Por iso que un concello que queira adaptarse o crecemento poboacional, ten non só que cumplir cos trámites, senón propicialos, procurando anticiparse ás necesidades que se derivan da ampliación do censo, e tardar máis de medio ano en asinar e enviar un papel para darlle un pulo a un centro de saude infradimensionado só porque a ampliación non a conseguiu o propio partido do goberno local, é unha actitude profundamente rexeitable.

¿Ou é que pesan máis uns papeis que outros e van para ó fondo da pila? Nin que fora unha cita médica, 7 meses, mi madriña.

¿E ti den quen ves sendo?

A patraña política que escomezou o PP hai xá medio ano Mos segue dando titulares. Namentres Feijoó9 está atarefado pensando na vital decisión de si devolverlle o 'L' ó topónimo oficial da capital herculina -que foi roubado polos míseros galeguistas do nabo-, o goberno de Nidia Arévalo, tan amigo dos flashes e de noticias baleiras a diario, fai un ERE -tan de moda agora- nas suas propias filas, mandando a todos os seus concelleiros a reunírense co alumno adventaxado Gerardo Alonso, que milita nas filas dos 'non adscritos' dende o seu movemento tránsfuguista -obviamente estas xentes de ben non manda a ninguén a cola do INEM-.

Onte tivo lugar un pleno extraordinario na localidade para entre outros temas escenificar o desvencellamento formal e provisional do PP, para que non lle amolen os socialistas cando teña lugar a reunion do pacto antitransfuiguista asinado polos dous principais partidos. E dicir, asinamos que non, facémolo igual, pero para que non haxa responsabilidades dámonos de baixa unha temporadiña e para dentro de dous aniños, voltaremos a presentarnos polo PP, como si a xente fose parva ou tivese memoria de peixe.

Servidor xa non sabe qué pensar, pero dame no nariz que ademáis de seren uns caraduras e nin sequera dar a cara, estannos a chamar tontos os veciños.


http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/05/14/0003_7715268.htm

Y este país sigue siendo así.

Los que hayan leido las últimas noticias aparecidas sobre la salida sur del AVE, esto es hacia Porto, habrán podido encontrar que algunas son contradictorias. Por un lado las autoridades gallegas y españolas siguen ralentizando el proceso con nuevas propuestas de trazado, aún cuando ya se habían dado pasos con estudios tecnicos, que su pasta nos cuestan a todos, y ciertos avances administrativos.

Por el otro están las autoridades europeas, implacables. Pero justas. Hace pocos meses advirtieron del plazo necesario para el inicio de las obras como condición necesaria para que la UE entrara en la financiación del proyecto. Ahora parece que el inicio de tales menesteres se comienza a salir del plazo. Como si no fuera con nosotros el hecho.

Es increible. En Portugal, tras mucho llorarles a este lado del río y como ya se ha indicado en este blog, ya tienen trazados alternativos con márgenes de afección, estudios de rentabilidad y la financiación comunitaria asegurada. En fin, la octava potencia económica dicen.

xD

Cada vez peores pistas deportivas no Poriño e Mos

¿Cantos anos levan os concellos do Porriño e Mos sen invertir un duro en instalacións deportivas de libre acceso? Xa non digamos en facer un mantemento das xa existentes, porque neste país a cultura da amortización do capital público parece non existir, sempre e cando non esté pechado e non requira dun abono ou dunha licencia federativa para acceder o seu uso (caso das piscinas ou das pistas de parquet).

A poboación medra, sen embargo a disponibilidade de pistas de tenis, de futbito ou de baloncesto para o seu acceso libre cada vez é menor. Se botades unha ollada as instalacións deportivas de Torneiros poderedes ver o estado tan lamentable no que se encontran; as redes ou non existen ou están deterioradas e o firme ten boquetes en tres das catro pistas alí existentes.

Se queres xogar o tenis xa sabes que en Mos non podes porque non hai. Se queres xogar o futbito xa sabes que en Porriño non podes porque non hai. E se queres xogar o basquet, pois tres cuartos do mesmo nos dous concellos. Menos mal que para camiñar ou andar en bicicleta xa nos vale calquer carreiro...