Cada vez peores pistas deportivas no Poriño e Mos

¿Cantos anos levan os concellos do Porriño e Mos sen invertir un duro en instalacións deportivas de libre acceso? Xa non digamos en facer un mantemento das xa existentes, porque neste país a cultura da amortización do capital público parece non existir, sempre e cando non esté pechado e non requira dun abono ou dunha licencia federativa para acceder o seu uso (caso das piscinas ou das pistas de parquet).

A poboación medra, sen embargo a disponibilidade de pistas de tenis, de futbito ou de baloncesto para o seu acceso libre cada vez é menor. Se botades unha ollada as instalacións deportivas de Torneiros poderedes ver o estado tan lamentable no que se encontran; as redes ou non existen ou están deterioradas e o firme ten boquetes en tres das catro pistas alí existentes.

Se queres xogar o tenis xa sabes que en Mos non podes porque non hai. Se queres xogar o futbito xa sabes que en Porriño non podes porque non hai. E se queres xogar o basquet, pois tres cuartos do mesmo nos dous concellos. Menos mal que para camiñar ou andar en bicicleta xa nos vale calquer carreiro...

0 comentarios: