Será hoxe venres, as oito da tarde coma fai unha semana. Os convocantes esperan superar o poder de convocatoria da anterior cita, xa que logo este luns faráse efectiva a moción de censura.

Quizais sexa unha oportunidade definitiva para medir a lexitimidade desta medida legal nas áreas urbanas do concello, medida tomada tralos acordos dos grupos de centro dereita no pleno e que, previsiblemente, terinará coa investidura de Nelson Santos Argibay coma novo alcalde do Porriño.

As suvbencións ó transporte público.

Acaba de sair unha nova acerca do modelo de suvbencións ós servizos que oferta Renfe en Galicia, máis a perspectiva que ten a operadora para cando se abra o mercado á competencia. Segun parece ser, a maioría das liñas están suvbencionadas por ser estas deficitarias, ou dito doutro xeito, se non o estivesen Renfe non prestaría estes servizos.

Existe un interese social para que a xente use o transporte público. Disminución da conxestión nas estradas, reducción de accidentes nas mesmas, menor consumo de combustibles e reducción da contaminación, dar servizo a capas da sociedade que non dispoñen de transporte alternativo..., ademáis de que en moitos casos poida ser un medio máis rápido e cómodo.

Todos eses beneficios somentes se conseguen se os diferentes servizos captan un número de ususarios elevado, pero moitas veces non resulta atractivo e a xente non usa o transporte colectivo. Un exemplo o supón a liña Vigo-Ourense con tres conexións diarias, máis de dúas horas de viaxe e un custe do billete que supera o gasto en combustible pola autovía.

Este tipo de servizos que non son ni máis rápidos nin máis cómodos que a estrada, lle supoñen a Renfe un negocio pola vía das suvbencións, sen conseguires este sistema aqueles beneficios antes mencionados.

Paréceme ben suvbencionar, sempre e cando se demostre que a compañía se esforza por captar usuarios, cousa que non sucede. Se non podes competir en tempo, podes facelo en custe e frecuencias. Neste caso, se vendendo por baixo do custe medio acaparas un nivel elevado de usuarios, pois vale, doutro xeito o mellor seria non gastar os cartos de todos. E lembremos que o custe medio depende en gran medida do propio número de usuarios.

Daban as oito da tarde na Praza do Concello e as nubes concedían unha tregua, os primeiros viandantes chegaban puntuais á cita. En trinta minutos preto de trescentas cincuenta persoas conformaban á concentración. Ás nove da noite, xa con "todo o pescado vendido", as caras de satisfacción dos representantes da plataforma eran evidentes. Non foron moitos, suficientes para chamar a atención dos medios, pero si ben avenidos.



Certamente a cita levantou expectación entre os medios locais. Varios fotógrafos, un micrófono de Onda Cero, hoxe portada en La Voz de Galicia..., o tema das mocións de censura estáse a converter nun xénero propio da política galega. En breve, debido ó volume informativo que este tipo de acontecementos está a xerar, non sería extraño nun futuro atopar unha sección específica nos xornais.




A simboloxía resulta de suma importancia, sobre todo nestas cousas. Unha das pancartas exhibidas levaba as siglas do BNG, o cal pode levarnos a facer interprétacións erróneas sobre que motivos reais se ocultan detrás desta plataforma..., ou non. O certo é que xunto a Raúl Francés e outras figuras do nacionalismo local poidemos ver ó actual alcalde de Salceda, Marcos Besada, e máis o ex tenente de alcalde de Mos, Xosé Manuel Martínez Ojea. Os socialistas se mantiveron en moi segundo plano, somentes representados polos concelleiros do municipio.



A lectura dun manifesto con seis puntos críticos coa forma de levar a cabo esta moción de censura, constituiu á guinda a unha concentración que resultou un tanto fría. Efectivamente, se repartiron panfletos con consignas e tamén se escoitaron cacerolas, pero o personal non amosou moito ánimo para facer barullo. Representantes da plataforma anunciaron unha nova convocatoria para o vindeiro venres 29 ás 20:00h no mesmo lugar.


Nace unha plataforma en contra da moción de censura


Como xa se reflicte en diversos medios, xurdiu unha plataforma en contra da moción de censura plantexada no Porriño e que convoca a unha manifestación hoxe venres 22, ás 20.00h na Praza Arquitecto Palacios, ás portas do Concello.

A día de hoy tenemos pleno conocimiento de que la nueva estación de ferrocarril de Vigo vendrá incorporada con un hotelito de veinte plantas, unas galerías comerciales y un supermajo periscopio para proyectar imágenes de la ría sobre los andenes. Y esto es todo lo que sabemos de su utilidad como estación de pasajeros: que tendrá andenes.

Según el alcalde de Vigo, Abel Caballero, la posibilidad de que esta tenga acceso directo a la autopista y acoja además una nueva estación de autobuses (cosas necesarias a juicio de cualquiera), es algo de lo que se hablará cuando la Xunta ponga dinero encima de la mesa. Bravo señor alcalde. La Xunta pasa del tema y usted como primer ciudadano de Vigo y su mancomunidad se lava las manos. Repito, bravo, lo importante será el hotel entonces.

Intermodalidad, reducción de la congestión en las ciudades, menos dependencia de los combustibles fósiles..., los políticos se recrean permanentemenete en conceptos como estos, olvidando que su función es la de unos poner presupuesto y otros exigir plazos para la consecución de tales objetivos. Te llames alcalde o te llames Xunta.

Impresentable parece el hecho de que las nueva estación no tenga acceso a la plataforma convencional, para así facilitar el trasbordo desde el tren de cercanías al AVE. Según parece la estación que están construyendo en Guixar ya no será provisional y los usuarios de un futuro servicio de cercanías tendrán que hacer la pateada entre el Arenal y Urzaiz para realizar trasbordos. Todo por recuperar la actual vía Teis-Chapela para hacer una senda verde y quedar guay con algunos de sus electores.





Del coche oficial al vuelo charter, del vuelo charter al taxi, del taxi al coche oficial...

Viva la intermodalidad señor Caballero!

Lo que Louzán ha unido que no lo separe el hombre

Moitas son as liñas que se teñen lido nos xornais nas últimas semanas, minutos de entrevistas nas diferentes emisoras radiofónicas e algunha breve pincelada incluso nos telexornais sobre a moción de censura en Pontevedra, (perdón quería dicir Porriño).

O home da imaxe da dereita, ou imaxe da rancia dereita (como prefirades) é Don Rafael Louzán, presidente da Excma. Deputación de Pontevedra dende o glorioso 12 de xullo de 2003 e Presidente Provincial do PP dende maio de 2000, cargos que ademais combina co de concelleiro da súa vila natal Ribadumia (que dito sexa de paso ostenta unha curiosa tasa de funcionarios na Deputación). 

Como poden comprobar neste extracto biográfico, o seu vencellamento co noso Porriño e moi forte, "xa dende ben pequeno paseaba da man da súa tranquilamente nai polo campo da feira,  de mociño adoitaba tomar un chato de Sansón na de Agustín e bailaba coas rapazas no Young People."

Todo isto ven a conto de que este nome propio foi o que o seu antollo decidiu dar un golpe de e... efecto na política porriñesa, conseguindo de xeito milagreiro (case coma Moisés separando as aguas) a reconciliación da dereita  en só un mes tras case sete anos de desencontros tan obvios que hasta nos plenos era cotián que uns votaran en contra dos outros tan só polo feito de non darlle a razón ó seu rival. 

Servidor non cree en absoluto nas milagres, e moito menos se ocorren na política, posto que por desgracia esta palabra sacra tórnase en vulgares pecados coma intereses, sobornos, contraprestacións ou chanchulladas do estilo. O que sí e certo que hai algo de común en todas elas, e non é outra cousa que todo isto o pagaremos os cidadáns do noso peto, coma sempre.

Indo ó choio… tralo empuxonciño en forma de postos por parte de Louzán, e trala baixada de pant… exisencias por parte dos partidos máis e menos votados da dereita (a día de hoxe non sei de onde saiu iso do “centro-dereita” porque todos saíron dun mesmo cascarón) chegouse a un acordo “polo ben de Porriño”. Unha afirmación en boca dos tres partidos e que moi pouco tivo que ver coa realidade do día a día na labor de oposición que facían (tanto entre eles coma contra o BNG). 

Certo é que creo que o BNG debería ter continuado co PSdeG cun pacto de goberno como xa o fixera na anterior lexislatura e non illarse confiando nos seus 5 concelleiros, que non son demasiados para xestionar un concello de case 18.000 habitantes e cunha intensa actividade industrial, e tan só o alcalde e Pedro Pereira tiñan adicación exclusiva.

En calqueira caso, tamén é de esperar que a Deputación que agora impónnos a Nelson Santos coma alcalde a tódolos porriñeses traia toda a súa maquinaria (¿dende Mos?) ata 2011 a empichar camiños e poñer farolas no monte, cando dende 2003 a súa inversión na vila foi realmente pírrica. Pero qué podemos agardar de alguén acostumado a modificar gobernos municipais como fixo en Mos hai algo mais dun ano, iso si, alí foi menos de guante branco xa que tiveron que conversar con un concelleiro socialista que de súpeto atopou vocación popular tras unha serie de conversas co persuasivo protagonista.


En fin, Mos, Porriño e agora que treman os demais concellos con gobernos do Baixo Miño de outras cores, que o posto de Presidente da Deputación pesa moito, e xa que  en 2011 esta comarca terá maior peso no organismo polo incremento poboacional, Louzán tratará de non perder o sillón, que no IKEA vanche caros.

Aquí un par de probas da coherencia política hai apenas 5 meses


O de Louzán non é nada novo… xa o tiñan avisado e non é a primeira nin será a última




Ata o 2011 veremos o que opinan moitos votantes de IdeP que ven como se sucumbiu a CxP, os de CxP que non tiñan en mente chegar a un acordo con Ordoñez, e os do PP que ven como o seu lider local renuncia á alcaldía en favor doutra formación menos votada e coa vista posta tan só na deputación no futuro.


¡Un novo patrono para Porriño!

¡Viva San Louzán!  “Lo que no una él, no lo unirá nadie jamás!” (Polo de pronto Mos, Gondomar, Silleda e con toda seguridade Porriño xa non se rompen)

Incertidumes no futuro do BNG.

Agora que se termina a etapa na alcaldía de Raúl Francés e moi posible que tamén se vaia a terminar, non máis alá das vindeiras eleccións, a súa lonxeva dirección na agrupación local do Porriño.

Parece que no resto dos partidos a cousa está clara, Nelson no PP é seguro, Iván ten unha boa probabilidade de repetir no PSOE..., máis os rumores de que tanto "Carlos Pres" coma Os Verdes volverán intentalo.

A maior incógnita está no BNG. O candidato, digamos, oficialista ven sendo Pedro Pereira; actual concelleiro de vías e obras. Este home gañou a confianza de moitos dos veciños, especialmente nas parroquias.

Lembremos o subidón de votos que levou o partido nacionalista en Atios e Budiño, circunstancia que non sen entendería sen a presencia de Pereira. Sen embargo non está descartada a loita. Un tapado e máis un clásico do BNG andan por ahí e con serias aspiracións. Ainda que son xente urbanita, lonxe do parroquiano, agora que volve o PP unido.

E_mocion_ados

Xa foi. O centro e a dereita porriñesa certifican a súa reunificación tras seis anos de pelexa. Este acontecemento viuse precipitado a ano e medio das próximas eleccións debido á debilidade do goberno. O alcalde nacionalista Raúl Francés terá que explicar porqué non deu o brazo a torcer ante os ex socios de goberno na anterior lexislatura, os socialistas, pois un goberno de oito concelleiros seguramente daría unha estabilidade suficiente para non ter que sair deste xeito da alcaldía.


O desgaste de Francés, cuxos principais baluartes de xestión son as humanizacións do centro e o saneamento nas parroquias, pero con grandes incertidumes verbo da situación financeira do concello e os efectos colaterais das citadas humanizacións en termos do tráfico rodado ou agravios comparativos con outros barrios en degradación; podese marchar coa cabeza alta pois non parece haber actuado nunca con falta de honestidade.


O próximo alcalde será Nelson Santos Argibay. Miraremos con que tino efectúa os necesarios pasos de equilibrista para manter armonizado un goberno de tribus que, a pesares de sumar maioría absoluta con nove concelleiros, veñen de presentar opcións totalmente antagónicas e basadas en enfrontamentos persoais. Sorte, pois de non tela sería malo para un concello que dende este blog amamos pero todavía non admiramos.

A plataforma pola eliminación do paso a nivel reanuda as súas actividades de protesta.

Mañán Sábado 16 de Xaneiro as doce está convocada unha nova concentración veciñal, tal e como foi sucedendo cada Sábado do mes pasado. Segundo se informa dende esta plataforma o sentir do grupo que a integra é dun ánimo renovado, sendo conscentes de que a eliminación do paso a nivel polo centro da vila será unha tarea ardua e longa no tempo.

Fontes da propia plataforma quixeron facer saber o seu malestar tanto co delegado do goberno, Antón Louro, coma co alcalde do Porriño, Raúl Francés, ante a inexistente iniciativa, para poder expresar as súas reivindicacións en persoa á propia figura do delegado, de poder organizar un encontro en persoa e coa mediación do alcalde mesmo.

e-moción?

Segundo informan VigoVirtual e A Peneira da Louriña, parece que será o venres 15 (data límite marcada por Louzán) cando se presente por rexistro a moción de censura por parte do PP, CxP e IdeP no Concello do Porriño. De momento aínda queda algunha reunión pero parece que se non hai imprevistos teremos pleno extraordinario antes de final de mes.

Chegaron os lobos?

Os que leemos os xornais a cotío xa estamos un pouco cansos do conto do lobo. Levamos seis anos e medio co becho a albiscar as ouvellas dende o alto da Risca, recórtase a súa silueta nun solpor no val da Louriña ouveando buscando aliados para baixar a vila na procura dun animaliño que non poida ofrecer apenas resistencia e caer nas súas fauces. O xefe da manada apenas ten xa pelo na súa cachola e xa está curtido en moitas batallas, xa atacou en Mos hai agora un ano cando baixou dos montes de Puxeiros e cun axente doble meteulle dente o concello mosense, poñendo a unha lobiña amiga  e os seus compañeiros ó mando.

Agora o conto e diferente, ademais de o xefe da manada hai tres lacaios cos que dar o asalto e baixar dos fríos montes e pousar as patas nas plaquetas do empedrado céntrico. Os tres estaban na mesma cuadrilla hai anos, pero a medida que se foron enfadando por diversos motivos íanse separando e facendo a guerra pola súa conta. Pero o vello sabe que se queren ter posibilidades de éxito na súa conquista e non rematar pechados nun camión camiño de Frigolouro teñen que traballar xuntos.

Os cidadáns pasean tranquilos polas rúas, e  o conto dos lobos da Risca que xa vai para sete anos non atemoriza a ninguén, “se veñen, estaremos preparados” afirman algúns. Outros din que dende hai tres anos o concello é unha presa un pouco máis facil, dende que non se chegou a ningún acordo, nin de goberno nin sequera de certos puntos básicos. Os arames de espiños que puideron protexer a vila destas alimañas comezáronse a colocar en 2003, pero unha dende que rematou esa lexislatura chegou un halo de falsa inexpugnabilidade e decidiuse mudar esa fortaleza que comezaba a agromar por un ‘aquí mandamos nos’ que agora ten as súas consecuencias.

Veremos si se poñen de acordo e o xefe lobezno provincial pode salvar o seu posto para os vindeiros comicios, para elo Porriño é unha praza importante, pero quedan moitas, os montes do baixo miño tamén verán a súa figura vagar por entre a néboa invernal agardando o momento preciso para atacar sen importarlle moito as concesións ou os tratos que teña que facer si é preciso co diaño.

Os outros tres compañeiros de manada teñen intereses contrapostos, pero incluso o máis acabado de eles, xa sen moitos folgos decidiu aparcar a súa enemistade co mais poderoso e prestarlle apoio incondicional para axudar nesta misión e así poder amarrar algo na súa despedida. O terceiro está a velas vir, sen dicir esta boca é miña e agardando que o xefe lle de un bo posto de retiro lonxe da vila xa que os montes da bisbarra sonche bastante fríos, e en Pontevedra estaría mellor, cunha cadeira de coiro e aire acondicionado no despacho.
 
Así eche o conto… mais ou menos ¿non?

El magnánime proyecto de lo que se viene llamando como nueva estación para el AVE en Vigo no contará con terminal para un posible servicio de cercanías, así mismo no están claros ni los accesos al tráfico de la AP9 ni la creación de la nueva estación de autobuses.

Lo que si queda claro del proyecto anunciado a bombo y platillo por el alcalde de Vigo, Abel Caballero, es el hotel de veintitantas plantas, el superperiscopio proyector de imágenes de la ría y la gran cantidad de superficie dedicada a usos comerciales.

El servicio de cercanías (de existir) se quedaría en Guixar, lugar donde se construirá la estación provisional, unas cuestas más abajo.


Y se quedarán tan panchos.

Menudo pais.