Os acontecementos dos últimos días na política do Porriño, que están a causar un importante debate no seo da sociedade, abren outro importante debate na dereita local a raiz da perda da maioría no goberno local de Nelson Santos; tras a dimisión da súa concelleira e número 3 Maria del Carmen López Palacín.

A batalla polas listas está a deixar polo camiño víctimas do que, nun principio, se agardaba que fose un paseo triunfal de Nelson Santos, para convertirse nun "calvario" político tanto para el como para os asinantes da moción de Censura, Marcelino Coto e Manuel Carrera. Segundo a lista "oficiosa" que días atrás se filtraba no Atlántico Diario, quedarían relegados ó 8º e 6º posto respectivamente, mentres José Manuel Jacobo (CxP) e Alejandro Martínez (PP) adiantaban a Carrera e Coto, facéndose cos postos 2º e 3º da candidatura de Santos.

Así as cousas, parece que esta información non sentou nada ben nas filas do ex-candidato do PP Manuel Carrera, que vacilaría en seguir ou non nas listas, así como o propio Marcelino Coto. Aínda que neste caso parece segura a continuídade de Marcelino Coto, a pesares de que se pregonou por activa e por pasiva que no acordo da moción estes dous figurarían como segundo e terceiro da lista do Partido Popular unificada por Nelson Santos.

Non é, por tanto, de extrañar o comentario xeral no Porriño de que os beneficiados desta crise sexan os partidos de esquerda, PSOE e BNG, a quenes esta situación aberta no seo do PP fortalece electoralmente ó producirse fugas electorais dende a dereita cara a esquerda. O BNG acaba de presentar os primeiros integrantes da súa lista nun acto con alta asistencia veciñal que os posiciona na parrilla de saída con forzas para acadar un bo resultado.

Poderíamos dicir que estas eleccións, máis que unha loita entre PP, PSOE e BNG, se convertisen xa máis nun plebiscito sobre Nelson Santos si, Nelson Santos non. Así parece ó escoitar a moitos veciños do Porriño, tradicionalmente votantes do PP, que ven con preocupación a candidatura de Santos e a tración ó seu electorado e os seus xa ex-líderes Carrera e Gonzalo Ordóñez.

Quitando a prensa Rosa que estes días parece practicar o Faro de Vigo, tratando de relacionar a dimisión da concelleira Palacín co feito de que o seu xenro sexa precisamente Iván Vaqueiro do PSOE; parece que será este partido un dos máis beneficiados ó posicionarse nun plano de centro esquerda qúe podería arrastrar a moito electorado de Ciudadanos por Porriño, Idependientes de Porriño e mesmo votantes do PP non contentos con Santos.