Lubián 2015


Xa que no eido municipal apenas hai novidades, teremos que ir aproveitando e tirar de ámbito galego.

Non, non se preocupen, Lubián non competirá con Madrid polos Xogos Olímpicos, vai por outro tema. Chegan novas hoxe do futuro da liña de alta velocidade entre a capital do estado e Galicia, e son boas, francamente, porque servidor é máis partidario de facer pouco e ben, que moito e mal, explícome.

A liña de alta velocidade ferroviaria que deseñou o executivo Aznar como vangarda da tecnoloxía entre Madrid e Galicia nunca foi tal, polo menos no que se refire á entrada da mesma na comunidade. Unha liña de alta velocidade non pode transcorrer por túneles monotubo, e xa moito menos en liña única nos tramos de entrada a Galicia, ¿qué chafallada é esa?. Por se isto fose pouco o novo trazado aproveitaría moitos dos tramos da actual liña –alta velocidade sobre trazados esperpénticos- Probablemente as especificacións técnicas da vía non permitirían nin sequera alcanzar máis aló dos 180km/h. Quizá a un lector poida parecerlle unha velocidade xeitosa, pero nada diso, porque estamos a falar de centos de miles de millóns nunha infraestrutura que xa nin sería competitiva actualmente, e cando realmente hai que mirar cara ó futuro, de investir, é preferible gastar e tardar un pouco máis e que poidamos de dispoñer dun medio de transporte eficaz e competitivo, que do contrario, exemplos de aforrar e facer as cousas a correr sóbranos, finalmente acábase voltando a gastar para amañar os erros –autovía Vigo-Porriño, vía rápida do Salnés, vía rápida do Morrazo…–

O caso é que o Ministerio de Fomento está a modificar moitos dos tramos de entrada a Galicia debido a que é a zona de maior complexidade orográfica, e que o executivo de Cascos e Aznar plantexaron unha solución adecuada para a metade do S.XX, pero se ollan o calendario estamos case ás portas do 2010. Túneles de case 9 km. curvas de maior radio e sen aproveitamento do antigo trazado deberían ser garantía de maior velocidade e seguridade, tanto nas obras coma na futura vía, e ademais evitar o corte do xa exiguo servicio entre Galicia e a meseta durante os traballos de construcción.

A idea é boa, veremos finalmente cómo quedan as especificacións dos trazados, e as velocidades comerciais que poderán acadar as futuras unidades de AV, pero tamén hai que dicir que non se pode tardar tanto tempo en modificar os proxectos, compre axilizar a burocracia, porque a este paso o de 2015 antóllase unha previsión moi axustada –o de 2012 xa nin o mento-.

A propósito disto, acabo de leer unha nova do recén nomeado Conselleiro de Economía falando precisamente dos plazos do AVE a Galicia afirmando que é imposible que chegue en 2012, como apuntaba antes, eu tamén aposto a que non chegará, pero polo menos sí o fará unha infraestructura de alta velocidade, non o chiste plantexado polo PP cando habitaba a Moncloa, so lles faltou decir que as locomotoras que prestarían o futuro servicio a pesar de que foran a vapor tamén serían de alta velocidade.


-Actualización (y II)-

Fomento modifica el AVE para que circule a 300 km/h en lugar de a 200

El objetivo es que esta obra sea homologable al resto de la red de alta velocidad y no un tren «de segunda»

Blanco decide seguir adelante con la redefinición del tramo Lubián-Ourense, que afectará a la mayoría de la línea

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/04/23/0003_7670682.htm


0 comentarios: