Cambio de tercio no BNG

Recuperandonos aínda dunha forte resaca electoral, no horizonte xa amosa outra nova cita: as eleccións ó Parlamento Europeo no mes de Xuño. Uns comicios que soen contar cunha participación pequena pero que son moito máis importantes do que poida asemellar a súa lonxanía; no órgano comunitario se toman decisións importantes coma, por exemplo, o rexeitamento á directiva de ampliación da xornada laboral a 65 horas semanais.

O caso é que o BNG, que na última convocatoria concurriu exitosamente coas clásicas forzas nacionalistas do Parlamento Español, PNV e CIU, baixo o nome de GALEUSCA, agora xa non ten pensado facer o mesmo. Os novos aliados contemplados son ERC, EA e ARALAR; precisamente de ideoloxía máis vermella que os centristas cataláns e vascos. A principal razón aducida pola dirección da formación nacionalista de Galicia é un maior peso específico na nova coalición e no reparto de escaños da mesma.

0 comentarios: