¡E dalle coas reformas!

A río revolto gañancia de pescadores. Aproveitando os malos datos de desemprego nos últimos meses hai moitos interesados que fan mella nos debates públicos e no escenario político da necesidade dunha reforma no mercado laboral. Dúas palabras emerxen dun xeito case bíblico: "reformas estructurais" e "flexibilidade laboral". Algúns empresarios xa están aproveitando este debate mailo contexto de crise para ameazar con despidos, peches e deslocalizacións económicamente innecesarias. Podemos estar todos dacordo en que si, temos que afrontar innovacións no mercado laboral, máis que nada porque en España temos un importante diferencial de desemprego dende fai décadas; pero lonxe da retórica temos un serio problema técnico e ideolóxico no fondo. ¿Que reformas e para que?

Sen embargo, este debate non ten sentido nestes tempos de crise. As nosas empresas despiden traballadores non porque estes lles sexan moi caros ou porque non estean preparados senón porque non hai demanda e, se estas non deixan de comportarse por principios productivos, xa non necesitan tantos traballadores. E canto maior sexa a recesión maior vai sendo o ritmo do axuste. Polo tanto e para axudar a saires da crise que se deixen de gaitas: o carallo e recuperar o consumo das familias con políticas fiscais de reducción de impostos e ampliación das prestacións por desemprego. Logo xa teremos tempo de falar das tan manidas "reformas estructurais".

0 comentarios: