DENDE O SEIXO POR LOURIÑA_ON

Nos últimos tempos asistimos impávidos a unha serie de despropósitos en materia de política medioambiental no Porriño. Medioambiental resulta, dende un punto de vista concreto, igual que dicir económica; pois o coidado do medio ambiente mellora a calidade de vida da xente, reduce o custe dos recursos no longo prazo e crea novos sectores de actividade i emprego.

Non estamos a falar somentes do acontecido en torno á depuradora de Guillarei e a súa rede de colectores, senón tamén debemos lembrar todo un hit do noso blog: o tema do malogrado centro de interpretación da natureza en Budiño. No medio dous alcaldes, Raúl Francés e Nelson Santos, que ou non sen enteran da festa ou se fan os despistados e con moi bo tino.

Depuradora de Guillarei: consorcio municipal ou concurso público

Coa depuradora de Guillarei e o saneamento do Río Louro temos un hilo de sucesos ben xeitoso. Primeiro sufrimos o espectáculo de ver coma se terminaban unhas obras e pasaba o tempo sen que ninguén se fixera cargo das instalacións. Logo, pasado certo tempo, se deberon dar conta da responsabilidade; entón xurdiu o tema de poñer dacordo os concellos implicados para adoptar un modelo de xestión. Así O Porriño, Mos, Tui e Salceda de Caselas trataron de levar adiante un consorcio municipal para tal fin.

De súpeto dende a Xunta de Galicia dixeron que non, que o máis axeitado era sacar un concurso público, alomenos ata que o tema do consorcio municipal saíse airoso de estudios previos e plenos nos respectivos concellos.

Entre tanto, a depuradora de Guillarei e o seu sistema de colectores instalado comezou a funcionar, nada menos que tras catro anos rematadas as obras! E os veciños do Porriño a pagar cos seus impostos sancións administrativas pola incompetencia dos seus políticos, antes con Raúl Francés e, polo que pode ser, agora con Nelson Santos.

O centro de interpretación en Budiño

O asunto do centro de interpretación da natureza en Budiño foi algo que deu moito que falar neste blog. Incluso se chegou a facer unha enquisa para sondear a opinión dos nosos lectores máis habituais. Coma non podería ser de menos, a maior parte do monto financeiro correu a cargo da Unión Europea. Que fácil resulta tirar os cartos cando son outros os que pagan! Nada menos que 300.000 Euros dos 450.000 que supuxo a inversión total. Creo que neste senso a mediación do PSOE (entón na Xunta e na Moncloa) nos librou doutra sanción por valor de 150.000 Euros.

Estes casos, xunto a outros diversos, pois lembremos a xestión da débeda das canteiras ó concello, ou a multa que se estivo a piques de pagar por acometer obras no entorno do Río Louro sen o favor dos técnicos municipais (por certo, seguimos esperando a que instalen os puntos de luz inicialmente proxectados); estes casos dicía, mostran unha clara incapacidade da administración local para levar adiante proxectos e xestionar recursos dunha certa envergadura. Sexa por debilidade ante os grupos de presión ou por ineptitud dos cargos políticos que acceden ó poder, pero os feitos falan por si mesmos.


Porriño otra vez a vueltas con la confederación hidrográfica

O Louro, merda no cauce e nos despachos

Película de terror na Louriña

0 comentarios: