RENFE inaugura o primeiro AVANT de Galicia

Boas novas para Galicia pois xa funciona a primeira liña de alta velocidade ferroviaria da terra. Un AVANT que unirá as cidades de Ourense, Santiago e A Coruña.

Compre aclarar que este tren, que vai unir as cidades de Ourense, Santiago e A Coruña en pouco máis dunha hora de viaxe, non é o an ansiado AVE. Trátase dun AVANT, tal e como denomina RENFE ós servizos en alta velocidade para traxectos rexionais. O AVE non o miraremos ata que rematen a saída a Castela e se poña en funcionamento o servizo dende Santiago a Madrid.

Enlace
Os servizos AVANT fanse efectivos usando automotores das series nomeadas 1xx de RENFE. Baixo esta denominación englóbanse, ademáis, tódolos trens que cubren servizos de alta velocidade e longo percorrido (AVE, ALVIA, TALGO ou TREN-HOTEL). Os automotores que xa están a cubrir dende esta semana o servizo AVANT entre Ourense, Santiago e A Coruña teñen prestacións inferiores en comodidade e velocidade punta (250 km/h) que os que conformarán o AVE a dende Santiago a Madrid.

A comodidade e a velocidade son menores pero a as tarifas reducidas, con descontos que chegan ó 50% no caso do abono de 40 viaxes. Son polo tanto servizos concebidos para un uso frecuente e que teñen por finalidade vertebrar unha rexión internamente. E nada máis pertinente que a diagonal trazada dende Ourense ata A Coruña.

Polo de momento son dúas as frecuencias diarias por sentido, catro entre Ourense e Santiago. Co tempo desexamos que vaian aumentando o número de horarios dispoñibles. A reducción no tempo de viaxe verbo do servizo MD prestado polo r598 na vella infraestructura é máis que notable e os prezos parecen atractivos para que a xente se anime á cómoda, segura, ecolóxica e, agora si, rápida elección de subir ó tren.

Galicia: O AVE non sei pero a LAV seguro que si

0 comentarios: