DENDE O SEIXO POR LOURIÑA_ON

Nunca fun partidario desta mancomunidade de cartulina, parida dende Vigo como antesala dunha futura lei do area metropolitana que lle poida dar esa ansiada, pretenciosa e maternal teima de sentirse capital de algo.

Certo é, coma insiste Abel Caballero, en que as aportacións monetarias de Vigo son superiores ó que a mancomunidade lle devolve; en contraste do que sucede cos concellos integrantes. Normal, por outra banda, posto que a cidade nai deberá mostrar unha certa solidariedade cos seus fillos na provisión de servizos básicos, cando do mesmo xeito resulta receptora de inversións estratéxicas doutras institucións.

¿Que interese amosou Vigo, por exemplo, para facilitar o acceso diario á cidade dos residentes da súa zona de influencia? Interese máis aló de perforar o seu centro urbano en aras dun suculento negocio alimentado por un desequilibrio cada vez máis evidente entre os servizos ofrecidos nos concellos de procedencia e a cidade central.

Existe unha clara inutilidade por parte da devandita institución para resolver problemas concretos coma o suministro de material, o abastecemento de auga, o tratamento do lixo ou o transporte público. Nin gañas que teñen. Pero é ben certo que as motivacións que se esconden detrás dos movementos de Nelson Santos e demáis alcaldes do PP se debe a un interés. Ddesestabilizar a Abel Caballero de cara as vindeiras eleccións locais.


Nelson Santos propone que Porriño abandone la mancomunidad de Vigo

0 comentarios: