Escribo este articulo a propósito dun comentario feito na entrada que precede a esta mesma, comentario no que se apunta a posibilidade, segundo o seu autor, moito máis oportuna de unir Mos con Porriño en troques dunha absorción de Vigo.
Esa absorción plantexada ten un interés específico: coma levan anos intentando que a cidade chegue os trescentos mil censados, cifra clave para recibir maiores recursos do estado, absorver Mos levaríanos a conseguir tal obxetivo pola vía rápida.
Os 20 mil censados tamén son unha cifra clave para recibir maiores suvbencións do estado, polo tanto unha fusión entre Mos e o Porriño nos levaría a que os recursos fiscais recibidos fosen maiores que a suma dos dous concellos por separado. E do que estaremos todos seguros é que esa maior financiación sería mellor aproveitada para Mos que a pretendida polos señores de Vigo.
Unha progresiva unión entre os concellos de O Porriño e Mos (a cal podería comenzar cunha mancomunidade para logo ires cara unha verdadeira integración administrativa) resultaría nun concello de 35 mil habitantes, cunha extensión similar ó termo municipal de Ponteareas. Un novo concello cunha dinámica económica e social que hoxe en día xa é unha realidade (cantas familias teñen xente no Porriño e Mos a partes iguais ou cantos residentes do Porriño traballan en Mos ou viceversa).
Esa dinámica sempre foi propiciada por un espazo xeográfico moi concreto que ten ó casco urbán precisamente no centro do hipotético, chamémoslle, Concello da Louriña. Aviso para recelosos mosenses: Iso non implicaría que Dornelas deixase de seguir sendo Dornelas, Tameiga deixase de seguir sendo Tameiga, ou que o Pazo de Mos deixase de estar en Mos para trasladar as súas pedras, por exemplo, á parroquia de Budiño.
En cambio, o propio pazo tería 18 mil propietarios maís. Namentres, o Faro de Budiño ou o polígono das Gándaras e maís o espazo natural a carón do mesmo, estarían a gañar 15 mil propietarios máis. Moitos dos problemas urbanísticos do Porriño e Mos van realmente collidos da man os uns cos outros (autovías, paso a nivel, LAV, solo industrial), e as políticas de emprego ou de promoción empresarial se poderían afrontar dun xeito conxunto. Estes e máis outros frentes pasarían a ter 35 mil implicados e isto sempre nos levaría a un resultado moito máis beneficioso para todos.
0 comentarios:
Publicar un comentario